Entre as actividades levadas a cabo no centro en relación co 8 de marzo, Día Internacional da Muller; Biblioforte impulsou e coordinou:
- a lectura coeducativa
(Punto de Lectura)
- a educación pola igualdade
(alumnado de 1º e 2º)
- libro de Inés Fernández, unha muller para o 8 de marzo (xa catalogado e a vosa disposición)
O conto está elaborado polo Centro de Información á Muller coa colaboración do Colectivo Lemos Le (integrado por bibliotecas escolares e municipais da Comarca de Lemos e a Asociación de Libreiros de Monforte) e está ilustrado cos traballos dos escolares dos concellos da Comarca de Lemos.
- un rueiro en igualdade
-Novembro: alumnado de 6º elabora un rueiro científico de Monforte / ningunha muller científica.
-Febreiro: alumnado de 6º fai un mural con: "As nosas científicas preferidas".
-Marzo: o alumnado de 6º solicita entrevista co Señor Alcalde para achegar os seus traballos e propostas.