Nadal |
Este ano desenvolveuse no centro un concurso de postais de Nadal, elixindo unha gañadora para a etapa de Educación Infantil e outra para a etapa de Educación Primaria. Presentamos a continuación as vencedoras, e con elas todo o equipo docente vos desexa un BO NADAL e un PRÓSPERO ANO NOVO. Vémonos en Xaneiro!
EDUCACIÓN INFANTIL
EDUCACIÓN PRIMARIA
|
|||
Unha das actividades relacionadas co Nadal foi a preparación de panxoliñas por parte dos cativ@s, as que levaron as súas casas nun código QR pegado nun adorno de Nadal. Para acceder a cada unha das panxoliñas premede no curso que consideredes. |
|||
A continuación preséntase unha obra de Nadal, representada polo alumnado de 6ºA de Educación Primaria, dende a materia de Relixión, e que leva por título, Ai, a que se vai armar no pesebre de Belén! FAI CLICK NA PALABRA |
|||
Dende a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Silleda, desexámoslles unhas FELICES FESTAS!!
|
|||
O alumnado de Relixión de 6º de Educación Primaria representou unha obra teatral para conmemorar o Nadal. Premede na seguinte ligazón para poder ver o vídeo Ligazón: https://www.dropbox.com/s/zl8kzmyd9zhu23r/Obra_teatro_relixion.mp4?dl=0 |
|||
OBRA DE TEATRO EN EDUCACIÓN INFANTIL Este ano polo nadal os alumnos de educación infantil da profe Susana e a profe Marga fixeron unha obra de teatro titulada "Papá Noel está enfermo". Se picades no seguinte enlace podedes vela https://drive.google.com/file/d/1yabC9f7AJzKgxtGzKCpw01Q56g3AXZyI/view?u...
|
|||
O alumnado de Relixión de 6º de Educación Primaria representou dúas obras teatrais para conmemorar o Nadal. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos: https://drive.google.com/drive/folders/1YFaIX2mnddKp8cZO1D5PsPdkOJnjHaGn...
|
|||
Os nenos e nenas de 6º realizaron unha exposición en Inglés aos restantes cursos de Primaria. A temática foi o Nadal. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos: |
|||
No cole xa temos todo decorado grazas ao alumnado e profesorado do centro, que fixeron con moita ilusión estes murais navideños:
|
|||
|
|||
|
|||