Blogues |
O programa "Mestres Gandeiros" adaptouse de xeito significativo a temática do Proxecto Documental Integrado desenvolto no centro: GALICIA, tal e como se reflexa na revista interactiva escolar, que se elabora anualmente.
|
|||
Nunha das visitas ao centro dunha das avoas, aludiu ao traballo que tiña que realizar dende ben pequena, o que moitas veces lle impedía ir a escola, e entre as actividades a levar a cabo, xurdiu a tarefa de ir lavar a roupa, que a familia tecía con lá de ovella, liño... ao lavadoiro, con xabón que eles mesmos facían. Este aspecto despertou curiosiade nos cativ@s, e xurdiron moitas preguntas: como facían o xabón? como tecían a roupa? informándonos sobre o proceso do traballo do liño e da lá. Así como actividade final deste aspecto, elaboramos xabón como o facían antigamenta, e aproveitando o bo tempo do mes de xuño dispuxémonos a lavar no lavadoiro, coñecendo outro oficio relacionado coa obtención de materias primas da ganderia e agricultura o das "LAVANDEIRAS". |
|||
Partindo dunha canción como é "A horta de Balbina" de SONÁRBORE, os nenos e nenas realizaron unha coreografía caracterizados de agricultores e agricultoras, polo día da actividade do Paraugas Literario que se celebra no centro, integrando o programa Mestres Gandeiros no desenvolvemento do proceso de ensino - aprendizaxe. Comproba de primeira man o desenvolvemento da mesma. |
|||
Como colofón final do programa Mestres Gandeiros, os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de desfrutar dunha xornada nos Ancares, de man da cooperativa a Carqueixa. Unha experiencia inolvidable na que puideron coñecer o ritmo de vida da zona, degustar alimentos que eles mesmos producen, ver as vivendas típicas da zona, así como, descubrir a flora e fauna. Preme na seguinte imaxe para comprobar o desenvolvemento da saída.
|
|||
O noso horto xa comezou a dar os seus primeiros froitos, por iso, nas aulas 1, 4, 5 e 6, comezamos a degustar algúns dos productos que dela saen, como a leituga. Con ela fixemos unha boa ensalada, que comemos na hora da merenda, e para facela máis atractiva engadímoslle ingredientes coma olivas, millo…
|
|||
O alumnado da aula 4 de Educación Infantil, realizou un vídeo informativo sobre o horto, baseándose na experiencia adquirida durante o desenvolvemento deste programa e na do seu propio contexto familiar. Preme na palabra HORTO para ver o mesmo.
|
|||
Deténdonos na gandería ovina, tivemos a oportunidade de participar nun obradoiro de elaboración de queixo fresco con leite de ovella, unha actividade que suscitou moito interese nos máis cativ@s.
Tamén podes ver o desenvolvemento de toda a actividade facendo click na palabra QUEIXO. |
|||
A semana pasada, despois de traballar na aula as razas autóctonas de Galicia levamos a cabo unha saída a feiro da Semana Verde para ver exemplares das mesmas de primeira man. Somos felices vendo animais!
|
|||
En Galicia a horta de pequena extensión recibe tamén o nome de horto. Este ano no centro, puxemos mans a obra, e configuramos un, ao abeiro do programa "Mestres Gandeiros". Os cativ@s puideron coñecer aspectos referentes a esta temática, como cales adoitan ser os principais cultivos dos hortos e que podemos resumir en catro: hortalizas, verduras, legumes e, as veces, árbores froiteiras. Tendo en conta todo isto decidimos, reproducir en 3D, empregando o lapis 3D, algunha das prantadas, como por exemplo os tomates ou as cebolas.
|
|||
O alumnado do centro participou nun programa especial de radio, en colaboración con Radio Estrada, polo día das Letras Galegas, que este ano 2024, se lle adica a Luisa Villalta. Premede no nome da autora para escoitalo.
|
|||
Partindo dunha caixa de zapatos de cartón e despois da visita ao acuario da Coruña, os máis pequenos do cole, decidiron construir o seu propio acuario.
