Normalización Lingüística

MAGOSTO 2023

O venres día 10, celebramos na escola

"O MAGOSTO".

Foron moitas as actividades que levamos a cabo: decoramos tetrabriks para gardar as castañas, elaboramos zonchos, desfrutamos dun obradoiro de baile galego e degustamos o froito típico desta festividade.

 

 

 

CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA

O alumnado de 6º A  fixo unha lectura de poemas  de Rosalía ao alumnado de Educación infantil e de Educación Primaria. O alumnado d 6º B deulle lectura o manifesto dos escritores da lingua galega. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:   https://drive.google.com/drive/folders/1LbgxoMOY6W0CYUEHP1z3f8EArkMiT5vp...

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019

  FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019

ANTÓN FRAGUAS

Mural elaborado polo alumnado de 4º de Primaria

ANTÓN FRAGUAS - DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 En Plástica, con motivo da celebración do día das Letras Galegas, o alumnado fixo diferentes caricaturas de Antón Fraguas.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

ANTÓN FRAGUAS

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O alumnado traballou o Día de Rosalía de Castro con diferentes actividades. Entre elas, podemos ver estes retratos que se colocaron para decorar as fiestras do noso cole. Podedes ver as fotos premendo na seguinte ligazón:

FOTOS DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2018

 

Distribuir contido