O pasado 23 de Abril, conmemorouse no centro o "Día do libro". Para tal fin leváronse a cabo diversas actividades, entre elas as que se expoñen a continuación. - BIBLIOPATIO: Na hora do recreo, os nen@s puideron desfrutar da lectura ao aire libre.
- O NOSO LIBRO PREFERIDO: Os rapaces e rapazas, explicaron e expuxeron cal é o seu libro favorito.
- RAZÓNS PARA LER: Os rapaces e rapazas de Educación Primaria que así o quixeron, acudiron a biblioteca a plasmar nunha bolboreta as razóns polas que cada un deles recomenda e anima a ler.
- APADRIÑAMENTO LECTOR: O alumnado do segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria, acudiu as aulas dos máis pequen@s a lerlles contos da biblioteca ou elaborados por eles mesmos.
Podedes ver máis imaxes desta actividade no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsilleda/galeria/thumbnails.php?album=151
|
|||
O día 11 o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, acudiu á "Feira da enerxía", que tivo lugar na Semana Verde e na que realizaron diferentes actividades relacionadas coa temática. Preme na seguinte palabra para acceder ás imaxes.
|
|||
|
|||
Como cada 2 de abril, dende o CEIP Plurilingüe de Silleda preténdese dar visibilidade as persoas con autismo, baixo o lema #AutismoCercaDeTi. Entre as actividades que se levaron a cabo, salientar o photocall, cuio material para levalo a cabo foi proporcionado pola asociación do Autismo. Fai click no símbolo para ver as imaxes do photocall. |
|||
Como remate do 2º trimestre o alumnado do segundo ciclo de Educación Primaria, levou a cabo unha saída ao mosteiro de Carboeiro e a fervenza do Toxa, durante a cal comprobaron de primeira man, a beleza paisaxística e arquitectónica desta zona. Preme na seguinte palabra para ver o resultado da visita.
|
|||
O alumnado de 5º e 6º de Primaria, posto que están a dar resposta ao programa "Vexo, vexo Xacobeo" do Plan Proxecta, e en estreita relación coa temática do Proxecto Documental Integrado do Centro, Galicia, percorreron un tramo do Camiño de Santiago, próximo ao centro. Preme na imaxe para ver as outras fotografías. |
|||
|
|||
Os nen@s de Educación Infantil, tiveron a oportunidade de participar nun obradoiro de cerámica, impartido por Mar Barral, coñecendo deste xeito o oficio de alfareir@ e no que cada un deles tivo a oportunidade de crear a súa propia peza, dando resposta deste xeito á terminoloxía STEAM, no que se inclúe a arte, e polo tanto a fabricación de obxectos elaborados con arxila, moi empregada polos artesáns galegos. |
|||
Neste 8M en honor as nosas avoas, que traballaron e loitaron tanto pola mellora do papel da muller na nosa sociedadeos cativ@s do colexio, trouxeron posto o 8M un mandil da muller máis importante para eles, e algúns ata un sombreiro de palla, atuendo moi típico das mulleres do noso rural. Preme na imaxe para poder ver o desenvolvemento da actividade. Ainda que, tendo en conta que este día é especialmente reivindicativo, os nen@s da aula 1 enfocárono doutro xeito, comprobádeo vós mesmos. |
|||
Este ano no centro estamos inmersos nun centro de interese como é Galicia, e en Educación Infantil e en relación con este último, no Programa Mestres Gandeiros do Plan Proxecta. Para elo durante este 8M, levaronse a cabo numerosos agradecementos a unhas das mulleres máis importantes da vida dos cativ@s, as súas avoas, persoas traballadoras e loitadoras onde as haxa, moitas delas do noso campo galego. Así os nen@s do grupo 6 adicáronlle esta bonita homenaxe as súas propias. Preme na imaxe para comprobalo de primeira man.
|
|||
|
|||
|
|||
O pasado 9 de febreiro, celebramos na escola o Entroido. A temática deste ano, facía referencia ao Proxecto Documental Integrado "Galicia", en concreto o centro de interese foi o entroido galego. Así, puidemos ver aos Xenerais do Ulla, aos Volantes de Chantada, aos Peliqueiros, ás Pantallas, ao loro Rabachol e o home dos cornos de Merza. Para poder ver algunha das imaxes do desenvolvemento da xornada premede na seguinte imaxe. |
|||
O xoves 8, tivemos unha visita un tanto especial dos Baldreus de Silleda, durante a cal algúns dos integrantes desta formación ataviados coas roupas e complementos propios deste disfraz, fixeron unha demostración da actividade que eles mesmos levan a cabo, no entroido. A seguinte imaxe redireccionaravos as imaxes da sesión, preme nela. |
|||
O martes 2 de febreiro, visitou o colexio, como todos os anos, Anxo Moure, unha xornada diferente e chea de risos e ledicia. Comprobádeo vos mesmos vendo as imaxes da xornada facendo click no seu nome. |
|||
Este ano, @s cativ@s de Educación Infantil, disfrazáronse de "Xenerais do Ulla", posto que a temática elexida dende o centro foi o entroido galego. Por iso, nos días previos a celebración, viñeron a escola, a mamá e a tía de dous nenos da escola, que forman parte dos Xenerais do Ulla en Merza, para explicarnos, a composición do seu traxe, así como aspectos de interese, relacionados co mesmo. Preme na seguinte imaxe para ver o desenvolvemento da actividade. |
|||
A continuación amósase o menú referente ás comidas galegas do día 26 de xaneiro, presentado ao resto de alumnado do centro, polos nen@s de 4º de Educación Primaria. 1º PLATO: Chocos fritos 2º PLATO: Churrasco SOBREMESA: Rosquillas
|
|||
Este ano desenvolveuse no centro un concurso de postais de Nadal, elixindo unha gañadora para a etapa de Educación Infantil e outra para a etapa de Educación Primaria. Presentamos a continuación as vencedoras, e con elas todo o equipo docente vos desexa un BO NADAL e un PRÓSPERO ANO NOVO. Vémonos en Xaneiro!
EDUCACIÓN INFANTIL
EDUCACIÓN PRIMARIA
|
|||
A continuación establécense as recomendacións lectoras para este Nadal nun documento adxunto.
|
|||
Unha das actividades relacionadas co Nadal foi a preparación de panxoliñas por parte dos cativ@s, as que levaron as súas casas nun código QR pegado nun adorno de Nadal. Para acceder a cada unha das panxoliñas premede no curso que consideredes. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »