Skip to Content

"Ilumínalo AZUL " - Día Mundial do Autismo

Cada 2 de abril celébrase o Día Mundial do Autismo, co obxectivo de concienciar á sociedade e promover a inclusión social das persoas con trastorno do espectro de autismo para contribuír a facer visible unha imaxe real e positiva destas persoas así como a súa realidade, necesidades e capacidades.

Cada ano, por este día, miles de edificios e monumentos emblemáticos de todo o mundo ilumínanse de azul como mostra de apoio e solidariedade con este colectivo de persoas con trastorno do espectro do autismo  (TEA) e as súas familias.

Este ano 2020, como novidade e atendendo ás circunstancias do estado de alarma, invitase a toda a cidadanía a

saír a balcóns e ventás hoxe xoves 2 de abril as 21:00 para que acendamos móbiles ou lanternas como mostra de solidariedade ao colectivo TEA

mediante a versión de Light It Up Blue #LIUB  para sumarse desde a casa, en momentos nos que é tan necesaria a luz e a solidariedade, especialmente coas persoas máis vulnerables .

 

Proposta de traballo manual: lanterna ou móbil con luz azul.

A luz azul podemos conseguila, por exemplo, cubrindo o foco de luz  con:

-papel celofán azul  

-papel de película transparente ou cinta adhesiva transparente coloreada con permanente azul.

 

Algúns recursos para o colectivo TEA:

Pictotraductor  Pictosonidos

Pictocuentos

Pictoagenda Pictojuegos Pictoeduca
Wikipicto Aprendices Visuales

Cuentos y Canciones

con Pictogramas

El concierto

(conto)

CEDD

(contos sobre discapacidade)

Aula Abierta

ARASAAC

 

 



page | by Dr. Radut