Skip to Content

Responder ao comentario

CORES DAS FOLLAS

A NOSA MASCOTA DA BIBLIOTECA, ROKI, ENVIOUVOS UNHA CARTA, ONDE NOS INDICABA SE QUERÍAMOS ACEPTAR UN RETO. CAL ERA?

O RETO ERA LEVAR A CABO UN EXPERIMENTO PARA DESCUBRIR POR QUE AS FOLLAS CAMBIAN DE COR NO OUTONO, XA QUE NA PRIMAVERA E NO VERÁN SON VERDES.

POR SUPOSTO, ACEPTAMOS E PUXÉMONOS EN ACCIÓN SEGUINDO AS INDICACIÓNS, OS PASOS PARA LEVAR A CABO O EXPERIMENTO.

--- EN PRIMEIRO LUGAR, PRECISÁBANSE FOLLAS DE DISTINTAS CORES, ASI QUE SAIMOS AO PATIO BUSCALAS

--- CADA MESA/GRUPO ESCOLLEU UNHA COR E ROMPEU ANACOS DE FOLLAS QUE INTRODUCIU NUN BOTE E CUBRIU CON ALCOL, PARA DEIXAR REPOUSAR

 

--- NO DÍA SEGUINTE QUITAMOS OS RESTOS DE FOLLAS, E INTRODUCIMOS PAPEL ABSORBENTE. QUE PASARÍA?

XURDIU A HIPÓTESE: "VAI SUBIR A AUGA POLO PAPEL PORQUE NO CONFINAMENTO FIXEMOS UN EXPERIMENTO PARECIDO DE METER PAPEL NA AUGA"

 

--- E FINALMENTE, CUMPRIUSE A HIPÓTESE, O PAPEL ABSORBEU A AUGA TINGUIDA DO ZUME DAS FOLLAS, OBSERVÁNDOSE DISTINTAS CORES E QUEDANDO PROBADO QUE AS FOLLAS TEÑAN MÁIS CORES CA VERDE.

A EXPLICACIÓN ESTÁ NOS PIGMENTOS QUE TEÑEN AS PLANTAS DE FOLLA CADUCA, ENTRAN EN REPOUSO VEXETATIVO NO OUTONO, OS DÍAS SON MÁIS CURTOS E MÁIS FRÍOS, POLO QUE A CLOROFILA (PIGMENTO QUE LLE DA A COR VERDE E ENCÁRGASE DE PARTICIPAR NA PRODUCIÓN DE ALIMENTO PARA A PLANTA) EMPEZA A DESCOMPOÑERSE E O VERDE A DESAPARECER, POLO QUE APARECEN OS AMARELOS (DOS PIGMENTOS CAROTENOIDES) E LOGO OS MARRÓNS; ENTRE OUTROS MOTIVOS.

 

E APROVEITAMOS O EXPERIMENTO PARA TRABALLAR A ESTRUCTURA DUN TEXTO INSTRUCTIVO;

- TITULO (QUE DECIDIMOS ENTRE TOD@S)

- MATERIAIS (COLOCADOS EN COLUMNA)

- PASOS (ORDENANDO E SECUENCIANDO OS DISTINTOS PASOS REALIZADOS E INTRODUCINDO OS USO DOS ORDINAIS)

Responder



by Dr. Radut