O alumnado do centro compartiu este pasado mércores 30 de marzo una xornada de convivencia cos usuarios da residencia de maiores de Silleda. Foi unha xornada para celebrar a primavera e o Día da Árbore. Participaron os tres grupos de sexto de Primaria, que plantaron varias cerdeiras no xardín do centro de maiores. Ademais, deixaron xunto ás árbores unhas pequenas lousas con poemas, na súa maior parte creados polos propios escolares.
Nesta iniciativa, ademais de colaborar a residencia, tamén o fixo a Consellería do Medio Rural, que achegou as árbores, mentres o Concello cedeu ao equipo municipal de xardinería para axudar na plantación.
O acto finalizou coa lectura dun poema do escritor Florencio Delgado Gurriarán, a quen se destina este ano o Día das Letras Galegas.
|
|||
Unidade didáctica de “paladós” Logo do labor realizado na materia de plástica coa creación das palas con material funxible e de refugallo, o alumnado de 6º comezou co traballo das habilidades motrices básicas de manipulación; empregando os recursos de lanzamentos, recepcións e golpeos, en combinación co perfeccionamento dos patróns básicos de lateralidade. En breves volveremos a retomar os campionatos, nos cales, entre outros materiais, as palas serán as protagonistas. Se queredes ver “algúns” dos deseños do alumnado non dubidedes en consultar a historia correspondente na descrición da conta. Podedes ver as imaxes premendo enriba da seguinte. Vídeo para crear as palas. |
|||
O 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller e, no noso centro, o alumnado de infantil realizou ilustracións sobre as mulleres máis importantes da súa vida. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.
|
|||
Xornada de convivencia do alumnado de 6º curso para ver o partido entre o RC Deportivo e o Racing Club de Ferrol no estadio ABANCA-RIAZOR. Ademais de facer un traballo previo con algúns dos cursos dende a materia de TICs para preparar a saída, tamén se precisan días que salgan da rutina habitual. Podedes ver as fotografías dese día premendo enriba da seguinte imaxe.
|
|||
Para rematar o entroido o alumnado desfrutou dunha xornada de teatro. Os nenos e nenas de educación infantil, 1º e 2º de primaria asistiron á obra teatral de "A raposa, o lobo e a pereira", mentres que os/as de 3º, 4º, 5º e 6º; "A viaxe de Rosalía".
|
|||
Nesta semana de entroido é momento para recordar momentos de gran diversión que o alumnado dos últimos niveis tivo en ocasións pasadas. Trátase dunha forma diferente de levar a cabo unha sesión, combinando contidos matemáticos, científicos, lingüísticos e, como non, deportivos.
Premendo enriba da imaxe poderedes ver o seguinte vídeo. |
|||
Ao longo desta semana, dende o CEIP Plurilingüe de Silleda, estamos dándolle visibilidade á conmemoración recoñecida dende este ano na orde de calendario escolar; día de Rosalía de Castro. Todas as clases traballaron cuestións relacionadas coa vida e a obra de Rosalía de Castro; fixéronse lecturas de Rosalía por parte do alumnado dos últimos niveis a educación infantil e primeiro ciclo; lectura, degustación e manteis do "Caldo de Gloria"; decoración "Rosaliana" no centro; decoración do comedor por parte do alumnado de infantil con flores para Rosalía; o profesorado vestiu camisetas coa imaxe da autora. Premendo enriba da primeira imaxe podedes ver un vídeo dunha das lecturas realizadas polo alumnado do centro.
|
|||
REVISTA DIXITAL Achegamos unha pequena mostra da revista dixital do CEIP Plurilingüe de Silleda. O alumnado de 6º, dende a materia de TICs, decidiu darlle visibilidade aos traballos feitos dende as diferentes materias. Premendo enriba da imaxe poderedes ver o contido da revista. Recordade ter os altofalantes activados, xa que hai diferentes pistas de audio para escoitar. Esperamos que vos guste! |
|||
Dende a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Silleda, desexámoslles unhas FELICES FESTAS!!
|
|||
O alumnado de Relixión de 6º de Educación Primaria representou unha obra teatral para conmemorar o Nadal. Premede na seguinte ligazón para poder ver o vídeo Ligazón: https://www.dropbox.com/s/zl8kzmyd9zhu23r/Obra_teatro_relixion.mp4?dl=0 |
|||
No día de hoxe visitou o noso centro Rodrigo Ramos, que ademais de ser un gran músico e compositor, tamén é un antigo alumno do CEIP Plurilingüe de Silleda. Ao longo da mañá abraiou ao noso alumnado coas súas letras, entre as cales destacamos "Subiote", adaptación musical dun poema de Xosé Neira Vilas. Podedes ver un pequeno vídeo premendo enriba da imaxe.
