Con motivo do Día Internacional da Muller, dende a Biblioteca programamos diferentes actividades, entre outras a visita ao Pazo de Tor para realizar a actividade didáctica “Muller na Arte, Arte na Muller” co afán de superar as desigualdades de xénero mediante o achegamento crítico á historia e teorías da arte.
Nesta visita puidemos comprobar:
- a veracidade do dito popular “Casa grande, con capilla, palomar y ciprés, pazo es”,
- o diferente modo de vida das distintas clases sociais (señores e persoal de servizo) e
- as diferenzas que viñan impostas por razón de xénero,
- tanto a nivel de vestimenta (o feito de que as mulleres non puidesen poñer pantalóns obrigaba a ter unha sela de montar diferente)
- como de aproveitamento do tempo libre: o xogo estaba reservado aos homes (salón de xogos cun billar francés) e tamén as armas. Por iso agás o salón de baile aberto tamén as mulleres as outras dependencias de ocio estaban reservadas aos homes.
- e de oportunidades formativas a nivel artístico.
Parece que había un especial interese por que a muller tocase o piano, pero non tanto por que desenrolase a súa faceta pictórica, nin estaba ben visto nin se apoiaba economicamente; razón pola que dos moitos cadros que puidemos ver no pazo
(Mari Paz de Tor e os seus pais e avós)
tan só dous foron pintados por mulleres
(Marido de Mari Paz pintado por la pintora Monfortina, Amparo Lorenzo da Vella)
E para rematar dicir que nos impresionou, entre outras cousas, o labirinto,
,
a abundancia de carruaxes
a litera de mulas
os instrumentais para rizar o pelo
e a afección de dona Mari Paz polos grilos e os gatos
Agradecemos a Dona Mari Paz que doara este pazo á Deputación o que fai posible a súa conservación e visita pública.