Skip to Content

Blogue de Mónica

Contacto:monicas@ramallosa.org

NEVE ARTIFICIAL!!

DÍAS ATRÁS A NEVE DEIXOUSE VER A POUCA ALTURA PRETO DA NOSA COMARCA, E ALGUNHAS CRIANZAS PUIDERON IR GOZAR DELA, SEN EMBARGO, NON TOD@S TIVERON A OPORTUNIDADE DE ACHEGARSE A XOGAR E TOCAR ESTE FENÓMENO.

POR ISO, FIXEMOS NEVE ARTIFICIAL, INTENTANDO PROVOCAR UNHA ACTIVIDADE DE MANIPULACIÓN E EXPERIMENTACIÓN, PARA QUE TOD@S DE PUIDESEN GOZAR DE NEVE, AÍNDA QUE ARTIFICIAL E NON FRÍA.

   INGREDIENTES:

- BICARBONATO (grazas á avoa de Nicolás que nos trouxo)

- AUGA

 

   ELABORACIÓN:

- BOTAMOS BICARBONATO NUNHA BANDEXA (PARA APROVEITALO MELLOR). APROVEITAMOS PARA MANIPULAMOLO E TOCAMOLO, POIS COMENTABAN QUE ERA SUAVE, IGUAL CA ESPEUMA DE AFEITAR

- ENGADIMOS UN CHORRO DE AUGA E REMOVEMOS- E XA PARECE NEVE!!!!!!

  

   

      

         

 

E TAMÉN HOUBO MARXE PARA FACER UN BONECO QUE DECORARON CON CREATIVIDADE E IMAXINACIÓN

 

 

TRAZO SOBRE ESPUMA

A ESPUMA DE AFEITAR TEN UN TACTO SUAVE, DELICADO E MOI AGRADABLE, QUE NOS GUSTOU MOITO MANIPULAR.

APROVEITAMOS ESTE RECURSO PARA, DUN XEITO LÚDICO, FACER O TRAZO DE NÚMEROS, QUE TOCABAN SEGUNDO A TIRADA DE DADO, REPRESENTADO A CANTIDADE CON PUNTOS OU CO CARDINAL 

 

  

 

E TAMÉN APROVEITAMOS PARA FACER CREACIÓNS ARTÍSTICAS, FOMENTANDO CREATIVIDADE E IMAXINACIÓN

 

 

 

 

 

XOGUETES QUE ALUMEAN

Un dos xoguetes que estreamos, indicaba na caixa que alumeaba na escuridade, así que quixemos probar.

Fixemos unha creación conxunta coas pezas imantadas (cada crianza colocaba unha peza como quería) e logo apagamos a luz pero na escuridade non se apreciaba nada, que desilusiónnnn!!, pero .... probamos a enfocar con luz negra e descubrimos que si se reflexaba (¡¡alaaaaa!!) e tamén os nosos dentes destacaban superblancos, na escuridade!!

  

ORDENAMOS COA BARALLA

Aproveitamos a baralla, para identificar os números e cantidades dende o 1 ao 10 e logo ordenamos de forma ascendente. 

Nesta ocasión, había unha xefa que se encargou de dirixir o xogo; de decidir cal número se debía colocar. Logo houbo outro xefe encargado de recoller as cartas, indicando que número debía ser entregado.

PARABÉNS CHLOÉ

Comezamos un novo ano e o segundo trimestre do curso conmemorando o aniversario da nosa compañeira Chloé, que xa cumpliu o pasado 3 de xaneiro e que é a primeira da aula en cumplir 5 anos!!!

Moitos parabéns para Chloé e moita sorte na nova etapa que vai comezar!!!

 

CHEGARON OS REIS!!!!!!

Os reis magos tamén tiveron a ben deixar sorpresiñas na nosa aula; xoguetiños para compartir, xogar xunt@s e aprender!!!

As caras de sorpresa e ledicia din moito nas nosas crianzas e, que non perdan a ilusión en moito tempo!!!

   Algúns dicían: "non teñen nome, como sabemos para quen son?"

   Algún respondeu: "porque son para todos"

   "Mestra: quen os abre porque solo hai cinco?"

   "Vari@s: todos juntos"

   "Mestra: non credes que será un pouco difícil?. non sería mellor repartirvos?

   Puxéronse en parellas pero algúns quedaban sen agasallo para abrir

   Cun pouco de axuda, chegaron á conclusión que facendo grupos de tres sería a mellor opciónSorriso

 

Todos e todas gustaronlles os agasallos e xa quixeron xogar con eles para estrealosSorrisoSorriso

 

  

E tamén moitas grazas ao Concello de Teo porque obsequiou a cada crianza cunha bolsa de tea, incentivando o coidado do planeta e, con bos desexos para afrontar esta situación de pandemia e un novo ano!!

BOAS FESTAS!!!

AS CRIANZAS DE 4 ANOS DO GRUPO A, QUEREN DESEXAR A TODOS E TODAS BOAS FESTAS, CON ESTAS FERMOSAS E CREATIVAS POSTAIS, FEITAS SOBRE A MESA DE LUZSorrisoSorriso

 

 

  

EXPERIMENTACIÓN COA LUZ

Están chegando as datas de Nadal, unha festa de luces, destellos, de moito colorido, así que pensei que sería un bo momento para experimentar coa luz: sombras, lanternas de luz blanca e negra, elementos que reflexan coa luz negra (pulseiras fluorescentes, subraiadores de cores, pintura corporal), gafas e lupas de cores, mesa de luz, caleidoscopios,...

 

COMPOSICIÓNS XEOMÉTRICAS

Ao noso redor podemos visualizar moitas formas xeométricas: en obxectos que manipulamos na vida diaria, en elementos da natureza, en esculturas e estructuras arquitectónicas,... Polo que, despois de estar coñecendo e traballando sobre as formas xeométricas, observar cadros de importantes artistas que incorporaron xeometría nos seus cadros, pensamos en facer as nosas propias creacións artísticas con diversos materiais xeométricos dos que dispoñíamos. Ademais traballamos por parellas, sendo preciso dialogar e acordar como sería a creación a deseñar e o nome que lle daríamos. O resultado foron creacións moi creativas e orixinais como se pode ver: 

YAINA E MATEO: PINOCHO

 

NOELA E ALDÁN: PLUMA

 

ALMA E KIARA: SEMICIRCULO

CAYETANA E LÍA: BONITA

CHLOÉ E ANA: MERENDAS

JULIA E YAGO: CASA

NICOLÁS: CASA DESTRUÍDA

ALDARA E CARLA: PAPÁ NOEL

MOITOS PARABÉNS CARLA!!

CONMEMORAMOS O ANIVERSARIO DA NOSA COMPAÑEIRA CARLA, POIS AÍNDA QUE FALTAN UNS DÍAS, DESPOIS DURANTE AS VACACIÓNS NON PODEREMOS ACOMPAÑALA ALÓ NA SÚA CASA.

CON ESTA PEQUE REMATAMOS OS ANIVERSARIOS DESTE ANO 2020, E AGORA XA TODAS AS CRIANZAS DA AULA TEÑEN 4 ANOOOOOOOOSSSSSSSS!!!!!!

MOITOS PARABÉNS CARLA E QUE CUMPLAAAAAAAAAAASSSSSSSSSSSSSSSSSSS MOITOSSSSSSSSSSSSSSSS MÁISSSSSSSSSSSSSS!!!SorrisoSorrisoBeso 

   

Distribuir contido


by Dr. Radut