|
|||
O alumnado de 5º e 6º de primaria asistiu a unha charla sobre "os riscos de seguridade nas novas tecnoloxías e nas redes sociais", impartida pola Garda Civil. Estas sesións informativas forman parte do plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e os seus entornos (Ministerio del Interior).
|
|||
Con motivo da inauguración da biblioteca do centro contamos coa actuación de Pakolas, presentando o seu novo espectáculo "Ramona Órbita, a dona do tempo".
|
|||
|
|||
No día de hoxe celebramos o Samaín con distintas actividades terriblemente emocionantes coma un conxuro e a visita da Santa Compaña.
|
|||
Os alumnos e alumnas de 1⁰ e 2⁰ recolleron froitos, follas... para facer unha exposición sobre os produtos do outono.
Coa axuda da mestra de inglés e das titoras, coñeceron os nomes de varias árbores e froitos en castelán, inglés e galego.
Aprendemos moito sobre esta estación tan fermosa!
Preme enriba da seguinte imaxe para ver as fotografías!
|
|||
As persoas interesadas en colaborar no vindeiro curso escolar 2024/2025 nas tarefas de comedor escolar poderán formalizar a súa solicitude achegando o documento que poden descargar premendo aquí.
|
|||
INSTRUCCIÓNS PARA CUBRIR CORRECTAMENTE O ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN: A renda neta per cápita familiar obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2023: 1. Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro. 2. Deste resultado restarase a cota líquida resultante da autoliquidación. Segundo isto, a renda familiar para os efectos da autodeclaración é o resultado da facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF: casiña 435 + casiña 460 – casiña 595 O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar. O concepto de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.
Quen forma parte da unidade familiar 1. No caso de matrimonio, parellas de feito rexistradas e separados ou divorcioados con garda e custodia compartida, a unidade familiar está integrada polos dous proxenitores e: a) Os fillos menores, con excepción dos que, co consentimento dos pais, vivan independentemente destes. b) Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada. 2. No resto dos casos, a unidade familiar está integrada polo pai ou pola nai e a totalidade dos fillos que convivan co pai ou coa nai e reúnan os requisitos da modalidade anterior.
Aclaracións para determinar correctamente a renda anual familiar Para determinar a renda anual familiar hai que sumar as rendas obtidas por todas as persoas que integran a unidade familiar. Nesta operación poden presentarse varias situacións: 1. Unidades familiares nas que ambos cónxuxes, ou calquera outro integrante dela, perciben rendas e teñen a obriga de presentar a declaración anual do IRPF. Neste caso, o importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, que se obterán de cada declaración, se foron presentadas individualmente -que é o habitual- ou ben, da declaración conxunta. 2. Unidades familiares nas que ambos cónxuxes perciben rendas pero só un deles ten a obriga de presentar a declaración. Neste caso, a obtención do importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, para o membro da unidade que presentase declaración do IRPF máis o importe que resulte para o outro integrante da unidade familiar que non presentou declaración do IRPF, segundo os seus datos fiscais que deberá para realizar o cálculo dos seus ingresos, sumar os importes das casiñas correspondentes a (retribucións dinerarias) e (intereses) e restar os importes das casiñas correspondentes a (cotizacións seguridade social), (retencións procedentes do traballo) e (retencións procedentes do capital mobiliario). 3. Cando ambos cónxuxes perciban rendas pero non teñan a obriga de presentar declaración da renda ou ben cando o cónxuxe ou os cónxuxes non perciban renda ningunha suxeita a tributación do IRPF. Nestes supostos, os interesados deberán consignar os seus datos fiscais do mesmo xeito que no especificado no apartado anterior para os membros que non presentase declaración do IRPF. |
|||
De conformidade coa Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 1 de marzo de 2023 inícianse os trámites do procedemento de admisión (modelo ED550B). Prazo: - Admisión alumnado: do 1 ao 20 de marzo de 2024. Nos documentos adxuntos poderán acceder á circular informativa, aos impresos de admisión (Anexo II e Anexo II bis) á Orde de admisión, ao Decreto de admisión e ao calendario do procedemento de admisión e matrícula. |
|||
O alumnado do CEIP Plurilingüe de Silleda que desexe formular a reserva de praza para a ESO, ten o prazo aberto. O centro adscrito é: IES Plurilingüe Pintor Colmeiro (Silleda). Prazo de presentación de solicitudes: desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro. As solicitudes poden tramitarase a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado. As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ou a través da aplicación admisionalumnado no menú: Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación. Nos seguintes documentos adxuntos poderán acceder aos modelos de solicitude. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »