Tics |
Achegamos unha pequena mostra da revista dixital do CEIP Plurilingüe de Silleda. O alumnado de 6º, dende a materia de TICs, decidiu darlle visibilidade aos traballos feitos dende as diferentes materias. Premendo enriba da imaxe poderedes ver o contido da revista. Recordade ter os altofalantes activados, xa que hai diferentes pistas de audio para escoitar. Esperamos que vos guste! |
|||
O pasado venres, despois das actividades lúdicas de fin de curso, entregáronse os premios aos gañadores do Concurso de Fotografía do centro. NORABOA AOS GAÑADORES!! Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos: GAÑADORES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA 2019
|
|||
O equipo de Dinamización das Tics organiza un Concurso de Fotografía para todo o alumnado do centro. O prazo para concursar é do 7 ao 27 de maio. ANÍMATE E PARTICIPA! Preme na seguinte ligazón para ver as bases do concurso: |
|||
Este é o xogo que presentaron unhas alumnas de 6º de Primaria ao concurso de 'Aprendo Programando' utilizando a ferramenta Scratch. Esperamos que vos guste!
|
|||
Neste centro estase levando a cabo o Plan Proxecta 'Aprendo Programando', que consiste en utilizar a ferramenta 'Scratch' para programar videoxogos, historias e vídeos, neste caso seguindo o tema de patrimonio cultural europeo. O alumnado de 6º de EP está seguindo diferentes pasos para aprender a manexar os usos básicos de esta ferramenta, e elaborando en grupos un videoxogo de preguntas e respostas sobre diferentes museos de Europa. Unha vez explicados os termos básicos, traballamos cunha plantilla base (adxunta nesta publicación) para non perderse e que cada grupo poida avanzar ao seu ritmo. A medida que se elabora o xogo, o alumnado vai aprendendo e introducindo outras variantes, como engadir son, movemento, e demais.
|
|||
'Canva' é una ferramenta na que podemos traballar online para realizar diferentes traballos como posters, infografías ou tarxetas. Esta ferramente é moi intuitiva e visual, polo que resulta útil para o uso en proxectos educativos. Para rexistrarse, so tendes que acceder ao link de CANVA e introducir o voso correo electrónico e contrasinal. Nesta ligazón podedes ver un tutorial sobre cómo usala:
|
|||
Na pestana "Recursos" desta páxina web, encontraredes a materia "English Language", na que, se premedes, aparecerán os diferentes niveis. Dentro de "Educación Primaria", nos cursos de 4º, 5º e 6º, subiremos actividades adicionais e de repaso, así coma presentacións do que traballamos na clase de inglés. Deste modo, o alumnado que desexe repasar na casa terá este material dispoñible.
|
|||
A aplicación dos cadernos Additio para profes permítenos almacear a información diaria da aula cómodamente. Pinchando en "Register", podémonos rexistrar coa nosa dirección de correo electrónico, e unha vez feito esto poderemos entrar escollendo o idioma desexado na pestana superior dereita da páxina. Esta aplicación conta con vídeos tutoriais de todas as opcións dispoñibles, entre as que se atopan levar o control de asistencia, a organización e planificación das clases, o horario, recadación de datos de reunións e de observacións do alumnado e elaboración de rúbricas. Preme na seguinte ligazón se queres unirte a esta app. http://www.additioapp.com/en/teachers/
|
|||
Class Dojo é unha aplicación gratuita que se basa en premiar ao alumnado mediante puntos de diferentes categorías. Esta ferramenta tamén ofrece un control do tempo, asistencia, elección aleatoria na aula, formación de equipos e outros elementos que axudan á motivación do traballo na clase. Algúns profes do cole xa estamos a utilizalo. Aquí deixamos un tutorial de uso para quen lle interese.
|
|||
Nesta sección iremos incluindo diferentes propostas relacionadas coas Tics tanto para profes como para pais e alumnado. Ademais, informaremos das inciativas levadas a cabo ao longo do curso por este departamento.
|
|||