Dámoslle a benvida e vamos celebrar a súa chegada cun poema da nosa poeta máis universal Rosalía de Castro, Maio Longo.
MAIO LONGO
Maio longo... maio longo, todo cuberto de rosas, para algúns telas de morte; para outros telas de vodas. Maio longo, maio longo, fuches curto para min: veu contigo a miña dicha, volveu contigo a fuxir.
Rosalía de Castro (1993),
Follas Novas (Vigo: Galaxia)
Agardamos que para todos, este Maio nos traia boas novas e queden con nos e non fuxan.
Elabora un marcador con materiais diversos que teñas pola casa, bótalle imaxinación, e envía unha imaxe co teu marcador e o teu libro preferido ou o libro que estés lendo nestes momentos.
Neste vídeo atoparás algunha idea (https://youtu.be/XY4kv1mAgIU )
O Día Internacional do Pobo Xitano conmemorase o 8 de abril. Esta data recorda o Primeiro Congreso Mundial romaní/xitano celebrado en Londres o 8 de abril de 1971 no que se instituíu a bandeira e o himno xitano.
A bandeira
O himno
A Canción:La Saeta (por Camarón de la Isla a dúo con Serrat)
Desde 1948 cada 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde; celebración que este ano está marcada pola loita contra a pandemia global do Covi19.
Un día para agradecer aos sanitarios do mundo, e aos sanitarios galegos en especial, o enorme sacrificio e esforzo que están poñendo para manter sa a poboación, incluso poñendo en risco a súa propia saúde.
Grazas tamén a todo o persoal non sanitario, igualmente imprescindible e valioso.
GRAZAS!!!
Homenaxe aos profesionais da Saúde
Mario García, "Tic-Tac" (o líder do grupo Tregua e enfermeiro no Chuac, compuxo esta canción tras un mal turno no hospital)