MEMORIA PAL 2023-2024. ÁREA LINGUA ESTRANXEIRA.
As liñas de acción programadas ao inicio do curso tomaron forma tal e como se describe a continuación:
I.- EDUCACIÓN DOCUMENTAL:
Remitimos aos apartados de fomento de lectura, hora de ler, e PDI de centro para ver as accións concretas.
II.- FOMENTO DE LECTURA:
II.1.- Promover a lectura.
A xustificación que demos na programación de inicio de curso e os obxectivos que nos marcamos foron o punto de partida para as actividades desenvolvidas co noso alumnado.
Desde a nosa área as lecturas estIveron integradas nos diferentes centros de interese programados para este curso, e sempre dependendo da capacidade de reading do noso alumnado.
A base dos nosos títulos está en lingua inglesa, aínda que incluímos textos en castelán e galego, fomentando o plurilingüismo no noso centro.
O desenvolvemento completo das accións levadas a cabo para promover a lectura foron as seguintes:
- E.Infantil
A very lazy ladybird
Colin colours
- E.P.: Nos diferentes cursos integraremos algunhas lecturas nas diferentes unidades didácticas.
1º: “Blippy the robot” e colección bilingüe “Pepe en Inglaterra”.
2º: Colección bilingüe “Pepe en Inglaterra”.
3º: Colección “Winnie the witch”
4º: Colección “Clara secret”.
5º e 6º: - Lectura de letras de cancións, unha por mes e Lectura de “tongue twisters” no 1º trimestre.
II.2.- Hora de Ler. Club de Lectura Sueiriños.
As lecturas desenvolvidas no club de lectura foron as seguintes:
- “La puerta secreta del Museo del Prado”. ( Ed. EDEBÉ)
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2323
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2493
A información documental atopámola nas seguintes direccións:
• La guía visual del Museo del Prado.
https://www.museodelprado.es/recurso/la-guia-visual-del-museo-del-prado/882d7e55-f30c-f0fb-5c62-cf1134af615a
• Las Meninas en pictogramas.
https://www.museodelprado.es/recurso/las-meninas-en-pictogramas/c561e5aa-e78b-965f-2230-ae880052456c
• Audioguías infantiles.
https://www.youtube.com/watch?v=PC_NxAhTlZc
https://www.youtube.com/watch?v=3cqdOhuboC4
- “The world’s greatest heroes: Matin Luther King Jr.” ( Banda deseñada )
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2380
III.- PDI de centro.
A nosa achega ao PDI de centro foi desde a área de plástica en 5º E.P. co proxecto desenvolvido ao longo de todo o curso escolar, titulado “MIS PIES JUNTO A LOS TUYOS”.
- Educación documental:
- 16 de octubre. Día mundial de la Alimentación.
https://www.fao.org/home/es
https://www.fao.org/world-food-day/es
https://www.wfp.org/stories/growing-peace-break-vicious-circle-hunger-and-conflict
- 20 de noviembre. Día de los Derechos de la Infancia.
https://ciudadesamigas.org/20n-2023/
https://www.unicef.es/educa/mural-derechos
https://www.unicef.es/causas/derechos-ninos
- Recursos bibliográficos:
• El cielo de Afganistán. ( Ed. Cuento de Luz )
• Cuentos alrededor del mundo. Mali. ( Ed. Vaughan )
• El sueño de la pequeña Efna. ( ING Ed. )
• Lolota da la vuelta al mundo. ( Kailas editorial )
• Lolota en los Balcanes. ( Kailas editorial )
• O lapis máxico de Malala. ( Ed. Xerais )
• Iqbal, niño valiente en Pakistán. ( Ed. Juventud )
• La escuela secreta de Nasreen. ( Ed. Juventud )
• La bibliotecaria de Basora. ( Ed. Juventud )
- Avaliación PDI:
Participa todo o alumnado? SI
Os nenos/as foron protagonistas? SI
Cal foi o sentir do alumnado? Sentido pertenza ao grupo
O alumnado expuxo o seu proxecto? SI
As actividades resultaron atractivas? SI
Participaron as familias? Si, na aportación de materiais.
O proxecto sae da escola? SI
Acadáronse os obxectivos específicos propostos? SI
Desenvolvemos as comp. clave iniciais? SI
Os recursos proporcionados pola biblioteca foron axeitados? SI
Foi axeitada a temporalización? SI
A metodoloxía de aprendizaxe por proxectos resulta ben? SI
HORA DE LEER
O curso escolar 2023/2024, a hora de ler, realizouse todos os días despois do recreo co obxectivo prioritario Contribuír ao fomento do gusto pola lectura.
