6º NIVEL

REVISTA DIXITAL (Edición Semana Santa)

Achegamos unha pequena mostra da revista dixital do CEIP Plurilingüe de Silleda. O alumnado de 6º, dende a materia de TICs, decidiu darlle visibilidade aos traballos feitos dende as diferentes materias.

Premendo enriba da imaxe poderedes ver o contido da revista. Recordade ter os altofalantes activados, xa que hai diferentes pistas de audio para escoitar.

Esperamos que vos guste!

Xornada de convivencia na residencia de maiores

O alumnado do centro compartiu este pasado mércores 30 de marzo una xornada de convivencia cos usuarios da residencia de maiores de Silleda. Foi unha xornada para celebrar a primavera e o Día da Árbore. Participaron os tres grupos de sexto de Primaria, que plantaron varias cerdeiras no xardín do centro de maiores. Ademais, deixaron xunto ás árbores unhas pequenas lousas con poemas, na súa maior parte creados polos propios escolares.

 

Nesta iniciativa, ademais de colaborar a residencia, tamén o fixo a Consellería do Medio Rural, que achegou as árbores, mentres o Concello cedeu ao equipo municipal de xardinería para axudar na plantación. 

 

O acto finalizou coa lectura dun poema do escritor Florencio Delgado Gurriarán, a quen se destina este ano o Día das Letras Galegas.

 

 

  

 

Distribuir contido