Aproveitando que o Proxecto Documental Integrado do centro, este ano, ten como centro de interese "Galicia", e posto que nos atopamos na celebración do Samaín, os nen@s do centro de Educación infantil e Primaria, traballaron a figura dun personaxe dunha lenda galega como é Vákner, home lobo, que aterraba aos peregrinos do Camiño de Santiago. Así pois, os pequen@s de Educación Infantil, elaboraron un vídeo explicativo, facendo alusión a determinados aspectos desta figura, namentres que os rapaces e rapazas da Educación Primaria, dende 1º ata 6º, inventaron un conto, cuio argumento xira ao arredor deste ser mitolóxico. Premendo en cada unha das etapas educativas accederás ao traballo executado.
|
|||