A configuración da hora de ler estará deseñada pola mestra Marta Herrán López, titora de 1º E.P. os luns, xoves e venres e Mª del Mar Pereira Gil os martes centrándose nos seguintes obxectivos
Obxectivos:
• Desfrutar dos nosos contos preferidos.
• Reducir o estrés, mellorar a concentración e incrementar o benestar emocional do alumnado a través de prácticas como o mindfulness e o yoga.
• Traballar os valores de respeto á natureza, amizade, tolerancia e compañerismo entre outros.
• Mellorar a lectura (comprensión e expresión lectora)
• Desenvolver a súa creatividade a través da expresión plástica.
• Ampliar o vocabulario a través dos contos.
• Traballar as emocións a través dos contos.
• Traballar a poesía.
• Coñecer as partes do cómic.
Actividades.
• Selección dos contos que lle gusten aos nen@s para traballar a saude e benestar un dos obxectivos de desenvolvemento sostenible.
• Lectura dos contos que @s nen@s traen da súa casa para compartilos cos seus compañeiros.
• Actividades de mindfulness antes de empezar a lectura para que l@s niñ@s estén máis concentrados e atentos na tarefa.
• Actividades de ioga para traballar os medos e inseguridades.
• Ler o conto en voz alta entre todos, a mestra ou algún compañeiro.
• Dramatizar algún dos conto.
• Actividades plásticas e creativas dos contos que traballamos.
• Escoitar o conto contado por outras persoas.
• Lemos poesía.
• Creamos poemas para o día da poesía.
• Iniciamos no cómic coñecendo as súas partes: viñetas, globos, espazo do narrador, onomatopeas, símbolos e liñas de movemento.
• Ler os contos que traemos para os nosos proxectos e aproveitalos para traballar algún contido que nos interese.
Temporalización.
Na hora de ler, que se realizou todos os días despois do recreo, de 12:00 a 12:20 traballamos os seguintes contos:
1º trimestre:
O primeiro conto que traballamos foi "Luuume". Comezamos coa xestión de emocións: Mama Pinza, Papa mestra Novelo e os seus amigos apagan o lume de Mixto e fanlle entender que enfadarse non é malo, o que non está ben é que a ira se apodere de ti. Como unha das mensaxes centrais destacouse a importancia de comprender as emocións e aprender a xestionalas. Despois de moitas lecturas, de comprender o conto, traballamos os personaxes (como falan, como se moven...) fomos a realizar unha representación aos compañeiros doutras aulas na biblioteca. Tamén fixemos unha bonita manualidade de todos personaxes que podedes ver neste enlace:https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2343. E comenzamos as técnicas de respiración, aprendendo a manter a calma mediante prácticas de mindfulness.
Tamén fixemos durante o Samaín 4 sesións de ioga para traballar os medos.
1º SESIÓN: Cando temos medos estamos fronte a algo que pensamos que é perigoso. Os medos son moi importantes porque nos protexen dos perigos, pero claro, as veces temos medos de cousas que non existen, que están na nosa imaxinación, algo que vimos nunha película pero que non ten nada que ver coa nosa realidade (de onde estamos e do momento no que nos atopamos). De aí a importancia de usar os ANTIMEDOS para que o medo non chegue a paralizarnos. Cando temos un pouco de medo o noso corazón vai un pouco máis rápido e aparécenos pensamentos negativos e con un pouco de drama (imaxinamos o peor que nos poden pasar). Cando temos un pouco máis de medo xa nos sentimos máis nerviosos, o noso corpo está máis tenso pero ainda podemos saír correndo e actuar. Pero cando sentimos moitísimo medo, este paralízanos e deixamos de facer cousas que nos gustan por esta emoción, aquí tamén nos poden axudar os ANTIMEDOS. Imos facer unhas sesións de IOGA para que estos medos non nos paralicen pero antes elaboramos unha lista de cousas que nos dan medo. Xa tes a lista feita? Pois agora imos coller 3 cores e rodeamos cunha cor o que nos da moito medo, con outra o que nos da pouco medo e coa última o que nos da medio medo. Unha vez teñamos feita a lista deixámola e comezamos a nosa clase de IOGA. Levantados e estirados na postura da montaña pomos a man dereita no noso corazón e aí respiramos. Cando temos medo sentímonos moi pequeniños e deixamos de confiar. Para confiar tapamos os ollos cun pano, comprobamos que non vemos nada e camiñamos se temos esterilla no borde da esterilla cos pes descalzos e senón arredor das mesas da nosa aula. Despois colocámonos no medio da esterilla e facemos un saúdo ao sol cos ollos pechados (entro no meu corazón, saúdo ao sol, saúdo á terra, como un sapo que salta a auga, arrástrase como unha serpe sssssssss, camiñando subo cara a montaña, ráscome as pulgas dunha perna, logo da outra e o sapiño volve saltar, adeus terra, adeus sol e volvo ao meu corazón) Que tal foi? Cada vez que facemos algo cos ollos pechados temos que confiar moito e entón é un ANTIMEDO moi efectivo.
2ª SESIÓN: Como podemos facer co noso corpo para non sentir tanto MEDO? Posturas fortes e valentes. Queredes aprender alguna? Precisamos un dado e respiramos na postura as veces que nos saen no dado.
1º Postura da árbore: é unha postura de forza e equilibrio que nos axuda a enraizar e sentirnos tan seguros coma umha árbore. Tiro o dado e respiramos as veces que nos toca. Unhas respiraciones nun lado e otras no outro.
2ª Postura do/a bailarín/a: Podemos usar a parede se perdemos o equilibrio (collemos o pe dereito coa man dereita e inclinámonos un pouquiño cara adiante, despois co outro pé)
3ª Postura do avión: unha perna estirada e a outra apoiada e os brazos na cadeira, primeiro cunha perna e despois coa outra. Tiramos o dado.
4ª Esta última e a máis complicada e tamén nos vai axudar a superar os nosos medos. Sentámos coa espalda apoiada na parede e tocamos os talóns. Despois colocamos as nosas mans onde están os nosos talóns na parede. Colocamos o interior dos cóbados mirándose e despois subimos con coidado a parede. Xa atemos máis confianza co noso corpo.
3ª SESIÓN
Quen é o animal máis valente? O LEÓN. Pois imos respirar coma él para sacar os nosos medos que non son reais. Sentados coas nalgas nos talóns collemos moito aire e ao exhalar soltamos un ruxido de león quitando todos os medos do noso corpo (mirando cara arriba e sacando a lingua cara abaixo) Repetimos as veces que nos fagan falta ata que xa non quede ningún rastro de medos.
4ª SESIÓN:
E coa nosa MENTE que pasa?
Cando temos moito medo temos moitos pensamentos e a maioría son negativos. Para limpar todos estos pensamentos a min axúdame moito RESPIRAR.
Temos 4, 5 obxectos por exemplo unha piña ou calquera cousa do outono que atopamos no bosque, unha pedra ou unha concha que colleramos na praia, un pauciño, unha folliña. Colocamos os obxectos nun lado e coas pernas dobradas en postura de ioga imos collendo os obxectos, colocámolos entre o peito (onde colocamos as mans para facer o aummm) e respiramos e imos deixando os obxectos no outro lado. A pedriña ten unha mensaxe moi especial, está escrito (Non teño medo, moi valente son) Esta frase vainos a axudar para os nosos medos así que repetímola varias veces (non teño medo coas mans no peito, moi valente son levantamos os brazos cara arriba e coas mans estiradas) Repetimos as frases por dentro e sen xentos. Repetir estas frases axúdanos a ter menos medos, a ter pensamentos máis positivos e sen medos no noso corazón. Teño máis confianza incluso se camino cos ollos pechados. Agora que xa fixemos estas actividades ANTIMEDOS volvemos a coller a nosa lista e agora podes ver se estas cousas che siguen dando tanto menos coma antes ou se alguna xa non che da medo. Revisámola e guardamos esta lista na nos casa nunha caixiña ou nun sitio para sacala e apuntar os novos medos que van aparecendo e seguimos revisándoa. Acórdate de facer as actividades ANTIMEDOS para que fuxan. Para rematar a sesión cantamos: Eu son único, eu son magnífico/ non hai ninguén coma min.Ti eres único, ti es magnifico/ Non hai ninguen coma ti.
2º trimestre:
Grazas. Historia dun rueiro; conta a historia sobre a convivencia e as relacións humanas. Unha historia sobre todos nós. Por mor dunha avaría inesperada, a vida do rueiro vai mudar totalmente. Grazas á curiosidade e á empatía, os veciños e veciñas van chegar lonxe, moi lonxe. E farano xuntos. A partir do conto, ademais de desfrutar da súa lectura, traballamos a comprensión e a descrición dos seus personaxes (como son, como van vestidos, que é o que lles gusta facer, onde viven…) e aproveitamos esa actividade para coñecer a nosa contorna, onde vivimos nós, como é a nosa casa nosos/as compañeiros/as.Disfrutamos coloreando e facendo os debuxos dos seus maravillosos personaxes que despois levamos para casa e así contarlle a historia a nosa familia.
3º trimestre:
Como neste trimestre a escritora de Xela. A superheroína de aldea Inma Soto ven a visitarnos a nosa escola traballamos antes o seu conto. Como Xela disfruta do espazo amable no que vive,o entorno rural xogando ao aire libre, observando os animaliños e coidando deles e da importancia de alimentarse ben (os vexetais da horta, os ovos das pitas, a carne da veciña e a mel do seu avó) para ser unha nena sá e forte. Traballamos o texto, a súa comprensión e fixemos un kahoot para avaliar a comprensión do conto, que elaborou o titor de 2º e que aos nen@s encantoulles. Tamén traballamos os animais que saían no conto facendo unha ficha de cada animal facendo un dibuxo, características físicas, tipo de animal, alimentación, maneira de desprazarse, forma de reproducirse e así traballamos o currículo de ciencias naturais. Durante todo o curso os nenos foron traendo os seus contos favoritos, que por suposto contáronllo os/as seus compañeiros/as. Estos contos foron:
- A toupiña que quería saber
- A xoaniña rosmona.
-La pandilla de los 11
-La montaña de libros más alta del mundo
- Erase una vez una sirena.
Tamén durante todo o curso fixemos todos os días unha actividade de mindfulness que @s nen@s xa necesitan e piden. Entre os exercicios realizados mostramos os seguintes:
- RESPIRACIÓN: Inhalo nun tempo e exhalo en dous e imos aumentando inhalo en 2 e exalo en 4 sempre cos ollos pechados… (a exhalación o dobre ca inhalación)
- OS CINCO DEDOS DA RESPIRACIÓN: Levanta a túa man e estira os dedos como una estrela. Co dedo índice da outra man traza ou dibuja imaginariamente a man que tes estirada. No proceso inhalas, sosten o aire uns segundos, retes arriba e exhalas baixando. Tomas una pausa corta nos puntos e vales da túa mano. Sacude agora as túas mans e avalia como te sentes. Senteste máis calmado? Ou necesitas facelo outra vez? Se é así, toma 5 máis.
- RESPIRACIÓN PRANAYAMA: nesta respiración obstrúense as fosas nasais cos dedos, primeiro unha e logo otra, inspirase pola dereita, retense o aire e logo exhalase pola esquerda, e despois en dirección contraria.
- RESPIRA MENTRES FAS FIGURAS: Imaxina un triángulo de tres lados: co dedo índice inhala subindo o triángulo, baixa retendo o aire e exhala completando o triándulo.
Ahora facemos un cadrado: inhala facendo o lado darriba, reteño metres baixo, exhala mentres fago o lado de abaixo e reteño mentres subo. Primeiro facémolo co dedo índice e despois coa mente. Por último facemos un círculo comezamos inhalando mentres facemos media circunferencia hacia a esquerda e exhalamos soltando o aire ata chegar a completar o círculo.
- RESPIRACIÓN DE PRETZEL : A respiración é a de Pretzel ou do Nó. O primeiro que imos facer é estirar os brazos cos polgares cara abaixo, cruza os brazos, entrelaza os dedos e sostén as mans. Pasa as mans por debaixo cara o corazón. Imos a soster o nó aquí, apreta ben e toma aire, aguanta o aire e logo relaxa completamente. Se estás de pé, tamén podes cruzar as pernas antes de tomar aire para facer o nó completo. Estas respiracións practicamolas mentres estén calmos, de esta maneira, será máis sinxelo usalas cando estén en momentos de alta ansiedade ou estrés. E canto máis vexan modelar estas respiracións, máis te imitarán.
- RESPIRACIÓN DE S.T.A.R.T.: As próximas respiracións son de Disciplina
Consciente (Conscious Discipline), un programa que ensina aos nenos a regular as emocións. E unha das cousas que ensinan é respirar co ventre ou diafragma - o cal chaman ser unha estrela.
Chámase a ESTRELA, en inglés, STAR, que polas letras significa Sorríe, Toma Aire e Relaxa.
Trátase de respirar profundo para inflar e desinflar a túa barriga. Para facelo ben vaite a axudar por unha man na túa barriga. O primeiro paso é sorrír, o que relaxa os músculos na túa cara e axuda a sentirse mellor no mesmo momento. Logo, toma aire (sinte como a túa barriga énchese e sae para fóra), e relaxa (deixa ir o aire e sente como a túa barriga vai cara adentro).
E concéntrate nunha exhalación máis longa, deixando que todo se vaia coa respiración: deixa ir o medo, a ansiedade, o estrés.
- Audios: Tranquilos y atentos como una rana como una rana de Eline Snel.. 3 Atentos á respiración. 4 O exercicio do spaguetti 5. O botón da pausa 7. Un lugar seguro…
- O MEU LUGAR SEGURO: (visualización)
Pechamos os ollos e pensamos nun lugar onde vivimos unha emoción onde estábamos moi a gustiño (na praia, no campo, na montaña, no parque…) Benestar edónico.
Unha vez que estás aí contempla: que estás vendo?, Gústache o que ves? Que escoitas? (o son da auga, a avoa batendo ovos para facer unhas galletas…) A que cheiras? (ao mar, a comida da mamá, o cheiro verde do campo….) Que sintes? Nas mans, nos pes, hai brisa… Recordamoslle o ben que se sinten. Esto podemolo repetir varias veces para desois cando estén mal vaian ao seu lugar seguro e así poder relaxarse. (É un METAMOMENTO)
- EXERCICIO COMER UNHA UVA PASA CON ATENCIÓN PLENA (KABAT ZINN)
- Entre outras.
Como conclusión, destacar a motivación que tiverom @s nen@s na hora de ler non só polos contos senón polas actividades de mindfulness . A valoración foi moi positiva tanto para nós como para eles e despois desta primeira experiencia pensamos continuar nos anos posteriores.
O curso escolar 2023/2024, a hora de ler, realizouse todos os días en horario de 12:00 a 12:20 horas, tendo como obxectivo no que buscamos espertar e realzar o gusto e o pracer por ler.
A configuración da hora de ler estivo deseñada polas titoras Mª Dolores Nieto Merino e Iria Pérez Rodríguez, esta última só durante o primeiro trimestre, xunto a profesora de AL Natalia Castro Martínez, centrándonos nos seguintes obxectivos
Obxectivos:
Actividades.
Temporalización.
Na hora de ler, que se realizou todos os días utilizáronse os seguintes libros:
1º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
2º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
O Club de lectura de 5º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como sexto libro “O destino de Kameko” de Abel Alves da editorial Aira.
O libro foi traballado no mes de maio de 2024. Con este libro intentamos iniciar ao alumnado no mundo co cómic en galego e nunha temática como é o mundo oriental, como é Xapón que tanta curiosidade lle produce. O destino de Kameko conta a historia de Chiharu é unha moza orfa salvada da morte por unha misteriosa guerreira. Ao longo de libro xurdiran incógnitas como Quen é esa nena que leva sempre unha tartaruga no alto da cocorota? Por que quere apreixala o máis desapiadado asasino do imperio?
Actividade 1: Lectura
Lectura colectiva en voz alta.
Actividade 2: Análise das personaxes
A presentación das personaxes protagonistas e os comentarios que suscitou a súa chegada deu pé para traballar os prexuízos: entenderon perfectamente que as primeiras impresión son importantes, pero non definitivas e que, a maior parte das veces, as cousas non son o que parecen centrado na violencia de xénero dentro do seo dunha familia.
Actividade 3: Traballo de contidos da área de lingua
O texto serviu como práctica para traballar os contidos que estabamos dando na aula nese momento: os verbos (tempos verbais, conxugacións), pronomes, tipos de oracións.
Actividade 4: Ilustración
O alumado realizaron debuxos das personaxes en diferentes situación e con diferentes calidades, o que nos permitiu afondar nos contidos relacionados cos adxectivo.
Actividade 5: Elaboración da guía de lectura.
O alumado realizou dixitalmente a guía de lectura deste libro.
Actividade 6: Elaboración do audiolibro.
O alumado realizou dixitalmente o audiolibro.
Actividade 7: Concurso sobre o libro.
O alumado realizou por grupos o concurso sobre a compresión do libro.
Actividade 8: Kahoot.
O alumado realizou individualmente a compresión do libro a través do Kahoot.
