Responder ao comentario
2ª SEMANA DE CORENTENA
SEGUIMOS UNS DÍAS MÁIS COIDÁNDONOS NAS NOSAS CASAS, AÍNDA QUE SABENDO QUE ESTAMOS BEN E QUE NUNS DÍAS VOLTAREMOS A VERNOS XUNT@S
MARTES 10 DE NOVEMBRO
SE HOXE ESTIVERAMOS NO COLE, CONMEMORARÍAMOS O MAGOSTO. NON PODERÍA SER TAN FESTEIRO COMA OUTROS ANOS, PERO COMERÍAMOS CASTAÑAS ASADAS; FROITO ESTRELA DO MAGOSTO.
--- POR ISO, HOXE PROPÓÑOVOS QUE DECOREDES A VOSA CASTAÑA COMO MÁIS VOS GUSTE; "A CASTAÑA MÁIS CREATIVA"
---TAMÉN É UNHA BOA OPORTUNIDADE PARA XOGAR COAS LETRAS A COMPOÑER ESTA PALABRA, QUE LEVA A MESMA VOCAL REPETIDA 3 VECES.
--- QUERES RECITARNOS ALGÚN REFRÁN OU DITO SOBRE AS CASTAÑAS, O MAGOSTO, SAN MARTIÑO (que se festexaría mañá na carballeira de Franco)? PREGUNTA AOS TEUS FAMILIARES SE SABEN ALGÚN.
--- TAMÉN VOS COMPARTO "O RAP DO MAGOSTO" DE PACO NOGUEIRAS, que podedes atopar clicando na imaxe ou pegando o seguinte enlace no navegador
https://youtu.be/oEo74iZhFuE
-----------------------------------------------------------------------------------
LUNS 9 DE NOVEMBRO
--- PROPÓÑOVOS XOGAR A RECOÑECER AS FORMAS XEOMÉTRICAS DE OBXECTOS QUE NOS RODEAN
* O QUE POIDA E QUEIRA PODE IMPRIMIR A SEGUINTE TAREFA
* O QUE NON POIDA OU NON QUEIRA IMPRIMIR, PODE BUSCAR POLA CASA E XOGAR A AGRUPAR OS OBXECTOS SEGUNDO A SÚA FORMA. LOGO REXISTRAR POR ESCRITO O NOME DALGÚNS E TAMÉN PODEDES ACOMPAÑAR DE DEBUXOS DESES ELEMENTOS QUE ELIXADES.
* UNHA CANCIÓN SOBRE AS FORMAS
https://www.youtube.com/watch?v=NooFRrvZ5vw