|
|||
Entre as tarefas que tivemos que levar a cabo atopámonos coa creación de letreiros para a maqueta de Galicia coa impresora 3D. Para comezar o traballo con esta ferramenta profundizouse no seu modo de uso, formando a coordinadora ao alumnado interesado. Traballamos co programa Tinkercad e Creality para realizar o deseño dos letreiros.
|
|||
O noso producto final empeza a tomar forma. Así, esta maqueta recolle o traballo anual que se levou a cabo no centro relacionado co Proxecto Documental Integrado, e para o que no seu desenvolvemento tivo certa relevancia este curso os Polos Creativos, traballando da man todas as coordinacións do centro, para así poder chegar a un obxectivo común : coñecer a nosa comunidade. Pero, para dar forma a este traballo, temos que facer un recollecemento a todo o alumnado e profesorado que se prestou a participar en tal fin. Posto que para ir chegando a esto, pasamos por diferentes fases de traballo coma por exemplo, o emprego de lápices 3D para elaborar as frechas, ou os nomes das provincias,
|
|||
Os rapaces e rapazas de 6º de Educación Primaria, estiveron a indagar sobre a cultura castrexa en Galicia. Unha vez que completaron a fase de indagación, levaron a cabo unha saída ao museo de Castro Deza en Lalín, onde interiorizaron determinadas estratexias que lle permitisen crear eles e elas o seu propio poboado castrexo, un traballo colaborativo, que complementaron coa creación do vídeo que se presenta a continuación. Preme na seguinte palabra para visionalo. |
|||
En relación coa temática de Galicia, estívose a traballar sobre as aves do litoral galego. Unha das actividades que levaron a cabo foi a realización duns paxariños reutilizando rolos de papel hixiénico.
Comprobade que bonitos lles quedaron! |
|||
En relación co programa “Mestres gandeiros”,temática vinculada ao PDI do centro, os pequen@s do grupo 6 crearon un precioso minimundo relacionado coa granxa. Así, partindo dunha caixa grande, crearon o mesmo.
O mellor non é o bonito que é, senón o moito que disfrutan xogando con el.
|
|||
En Galicia a horta de pequena extensión recibe tamén o nome de horto. Este ano no centro, puxemos mans a obra, e configuramos un, ao abeiro do programa "Mestres Gandeiros". Os cativ@s puideron coñecer aspectos referentes a esta temática, como cales adoitan ser os principais cultivos dos hortos e que podemos resumir en catro: hortalizas, verduras, legumes e, as veces, árbores froiteiras. Tendo en conta todo isto decidimos, reproducir en 3D, empregando o lapis 3D, algunha das prantadas, como por exemplo os tomates ou as cebolas.
|
|||
O día 8 de marzo, levouse a cabo na biblioteca do centro un obradoiro de chapas, no cal os maiores, guiaron a labor dos máis cativos en moitos dos casos.
|
|||
Deténdonos no estudo do litoral galego, empregamos as gafas de realidade virtual, para visualizar determinados aspectos do mesmo, baixo a sensación de estar inmerso nel, creando experiencias en primeira persoa, accesibles orixinariamente a través da experiencia directa co mundo real.
|
|||
Este curso, seguindo coa temática do Proxecto Documental Integrado, Galicia, o festival de entroido tivo como temática central o entroido galego. Para elo cada nivel, elaborou os seus propios disfraces, en moitos dos casos en colaboración coas familias, establecendo obradoiros nos que se foi confeccionando cada un dos traxes. Foron moitas as tarefas a realizar: uns coseron, outros deseñaron patróns, compuxeron máscaras...entre outras, e para algunhas precisamos materiais propios dos Polos creativos, como as pistolas de silicona, a máquina de chapas, a plotter de corte, a máquina de coser..., sendo o resultado o que a continuación se presenta. EDUCACIÓN INFANTIL: XENERAIS DA ULLA 1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA: VOLANTES DE CHANTADA. 2ºCICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA: PANTALLAS , PELIQUEIROS E MÁZCARAS DE MANZANEDA. 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA: LORO RABACHOL DE PONTEVEDRA E O HOME DOS CORNOS DE MERZA.
|
|||