Skip to Content

Visita ao Centro de Arte Rupestre de Campolameiro

O pasado xoves 30 de outubro, os nenos e as nenas de Educación Infantil, realizaron unha visita ao Centro de Arte Rupestre de Campolameiro.

Se queredes ver o ben que o pasaron, clicade na foto

SAMAÍN 2014

Se queres acceder á galería de imaxes do Samaín 2014, á exposición de cabazas e centros do outono e á recompilación de textos da literatura popular galega  preme na foto.

Actividades para o Magosto

Preme na imaxe para ver os diferentes enlaces e acceder ás actividades interactivas do Samaín, o Magosto e o San Martiño.

 

LIBROS DE TEXTO 2014-2015

 

Dende o seguinte enlace podedes ver o listado de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2014/15.

ENLACE

 

 

Aventuras para o verán

 

Xa está aquí o verán, puntual coma todos os anos.

É tempo de sol, de descanso e lecer.

Pero se queres aventura, aquí che propoñemos algunha.

A disfrutar. Feliz verán!!

O CONTO VIAXEIRO

Aquí tedes o "Conto Viaxeiro" que fixemos entre todos e todas este curso.

Agora tamén entre todos/as temos que manter o colexio e o patio limpos de lixo.

Que o disfrutedes.

 

5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente.

Alumnos e alumnas de quinto e sexto celebramos o "Día Mundial do Medio Ambiente" poñendo o noso gran de area para que a contorna do noso colexio estea limpa de lixo.

Decatámonos de que tanto o patio de xogos coma a pista lateral do colexio estaban demasiado cheas de lixo das nosas merendas e de restos de produtos contaminantes (papeis, plásticos, envases... ).

Por iso fixemos unha recollida dos mesmos. Agora pedimos a colaboración de todos e todas para mantelo así. É mellor para nós e para a natureza na que vivimos.

Deixámosvos un vídeo que retrata a actividade que fixemos.

 

2º CICLO VISITA CORTEGADA E O GROVE !

                                      

  O 4 de xuño o 2º ciclo visitou a illa de Cortegada, o            acuario do Grove e o museo do Salgado.

  Foi unha experiencia inesquecible!

 Se queres acceder á galería de imaxes preme aquí.

CONCERTO DO DÚO FONKI NO CEIP DA RAMALLOSA!

  O venres 30 de maio asistimos a un concerto familiar e engaiolante, con temas de produción propia na nosa Lingua. Unha auténtica regalía!

Se queres acceder á galería de imaxes do concerto preme aquí.

EXCURSIÓN DO 1º CICLO Á CASA DO PATRÓN EN LALÍN

 O 28 de maio o primeiro ciclo do CEIP da Ramallosa visitou  a Casa do Patrón en Lalín.Auténtico museo etnográfico que nos fixo viaxar no tempo e onde aprendemos a facer pan e queixo.Se queres acceder á galería de imaxes preme aquí.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut