O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria visitaron o Observatorio astronómico de Forcarei, que conta con dúas plantas, nas que puideron observar, na superior, unha cúpula de 5 metros de diámetro e un telescopio Ritchey-Chrétien de 51 centímetros de diámetro e na planta baixa o centro de control do telescopio. Preme na imaxe para ver o desenvolvemento da actividade. |
|||
O alumnado de 1º a 4º de Educación Primaria, acudiu a Santiago de Compostela, para desfrutar dun espectáculo musical pedagóxico, a cargo do grupo de percusión Odaiko, como parte das actividades arredor do Día Internacional dos Museos, este ano, adicado á sustentabilidade e ao benestar. Preme no nome do grupo para ver as imaxes.
|
|||
Onte pola mañá o alumnado de 5º e 6º de EP, e pola tarde, o profesorado do centro, participamos nun taller relacionado coas condutas P.A.S. (Protexer-Avisar-Socorrer) en situacións de emerxencia. A actividade consistíu nunhas sesións teórico-prácticas sobre a maneira de actuar ante contusións, queimaduras, hemorraxías..., así como coñecer a maniobra de Heimlich, a técnica de RCP, a posición lateral de seguridade e a manipulación dun DESA. O taller foi impartido por unha integrante de Cruz Vermella que exerce como enfermeira nun centro sanitario. Tedes máis fotos se pinchades sobre a imaxe. |
|||
Dende o 17 ao 21 de abril, conmemorouse a Semana do Libro, tal e como se establece na orde do calendario escolar, e dende o centro leváronse a cabo diversas actividades para dar resposta a mesma, entre as que destaca a realización de tarefas de xeito individual nas aulas, o decorado de marcapáxinas e a lectura ininterrompida do libro " A volta ao mundo en 80 días" de Julio Verne, relacionadas todas elas coa temática do Proxecto Documental Integrado do centro. PREME NA IMAXE. |
|||
A continuación preséntanse unha serie de sketchs, feitos polos nen@s do grupo 1 de Educación Infantil e 6º A de Educación Primaria, cuia temática, no primeiro dos casos, fai referencia ao papel da muller e o home, tendo en conta a diversidade de familias existentes, e no segundo sketch, alúdese como idea central a violencia de xénero.
|
|||
Nos derradeiros día do segundo trimestre, os nen@s do primeiro ciclo de Educación Primaria, como actividade final, levaron a cabo, unha saída a carballeira das Casianas. Preme nas seguintes palabras.
|
|||
De cara ao final do segundo trimestre, leváronse a cabo dous obradoiros de coeducación dirixidos ao alumnado de Educación Primaria. O primeiro deles, "A igualdade a través dos contos", estivo encamiñado de cara aos cativ@s de 2º e 3º de Primaria; o segundo, "Identificar emocións, sentimentos e situacións que as desencadean" aos rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º. Podedes comprobar o desenvolvemento dos mesmos premendo na imaxe. |
|||
|
|||
O 31 de abril, o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria recibiu a visita de David Arcay (premer para ver a noticia), campión do mundo de pesca á mosca nos anos 2012 en Eslovenia, 2015 en Bosnia, 2016 en USA e 2018 en Italia, para darlles unha charla sobre a conservación da natureza e a promoción da pesca sostible e sen morte. |
|||
Os cativ@s de 3º de primaria, están feitos todos uns poetas, comprobádeo lendo os seguintes pareados.
|
|||
|
|||
O alumnado de 5º de Primaria, acudíu o día 23, a un concerto didáctico, no auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. |
|||
O alumnado dende 1º a 6º de Primaria, elaborou un colaxe con material de refugallo para participar no concurso da Deputación de Pontevedra "A nosa Rosalía", nas categorías, Campaíñas (1º, 2º e 3º) e Airiños (4º, 5º e 6º), respectivamente. Preme na imaxe para ver de primeira man os traballos realizados.
|
|||
O oso de Salcedo, estivo presente na semana do Entroido na escola, uns corremos sen parar e outros asustámonos a rabiar. O oso perseguíu aos nen@s polo centro, tinguindo as súas caras de cinza.
|
|||
|
|||
O venres 17, levouse a cabo un desfile de Entroido no que participou todo o centro, e o que acudiron as familias dos cativ@s. A temática do mesmo, foi "A volta ao mundo en 80 días". Cada nivel, tomou como centro de interese, para a confección do seu disfrace, o país sobre o que lles tocou traballar, no desenvolvemento deste Proxecto Documental Integrado. Preme na palabra ENTROIDO para ver o desfile.
|
|||
|
|||
O 30 de Xaneiro, conmemorouse no centro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Para dar resposta a dita actividade, os nen@s, aproveitando que nos atopamos dando a volta ao mundo, coñeceron a historia xaponesa de " Sadako y las mil grullas de papel", para posteriormente decorar o centro con grullas de origami, feitas nas aulas e no obradoiro que se realizou dende a biblioteca. Preme na imaxe para ver o traballo realizado. |
|||
A semana que ven celebraremos na escola o Entroido. A continuaciòn, expóñense os mandados que o noso meco especial (Roboletra, mascota da biblioteca), nos deixa para os vindeiros días. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
|
|||
Esta semana, coa inminente chegada do Entroido, os nen@s do centro, tiveron a oportunidade de acudir a ver unha exposición, coa súa pertinente explicación, na ludoteca do centro, sobre máscaras do entroido galego, portugués e de Cerdeña, levada a cabo da man de Seixas. Preme na imaxe para poder ver a exposición.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »