Skip to Content

Anxo Moure, o barqueiro do Miño

Hoxe día de San Brais, por xentileza da Confederación Hidrográfica, tivemos a sorte de ter entre nos ao contacontos e barqueiro do Miño, Anxo Moure.

Coma sempre unhas sesións de contos moi lúdicas e didácticas centradas nesta ocasión en divulgar a conca do MiñoSil e o coidado dos ríos, ademais de subliñar a importancia da auga e o coidado da natureza en xeral.

 

 Acompañado de dúas  barcas típicas do Miño, a Barca de Pousa e o Batuxo, levounos a coñecer os diferentes lugares da conca do MiñoSil e do Cabe, os peixes de río, as  Xacias,... e ata o "berro" que a modo de saúdo, sobre todo en tempo de vendima, escoitabase dicir entre os habitantes dun e outro lado do Miño,  sobre todo na zona de Belesar.

- “Ei rabudos!” (berro dos de Chantada)  //  -“Ei papeiros!” (berro dos de o Saviñao)

E xa para rematar, dúas alumnas de 6º, Lucía e Nadia, fanlle unha entrevista que podedes escoitar en RadioForte

 

Grazas a Anxo e a Confederación Hidrográfica que fixeron posible esta importante xornada lúdico-formativa.



page | by Dr. Radut