AS LAVANDEIRAS

Nunha das visitas ao centro dunha das avoas, aludiu ao traballo que tiña que realizar dende ben pequena, o que moitas veces lle impedía ir a escola, e entre as actividades a levar a cabo, xurdiu a tarefa de ir lavar a roupa, que a familia tecía con lá de ovella, liño... ao lavadoiro, con xabón que eles mesmos facían. Este aspecto despertou curiosiade nos cativ@s, e xurdiron moitas preguntas:

como facían o xabón?

como tecían a roupa? informándonos sobre o proceso do traballo do liño e da lá.

Así como actividade final deste aspecto, elaboramos xabón como o facían antigamenta, e aproveitando o bo tempo do mes de xuño dispuxémonos a lavar no lavadoiro, coñecendo outro oficio relacionado coa obtención de materias primas da ganderia e agricultura o das "LAVANDEIRAS".