O día 23 e 24 de novembro, levamos a cabo unha saída ao Museo do Campo, situado no recinto feiral da Semana Verde en Silleda. Visitamos as súas instalacións, pasando polas diferentes salas, nas que se fai alusión a diferentes actividades relacionadas coa agricultura e gandería, en Galicia, ao longo do tempo, podendo deste xeito integrar esta actividade dentro das propostas para dar resposta aos obxectivos do Proxecto Documental do Centro, e ao Programa de Mestres Gandeiros, dentro do Plan Proxecta. Ademais da visita, como colofón final desta saída, realizamos un obradoiro de debullado de millo, unha das actividades propostas polo persoal encargado do museo, xunto con outra que se levará a cabo no segundo trimestre, a unha granxa, na que os cativ@s poderán ver de primeira man o funcionamento da mesma. |
|||