Skip to Content

3º de Primaria Visita o Pazo de Tor

Con motivo do Día Internacional da Muller, dende a Biblioteca programamos diferentes actividades, entre outras a visita ao Pazo de Tor para realizar a actividade didáctica “Muller na Arte, Arte na Muller” co afán de superar as desigualdades de xénero mediante o achegamento crítico á historia e teorías da arte.

Nesta visita puidemos comprobar:

- a veracidade  do dito popular “Casa grande, con capilla, palomar y ciprés, pazo es”,

- o diferente modo de vida das distintas clases sociais (señores e persoal de servizo) e

 - as diferenzas que viñan impostas por razón de xénero,

-  tanto a nivel de vestimenta (o feito de que as mulleres non puidesen poñer pantalóns obrigaba a ter unha sela de montar diferente)

  

 - como de aproveitamento do tempo libre: o xogo estaba reservado aos homes (salón de xogos cun billar francés) e tamén as armas. Por iso agás  o salón de baile aberto tamén as mulleres as outras dependencias de ocio estaban reservadas aos homes.

- e de oportunidades formativas  a nivel artístico.

Parece que había un especial interese por que a muller tocase o piano, pero non tanto por que desenrolase a súa faceta pictórica, nin estaba ben visto nin se apoiaba economicamente; razón pola que dos moitos cadros que puidemos ver no pazo

(Mari Paz de Tor e os seus pais e avós)

 tan só dous foron  pintados por mulleres


(Marido de Mari Paz pintado por la pintora Monfortina, Amparo Lorenzo da Vella)

 

E para rematar dicir que nos impresionou, entre outras cousas,  o labirinto,

  ,

a abundancia de carruaxes


a litera de mulas


os instrumentais para rizar o pelo

e a afección de dona Mari Paz polos grilos e os gatos

 

Agradecemos a Dona Mari Paz que doara este pazo á Deputación o que fai posible a súa conservación e visita pública.



page | by Dr. Radut