24 DE OUTUBRO: Día das bibliotecas escolares

 
O pasado 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares no centro, e que mellor maneira de facelo que dando a coñecer o novo Proxecto Documental Integrado "MOVEMENTOS ARTÍSTICOS", que se desenvlverá ao longo do deste curso escolar, o cal une a paixón pola lectura coa creatividade e a arte. Cada aula sumouse a esta iniciativa e decorou a porta da súa clase inspirándose no movemento artístico que se lle asignou. O resultado foi espectacular e os corredores do colexio agora vense cheos de cor, imaxinación e creatividade.