Conmemoramos cada 2 de abril, o aniversario do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen e o Día Internacional do Libro Infantil (DILI).
A sección patrocinadora deste ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetinai lustrada por Damijan Stepancic: Fame de palabras.
Trátase dunha celebración moi importante para a nosa biblioteca, por iso en consonancia coa mensaxe patrocinadora “Fame de Palabras” propoñémosvos, escribir, pintar pero sobre todo dicir palabras fermosas.
Pero ademais podedes celebrar este día, desde a casa:
- Participando no Concurso CALIX, da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil: “Un Poema na túa Voz” (para maiores de 6 anos; remata o 10 de abril)
- Enviándonos a imaxe da túa palabra fermosa para a nosa exposición.
- Lendo algún libro
o Aquí tes unha suxestión de lecturas para ler sen salir do fogar:
- Unha Colección de Audiolibros.
- Canal KALANDRAKA TV, ofrécenos contos contados
- Os Contos deo Camiño, CRTVG
- Os Bolechas
- Salón do Libro Virtual.
- Aulas Galegas. Lecturas compartidas
- GaliciaLe. Plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.
- Eloy Moreno, Cuentos para quedarse en casa (pdf)
Boa lectura!, Feliz Día!