Skip to Content

Blogue de Mónica

Contacto:monicas@ramallosa.org

PARABÉNS LÍA!

NESTE ÚLTIMO MES DO ANO, NO DÍA 4 DE DECEMBRO, CONMEMORAMOS O ANIVERSARIO DE LÍA!!!!

A NOSA COMPAÑEIRA XA CUMPLIU 4 ANIÑOS E QUIXEMOS COMPARTIR CON ELA, ESTA DATA ESPECIAL 

        ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ MOITOS PARABÉNSSSS !!!!!SorrisoBeso

CREAMOS COS NOSOS CORPOS

Ademais de manipular os bloques lóxicos para descubrir e coñecer as súas características, crealos co noso corpo tamén nos axuda a vivenciar e a tomar conciencia dos mesmos.

APROVEITANDO O SOL

Nestes días, aproveitamos a presenza do sol, grazas á súa altitude permitiunos xogar a crear sombras con distintas posturas corporaisSorriso

25N- POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

PARA CONMEMORAR O 25 DE NOVEMBRO, O DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, LIMOS CONTOS QUE NOS SERVIRON DE PUNTO DE PARTIDA PARA O DIÁLOGO SOBRE ESTE TEMÁTICA, ESTA LACRA TAN TRISTE AÍNDA QUE  TAN PRESENTE NA SOCIEDADE. CONTOS NOS QUE SE APRECIA O MALTRATO PSICOLÓXICO CARA O SEXO FEMININIO, UN ABUSO DA SÚA PERSOA POLA SÚA CONDICIÓN SEN TER EN CONTA A SÚA OPINIÓN,...; " ARTUR E CLEMENTINA", DE ADELA TURÍN, "O LIBRO DOS PORCOS" DE ANTHONY BROWNE, ENTRE OUTROS

E DECIDIMOS FACER UNHAS GAFAS PARA CONVERTIRNOS EN VIXIANTES DA VIOLENCIA PARA BERRAR "STOP, NON QUEREMOS VIOLENCIA". UNS DÍAS ANTES ESTIVERAMOS FALANDO DO CADRO "EL GRITO" DE EDVARD MUNCH, POLO QUE ESTABA PRESENTE A IDEA DE BERRAR, DE ALZAR A VOZ ANTE ALGO QUE NON NOS GUSTA

 

TAMÉN REPRESENTARON O 25N, CON GLOBOS MORADOS

20 DE NOVEMBRO- DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

UN CONMEMORACIÓN IMPORTANTE, COMO É O DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS DEBE TER CABIDA NAS ACTIVIDADES DE AULA. NESTA OCASIÓN, TOMAMOS COMO PUNTO DE PARTIDA PARA O DIÁGOLO E A REFLEXIÓN UNHA CANCIÓN CON MOITA FAMA NO MOMENTO "JERUSALEMA" PERO BAILADA E COREGRAFIADA POR NENOS E NENAS DUN REFUXIO DE UGANDA, "MASAKA KIDS AFRICANA", QUE A PESAR DA POBREZA, DA SOIDADE, DA FALTA DE FAMILIA,... BUSCAN NA MÚSICA UN MOTIVO PARA SORRIR CADA DÍA. 

POSTERIORMENTE, TRAS UN DIÁLOGO ESPONTÁNEO, CADA UN/UNHA PUXO VOZ AOS DEREITOS QUE CONSIDERAN DEBERÍAN TER TOD@S @S NEN@S DO MUNDO E SE RECOLLERON EN SILUETAS DAS SÚAS MANS, SIMBOLIZANDO A UNIÓN E A FORZA PARA INTENTALO ENTRE TOD@S

   DEREITO A:

- TER CASA                   - TER FAMILIA               - TER XOGUETES

- TER ZAPATOS            - TER MESTRA                - TER ROUPA

- TER COMIDA              - TER REGALOS               - TER MÉDICO 

- TER ESCOLA               - TER TELE                       - TER CAMA 

- TER PINTURAS           - TER MÁSCARA              - NON TER MEDO

CORES DAS FOLLAS

A NOSA MASCOTA DA BIBLIOTECA, ROKI, ENVIOUVOS UNHA CARTA, ONDE NOS INDICABA SE QUERÍAMOS ACEPTAR UN RETO. CAL ERA?

O RETO ERA LEVAR A CABO UN EXPERIMENTO PARA DESCUBRIR POR QUE AS FOLLAS CAMBIAN DE COR NO OUTONO, XA QUE NA PRIMAVERA E NO VERÁN SON VERDES.

POR SUPOSTO, ACEPTAMOS E PUXÉMONOS EN ACCIÓN SEGUINDO AS INDICACIÓNS, OS PASOS PARA LEVAR A CABO O EXPERIMENTO.

--- EN PRIMEIRO LUGAR, PRECISÁBANSE FOLLAS DE DISTINTAS CORES, ASI QUE SAIMOS AO PATIO BUSCALAS

--- CADA MESA/GRUPO ESCOLLEU UNHA COR E ROMPEU ANACOS DE FOLLAS QUE INTRODUCIU NUN BOTE E CUBRIU CON ALCOL, PARA DEIXAR REPOUSAR

 

--- NO DÍA SEGUINTE QUITAMOS OS RESTOS DE FOLLAS, E INTRODUCIMOS PAPEL ABSORBENTE. QUE PASARÍA?

XURDIU A HIPÓTESE: "VAI SUBIR A AUGA POLO PAPEL PORQUE NO CONFINAMENTO FIXEMOS UN EXPERIMENTO PARECIDO DE METER PAPEL NA AUGA"

 

--- E FINALMENTE, CUMPRIUSE A HIPÓTESE, O PAPEL ABSORBEU A AUGA TINGUIDA DO ZUME DAS FOLLAS, OBSERVÁNDOSE DISTINTAS CORES E QUEDANDO PROBADO QUE AS FOLLAS TEÑAN MÁIS CORES CA VERDE.

A EXPLICACIÓN ESTÁ NOS PIGMENTOS QUE TEÑEN AS PLANTAS DE FOLLA CADUCA, ENTRAN EN REPOUSO VEXETATIVO NO OUTONO, OS DÍAS SON MÁIS CURTOS E MÁIS FRÍOS, POLO QUE A CLOROFILA (PIGMENTO QUE LLE DA A COR VERDE E ENCÁRGASE DE PARTICIPAR NA PRODUCIÓN DE ALIMENTO PARA A PLANTA) EMPEZA A DESCOMPOÑERSE E O VERDE A DESAPARECER, POLO QUE APARECEN OS AMARELOS (DOS PIGMENTOS CAROTENOIDES) E LOGO OS MARRÓNS; ENTRE OUTROS MOTIVOS.

 

E APROVEITAMOS O EXPERIMENTO PARA TRABALLAR A ESTRUCTURA DUN TEXTO INSTRUCTIVO;

- TITULO (QUE DECIDIMOS ENTRE TOD@S)

- MATERIAIS (COLOCADOS EN COLUMNA)

- PASOS (ORDENANDO E SECUENCIANDO OS DISTINTOS PASOS REALIZADOS E INTRODUCINDO OS USO DOS ORDINAIS)

A VOLTA DESPOIS DA CORENTENA

DESPOIS DE TER QUE CUMPLIR CORENTENA PORQUE O CORONAVIRUS NOS DEU UN PEQUENO SUSTO, VOLTAMOS Á AULA MOI CONTENT@S DE VOLVER VERNOS DESPOIS DE 14 DÍAS.

TIÑAMOS UNHA SORPRESA NA AULA, POIS @S NOS@S COMPAÑEIR@S DE 4 ANOS B, NOS FIXERAN UN CARTEL DE BENVIDA QUE NOS GUSTOU MOITOSorrisoSorriso, E INCLUSO ALGUÉN COMENTOU QUE NOS TAMÉN LLES FARÍAMOS OUTRO A ELES/ELAS.

COMO MOSTRA DE CARIÑO E DA SÚA GRAN VALENTÍA, POR AGUANTAR A CORENTENA NAS CASAS COMO CAMPIÓNS E CAMPIONAS, CADA UN/UNHA RECIBIU UNHA MEDALLA

PERO FALTABA A SÚA COMPAÑEIRA, E QUIXERON ENVIARLLE MOITOS ÁNIMOS E MOITOS BICOS ESPERANDO QUE PRONTO VOLVA A ESTAR NA AULA CON TOD@S NOS

PARABÉNS ALDARA

NESTE PASADO MES DE OUTUBRO, ESQUECEMOS CONTARVOS QUE A NOSA COMPAÑEIRA ALDARA ESTIVO DE ANIVERSARIO, XA CUMPRIU 4 ANIÑOS.

ADEMAIS NESTE CURSO CONMEMORAREMOS OS ANIVERSARIOS AO ESTILO MONTESSORI; NUN PANEL ONDE ESTÁN REPRESENTADOS OS MESES DO ANO, AS ESTACIÓNS E NO MEDIO ESTÁ O SOL, ARREDOR DO QUE XIIRA A TERRA, O PLANETA NO QUE HABITAMOS.

COLÓCASE A FOTO DA ANFITRIONA FRENTE AO MES NO QUE NACEU E DEBE DAR TANTAS VOLTAS AO SOL COMO ANOS CUMPLE, POIS CADA VOLTA REPRESENTA UN ANO CUMPRIDO.

LOGO SOPLOU A VELA NUNHA FERMOSA  TARTA, CONFECCIONADA PARA A OCASIÓN, POR NON PODER COMPARTIR UNHA DE VERDADE.

DEIXAMOS UNHA PEQUENA MOSTRA DO ESPECIAL DÍA PARA ALDARA!!!! PARABÉNSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSS!!!!!SorrisoSorrisoSorrisoBeso

  

   

2ª SEMANA DE CORENTENA

SEGUIMOS UNS DÍAS MÁIS COIDÁNDONOS NAS NOSAS CASAS, AÍNDA QUE SABENDO QUE ESTAMOS BENSorriso E QUE NUNS DÍAS VOLTAREMOS A VERNOS XUNT@S

MARTES 10 DE NOVEMBRO

SE HOXE ESTIVERAMOS NO COLE, CONMEMORARÍAMOS O MAGOSTO. NON PODERÍA SER TAN FESTEIRO COMA OUTROS ANOS, PERO COMERÍAMOS CASTAÑAS ASADAS; FROITO ESTRELA DO MAGOSTO. 

--- POR ISO, HOXE PROPÓÑOVOS QUE DECOREDES A VOSA CASTAÑA COMO MÁIS VOS GUSTE; "A CASTAÑA MÁIS CREATIVA"

 

---TAMÉN É UNHA BOA OPORTUNIDADE PARA XOGAR COAS LETRAS A COMPOÑER ESTA PALABRA, QUE LEVA A MESMA VOCAL REPETIDA 3 VECES.

--- QUERES RECITARNOS ALGÚN REFRÁN OU DITO SOBRE AS CASTAÑAS, O MAGOSTO, SAN MARTIÑO (que se festexaría mañá na carballeira de Franco)? PREGUNTA AOS TEUS FAMILIARES SE SABEN ALGÚN.

--- TAMÉN VOS COMPARTO "O RAP DO MAGOSTO" DE PACO NOGUEIRAS, que podedes atopar  clicando na imaxe ou pegando o seguinte enlace no navegador

  https://youtu.be/oEo74iZhFuE

 

                      -----------------------------------------------------------------------------------

LUNS 9 DE NOVEMBRO

--- PROPÓÑOVOS XOGAR A RECOÑECER AS FORMAS XEOMÉTRICAS DE OBXECTOS QUE NOS RODEAN

   * O QUE POIDA E QUEIRA PODE IMPRIMIR A SEGUINTE TAREFA

   * O QUE NON POIDA OU NON QUEIRA IMPRIMIR, PODE BUSCAR POLA CASA E XOGAR A AGRUPAR OS OBXECTOS SEGUNDO A SÚA FORMA. LOGO REXISTRAR POR ESCRITO O NOME DALGÚNS E TAMÉN PODEDES ACOMPAÑAR DE DEBUXOS DESES ELEMENTOS QUE ELIXADES.

  

 

   * UNHA CANCIÓN SOBRE AS FORMAS

   https://www.youtube.com/watch?v=NooFRrvZ5vw

Distribuir contido


by Dr. Radut