Skip to Content

Blog de biblioteca

Anxo Moure, o barqueiro do Miño

Hoxe día de San Brais, por xentileza da Confederación Hidrográfica, tivemos a sorte de ter entre nos ao contacontos e barqueiro do Miño, Anxo Moure.

Coma sempre unhas sesións de contos moi lúdicas e didácticas centradas nesta ocasión en divulgar a conca do MiñoSil e o coidado dos ríos, ademais de subliñar a importancia da auga e o coidado da natureza en xeral.

 

 Acompañado de dúas  barcas típicas do Miño, a Barca de Pousa e o Batuxo, levounos a coñecer os diferentes lugares da conca do MiñoSil e do Cabe, os peixes de río, as  Xacias,... e ata o "berro" que a modo de saúdo, sobre todo en tempo de vendima, escoitabase dicir entre os habitantes dun e outro lado do Miño,  sobre todo na zona de Belesar.

- “Ei rabudos!” (berro dos de Chantada)  //  -“Ei papeiros!” (berro dos de o Saviñao)

E xa para rematar, dúas alumnas de 6º, Lucía e Nadia, fanlle unha entrevista que podedes escoitar en RadioForte

 

Grazas a Anxo e a Confederación Hidrográfica que fixeron posible esta importante xornada lúdico-formativa.

Sean en "Os venres... un conto"

Onte Sean, o noso auxialiar de conversa, contou un conto moi especial.

Cun pouco de maxia e moito de ciencia, vimos e experimentamos a relación entre a mestura de líquidos e a súa cor.

Grazas Sean!

 

Día da Paz

Na última quincena de xaneiro, nas aulas, traballamos   palabras "máxicas" relacionadas coas habilidades sociais básicas que contribúen a aprender e fortalecer a convivencia pacífica entre as persoas.

Con estas palabras, unha por aula, decoramos a árbore da sabedoría situada na entrada da biblioteca. Ao seu carón, estaba a cadeira das apertas, onde podías sentar para recibir unha aperta de Aventurín ou ti mesmo darlle unha aperta a outra persoa.

 

Tamén as titorías e os  diferentes departamentos traballarón habilidades e palabras que fomentan e definen a paz.

Velaquí unha pequena mostra:

 


E xa para rematar,  o día 30, todos xuntos, celebramos unha xornada festiva lucindo os nosos simbolos da paz  durante a lectura e exposicións dos murais  realizados. Tras esta esposición  cantamos "De festa", rematando cunha sesión de apertas de balde.

 

O 27 de xaneiro fomos noticia

O 27 de xaneiro fomos noticia tanto no deportivo como no literario.

Parabéns Julia, Alejandro e Gael!

Sodes estupendos!, Estamos moi orgullosos!

O Teatro de Amaia

O pasado venres, día 17, retomamos a tradicional sesión de "Os Venres... un conto".

Nesta ocasión a nosa contacontos foi Amaia de 1ºB, que nos sorprendeu cun fermoso teatro de marionetas feito por ela, reciclando varias caixas de cartón, unha para facer o teatro e outras para pintar os diferentes escenarios; así como recortes de folios para as personaxes.

Grazas, Amaia, por compartir con nos o teu conto, encantounos.

Felicidades!!!

Bo Nadal

Concurso de Beléns -Centros educativos de Monforte

Premios aos beléns dos centros educativos.

http://www.monfortedelemos.es/es/noticias/2019/el-centro-de-ense%C3%B1anza-ense%C3%B1anzas-artisticas-creativa-gana-el-concurso-de-belenes-del-ayuntamiento-de-monforte

 

La Voz de Galicia (18-12-2019)

 

Visita ao Museo das Cornamusas (Ourense)

O alumnado de 5º de primaria o día 16 de decembro realiza unha visita cultural a Ourense.

Programación: Exposición Beléns do Mundo no obispado de Ourense, Museo das Cornamusas e As Burgas.

Visita ao Museo das Cornamusas, Ourense (La Voz de Galicia 17-12-2019)

 

 Visita ao Museo das Cornamusas - Faro de Vigo (Ourense)

 

Rueiro Científico de Monforte de Lemos

Un Percorrido por Monforte da man de coñecidos científicos (La Voz de Galicia (29-11-2019).

3 de decembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Actividades para a  reflexión:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut