Skip to Content

Postais no día da Paz

Para conmemorar o "Día Escolar pola Paz", que este ano dedicamos a Nelson Mandela, os nenos e nenas de quinto e sexto C fixemos unhas postais que recollimos nunha publicación dixital. Deixamos o enlace para que as miredes.

 

 

VER A PUBLICACIÓN. (Na parte inferior, á dereita, podedes poñer a publicación a pantalla completa)

NADAL NA RAMALLOSA

SE QUERES VER AS IMAXES DO FESTIVAL DE NADAL PREME AQUÍ!

CALENDARIO SOLIDARIO

 

Despois de pagar a impresión dos calendarios, recadamos 837,90 euros que foron entregados o 23 de decembro no Banco de Alimentos do noso Concello. A solidariedade das familias do alumnado do CEIP A Ramallosa,das mestras e mestres do cole,de amizades comprometidas co Ensino Público e do propio centro que mercou un calendario para cada aula, fixo posible esta axuda para aliviar as necesidades básicas dos máis desfavoreci@s. 

MOITAS GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POLA VOSA XENEROSIDADE!

PARA SABOREAR NO NADAL

 

 

Unhas lecturas moi saborosas para este Nadal

 

 

 

 

 

 

MAGOSTO 2013 NA RAMALLOSA!

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Á GALERÍA DE FOTOS DO MAGOSTO NO COLEXIO DA RAMALLOSA.

 

Tempo de Outono

 

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Á GALERÍA DE FOTOS DO OUTONO NA RAMALLOSA.

Celebramos a Convivencia 2013

O pasado martes 29 celebramos no noso cole a primeira das tres convivencias que realizaremos este curso cos coles de Calo e Os Tilos.

Nesta ocasión tocounos ser os anfitrións, e recibimos a visita dos compañeiros dos outros coles.

Realizamos competicións de fútbol e minibasket ata o recreo. Despois de recuperar forzas fixemos dous xogos no pavillón (o MURO e unha PILLA CON AROS) e xogamos ao bádminton no patio cuberto. Aquí tedes algunhas fotos, tan pronto teñamos todas subirémolas á GALERÍA.

A experiencia foi, como outros anos, moi positiva e xa estamos desexando que chegue a seguinte.

Os profes de Educación Física queremos agradecer ao resto do profesorado do centro a súa boa disponibilidade para que a celebración da convivencia resultara un éxito. Grazas.

 

 

Misterio no faiado

 

Un conto de misterio de Damián Noya Tojo.

Preme aquí para lelo.

Benvidos ao curso 2013-14

 

     

         A comunidade educativa do CEIP A Ramallosa dalle a benvida a todos os alumnos/as e ás súas familias ao curso 2013-14.

      


            Informámoslles que na semana do 14 ao 17 de outubro terán lugar as reunións dos pais/nais cos/as correspondentes titores/as, segundo o calendario adxunto:

 

   LUNS 14      MARTES 15   MÉRCORES 16
 XOVES 17  

 2º Ciclo de E. Primaria  

(terceiros e cuartos)

  1º Ciclo de E. Primaria  

(primeiros e segundos)

  3º Ciclo de E. Primaria  

(quintos e sextos)

 Educación Infantil

(todos os cursos)

Asimesmo recordarlles que a información dos blogues dos diferentes niveis nesta web, estánse a actualizar.

 

Premio Nacional para a Poesía Galega

 

O escritor galego Manuel Álvarez Torneiro gaña o Premio Nacional de Poesía 2013 (máis)

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut