O venres 13 de febreiro celebramos o Entroido no noso colexio.
Representamos diferentes épocas históricas desde a prehistoria ao futuro. Se queres ver as fotos preme no cartel.
|
|
E se queres ver como se preparou o Entroido e os adornos que levamos durante esa semana preme nesta outra imaxe.
|
|
Grazas ás habilidades artísticas do profe Manolo e á colaboración de Jose ,o coidador, e máis do noso conserxe Ernesto, o Xeneral da Ulla preside a entrada do noso cole e nos indica cada día o adorno que debemos lucir nesta semana do Entroido. |
|
O LUNS: Xuntamos as espadas
como marca a tradición,
para dar as "Vivas" do Entroido
con moita satisfacción.
O MARTES: Como o Xeneral manda,
has lucir unha banda!
O MÉRCORES: Un espello has conseguir
para a escola poder vir.
O XOVES: Sorprende con plumas especiais
como as que amosan os nosos Xenerais.
O VENRES : Pon o teu disfrace axiña.
De que época da historia?
Adiviña!
|
|
Se queres saber máis sobre o Entroido en Galicia e na nosa comarca, podes realizar unha chea de actividades neste Edilim elaborado pola Concellaría de Educación do noso Concello.
Con recursos para todos os ciclos de primaria e para educación infantil.
Para acceder preme na foto da "Pantalla"
|
|
Ademais este curso dispoñemos dunhas unidades didácticas sobre o Entroido dos Xenerais da Ulla, elaboradas polos Concellos de A Estrada, Boqueixón, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces.
Con diversos materiais para imprimir adaptados para primaria e infantil. Preme na imaxe do xeneral para acceder a eles.
|
|
Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos no colexio o Día Paz.
Expresamos de corazón os nosos desexos de paz, respecto, tolerancia, solidariedade...
E fixémolo cantando un tema titulado: " Eu teño alguén no meu corazón" empregando, ademais das nosas voces, a linguaxe de signos.
Preme na imaxe para acceder á galería de fotos.
|
|
Acabamos de colgar, no blogue da nosa aula (6º C), os murais dixitais que elaboramos para conmemorar o "Día da Paz".
Preme na pomba para ir ao blogue.
|
|
Sempre temos boas recomendacións de libros
para os bos lectores e lectoras (para os regulares tamén)
Preme na imaxe se as queres descubrir.
Bo Nadal!!!!
|
|
ARMANDO UNHA DE INDIOS E INDIAS!
Unha vez máis, os nenas e nenas de Educación Infantil, vimos de participar no certame de Arte escolar que a Fundación Granell convoca todos os anos por estas datas. Nesta ocasión o tema proposto foi: "Os indios de Eugenio Granell". Documentámonos, sacamos moitos materiais de todo tipo do noso cuarto segredo e definimos que facer e que utilizar. O resto xa sabedes, mans á obra e moita imaxinación.
Queredes ver todo o proceso e as indiadas que fixemos?
Premede sobre a imaxe.
|
|
ENTREGA DOS PREMIOS DO CERTAME DE ARTE NA FUNDACIÓN GRANELL
O 17 de decembro ás 18.30 da tarde tivo lugar a entrega dos premios. Con toda ledicia e toda honra celebramos varios de eles. Unha tarde para lembrar!
Clica na foto para ver toda a reportaxe
|
|
ESTES FORON OS GALARDÓNS ACADADOS |
Iago Duro Lojo: categoría única de educación infantil |
|
Alexio Félix González: categoría de debuxo. |
|
Claudia Castro Asorey: categoría pintura. |
|
Xoel Pascual Souto: categoría escultura (construción). |
|
Samuel Montes de Asís: categoría escultura (construción). |
|
Hoxe chegou ao noso Centro o Calendario Solidario 2015 do CEIP da Ramallosa.Grazas á colaboración de toda a comunidade educativa (persoal do colexio, profesorado, familias e ao propio centro educativo) imos conseguir xuntar aproximadamente 1000 euros que serán destinados ao Banco de Alimentos do noso Concello para aliviar as necesidades básicas dos máis desfavorecidos.
MOITAS GRAZAS A TOD@S!
|
|
O 26 de novembro o alumnado de terceiro curso asistiu a un concerto da Real Filharmonía de Galicia que interpretou obras de grandes compositores como:Bach, Ravel, Stravinsky e Manuel de Falla. Se queres ver as imaxes desta saída preme na foto. |
|
Con motivo do nomeamento de Malala como Premio Nobel da Paz 2.014 os alumnos e alumnas de 6º C fixemos un traballo que vimos de publicar no noso blogue de aula.
Inclúe unha síntese do traballo, elaborado entre todos e todas, e un vídeo-resumo elaborado por Alba M.
Se che interesa preme na foto de Malala y chat.
|
|