Skip to Content

12 DESEXOS PARA O 2012 DO CLAUSTRO DE PROFESORES/AS

00/00/
Array

 

1. Que se garanta o dereito á educación en igualdade para todas e todos.

2. Que vir ao cole sexa un motivo de alegría.

3. Que as dificultades na aprendizaxe sexan atendidas.

4. Que a escola e a súa contorna sexan unha.

5. Que o saber non ocupe un lugar secundario.

6. Que “aprender a ser” sexa a nosa teima.

7. Que a solidariedade inunde as nosas aulas.

8. Que a “educación para tod@s” considere as necesidades individuais e a integración escolar non sexa unha utopía.

9. Que se protexa con aloumiños a fala dos nosos devanceiros.

10. Que contemos con recursos materiais e humanos imprescindibles.

11. Que o labor do ensinante non sexa aldraxado.

12. Que toda a comunidade educativa defenda e aposte por un ensino público de calidade.

CAMPIONATO DE TROMPOS 2011

Como todos os anos, o día do magosto celebramos no cole o Campionato de Trompos no que participaron máis de 100 nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º.Noraboa a tod@s.

Os gañadores deste anos foron:

1º clasificado: ALBERTO CASAL

2º clasificado: BRAIS FERNÁNDEZ

3º clasificado: ISAAC GAÑETE

O CLUB DA CIENCIA

 

Unha nova serie de libros, escritos por Víctor Raga, 

para aprender sobre o que acontece ao noso redor a través da fición cunha dose de humor. (máis)

 

 


Un novo premio para Agustín Fdez Paz

O escritor recibirá o Premio Iberoamericano SM da Literatura Infantil e Xuvenil como recoñecemento á súa traxectoria literaria.

Parabéns, Agustín (máis)

MMM, QUE BEN SABE!!!

Ola, colegas! Hai alguén aí?

Quería saudarvos e que virades que xeado máis saboroso tomei na praia; pero... sabedes de que era?: DE CHOURIZO!!! Nooon, é unha trola, era de amorodo!. Pero non sei se sabedes, que cada vez máis, os fabricantes os inventan con sabores novos (e extraños); como por exemplo, de FABADA!! Agora non é trola, eh? que se lle ocorreu a un fabricante de xeados asturiano!! (o que non sei é se tería moito éxito)

Bueno, se queredes saber máis sobre xeados, lede.

Ata máis ver!!

CONTOS PARA XOGAR

 

Aínda que esteamos de vacacións, quizais algúns e algunhas todavía nos visitades nesta páxina; así que vos quero recomendar unha páxina que atopei "navegando" (pola rede, que non polo mar). Chámase "Contos interactivos" e se trata de escoitar contos pero ao mesmo tempo ilos rcompoñendo, os que escoitamos podemos ir facendo avanzar a historia. Pode ser divertido!

Así que se vos aburrides moito... (que tonterías digo, non si?)

Libros de Texto

Clica aquí  para descargar a lista de libros

ESTAMOS DE VACACIÓOOOOONS!!

Por fin chegaron! Ai, que ganiñas tiñamos xa! Agora toca durmir, xogar, lacazanear, .... , en fin, todo iso que sabemos facer tan ben no verán.

Se ademais queres ter aventura, podes levala contigo. Aquí che deixo algunhas propostas.

Disfruta moito e ata a volta.

VISITA AO CONCELLO


 Clica na imaxe para saberes máis da visita dos nenos e nenas de cuarto ao noso concello


  

LETRAS GALEGAS 2011


 DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011(Clica na imaxe para acceder ás actividades en liña)


 

Distribuir contido


by Dr. Radut