Educación Infantil

VISITA DOS XENERAIS DE MERZA

Este ano, @s cativ@s de Educación Infantil, disfrazáronse de "Xenerais do Ulla", posto que a temática elexida dende o centro foi o entroido galego. Por iso, nos días previos a celebración, viñeron a escola, a mamá e a tía de dous nenos da escola, que forman parte dos  Xenerais do Ulla en Merza, para explicarnos, a composición do seu traxe, así como aspectos de interese, relacionados co mesmo.

Preme na seguinte imaxe para ver o desenvolvemento da actividade.

Xenerais da Ulla, Fiesta de Interés Turístico de Galicia

CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS E DÍA DA FAMILIA

Ola a tod@s, deixamos aquí os enlaces dos vídeos que se realizaron coas actividades feitas polos alumnos/as de educación infantil para conmemorar o día das Letras Galegas e do Día da Familia.

https://www.youtube.com/watch?v=rzSyLi8e4YQ&feature=youtu.be

https://youtu.be/95sKDPyrEUw

VÍDEOS EDUCACIÓN INFANTIL

Ola, ola , aquí vos deixamos os enlaces de dous vídeos que se realizaron cos traballos feitos polo alumnado de educación infantil durante o confinamento

MENUDOS ARTISTAS: https://www.youtube.com/watch?v=Qh4W2QRXTQE&app=desktop

CONTOS FAVORITOS:  https://www.youtube.com/watch?v=S3OoOkNetL0&app=desktop

             MOI BEN NENOS E NENAS !!!!

SCORNABOT: A vendima

 Na sesión semanal que temos de robótica, levamos a cabo a presentación dun novo robot: O ESCORNABOT

A través do xogo, con este recurso, traballamos entre outros aspectos a direccionalidade, a orientación espacial, a lateralidade, a resolución de problemas, a lectura de códigos QR e como non, todo o referente as fases da vendima, coñecendo vocabulario propio deste centro de interese.

 

PROCESO DE EXTRACCIÓN DO MEL

mel en Galicia é un producto natural e fresco que se recolle dende fai centos de anos. Entre os meses de xullo a outubro, os apicultores realizan este traballo a man, artesanalmente, como se leva facendo dende fai siglos. 

Así, co fin de coñecer un pouquiño máis a labor do apicultor, levamos a cabo nas aulas de Educación Infantil, un obradoiro no que os nen@s tiveron a oportunidade de descubrir diferentes aspectos do proceso de elaboración do mel.

Para ver a actividade de cada unha das aulas preme na imaxe que te guiará ao vídeo da sesión.

AULAS 2 e 3

 

 

 

AULAS 1,4,5 e 6

 

A VENDIMA

Unha das actividades levadas a cabo, e en relación co Proxecto Documental Intagrado: Galicia, foi a realización da vendima. Por medio, do desenvolvemento da mesma, @s nen@s, levaron a cabo accións propias dunha verdadeira vendima, para elo, colleron as uvas, despalillaronas e pisáronas, entre outras…

Botádelle un ollo, ao desenvolvemento da sesión, premendo na seguinte imaxe que vos levará ao vídeo da mesma.

 

 

GRADUACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL

Aquí podedes ver o vídeo da Graduación do alumnado de Educación infantil.

GRADUACIÓN E. INFANTIL

 

Distribuir contido