EN GALEGO:
https://kahoot.it/solo/?quizId=d2898715-a4c1-42f6-ad0c-6618018e4915
EN CASTELÁN:
https://kahoot.it/solo/?quizId=9fc4fe41-f728-4789-89c1-2f2a30b51ae6
Actividade 9: Conclusión/valores
Despois da lectura fixemos un mapa conceptual sobre os valores que se poden extraer da historia.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2503
O Club de Lectura do 5º Ciclo continúa coa seu interese pola lectura durante o Curso 2023/2024
O Club de Lectura de 5º de Educación Primaria, neste curso decidiu identificarse como os Sueriños experimentando unha notable madurez durante o curso académico 2023/2024.
Durante este ano escolar, o club explorou unha variedade de libros cativadores, abordando temas que espertaron a curiosidade e o interese centrados nos temas relativos aos ODS 2030. Os títulos traballados incluíron unha selección diversa que podedes consultar máis abaixo.
Un dos aspectos máis destacados foi a continuación e o éxito dos concursos de animación á lectura, organizados como actividade final despois da lectura de cada un dos libros seleccionados. Estes concursos non só incentivaron a comprensión e o goce coa lectura, senón que tamén fomentaron a participación activa e a creatividade entre o alumnado.
Ademais, como parte das actividades do club, incorporouse a gravación de lecturas (Audiolibros) de algúns dos libros utilizando o programa Audacity. Esta iniciativa non só mellorou as habilidades de lectura en voz alta do alumnado, senón que tamén contribuíu significativamente a elevar o nivel lector de todos os participantes así como o acceso do alumnado á lectura atendendo así a atención a diversidade dos seus e súas compañeiros e compañeiras de colexio.
En resumo, o Club de Lectura de 5º de Educación Primaria éi unha experiencia enriquecedora e exitosa para todos os implicados. A combinación de actividades innovadoras, concursos emocionantes e unha coidadosa selección de lecturas contribuíu a fomentar o amor pola lectura e o desenvolvemento integral do alumnado.
A continuación, encontraredes unha lista dalgunhas das actividades realizadas este ano no club:
Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria convértense en artistas da banda deseñada
O alumnado de 1º e 2º do Mnuel Sueiro embarcáronse nunha emocionante viaxe ao mundo da banda deseñada, aprendendo a crear as súas propias historias a través de debuxos, globos de diálogo e onomatopeas.
Nesta divertida actividade, os pequenos e pequenas artistas descubriron os elementos básicos do cómic, dende as viñetas que enmarcan cada escena ata os globos que dan voz aos seus personaxes.
Aprenderon a diferenciar entre os diferentes tipos de globos, como os de diálogo para as conversas, os de pensamento para mostrar o que están a imaxinar, ou os de voz baixa para os susurros. Tamén practicaron a creación de onomatopeas, esas palabras que imitan sons como "boom", "crash" ou "miau", para dar máis vida ás súas historias.
Para completar as súas obras de arte, o alumnado incorporou símbolos que transmiten emocións, como corazóns para o amor ou raios para o enfado, e liñas de movemento que indican a acción que está a ocorrer.
O resultado final foi unha colección de cómics cheos de creatividade e imaxinación, onde cada viñeta conta unha pequena historia e cada personaxe ten algo que dicir.
1º PREMIO FASE REXIONAL
Por cuarto ano consecutivo, o alumnado de 5º E. Primaria acadou o 1º PREMIO na súa "FASE REGIONAL" dos "Premios Ejército 2024", obtendo así o pase á Fase Nacional da que resultaron gañadores os dous últimos anos.
No curso 2020-2021 gañaron por primeira vez a Fase Rexional e quedaron finalistas na Fase Nacional cun proxecto titulado “SI FUERA FÁCIL, LEERÍAN OTROS”, no que destacaron o traballo que mulleres e homes da Base Gabriel de Castilla desenvolven na Antártida, coidando ese ecosistema tan fráxil.
No curso 2021-2022 acadaron o 1º premio na súa Fase Nacional co proxecto “DE BASE A BASE E LEO PORQUE ME TOCA”. Nesa ocasión o proxecto poñía de relevo a importancia do persoal da Base Cid Campeador na escavación no xacemento de Atapuerca.
O curso 2022-2023 decidimos valorar o traballo do persoal da Base Oroel San Bernardo en Jaca a prol da inclusión das persoas con discapacidade visual cun proxecto títulado “MIRANDO SIN VER”.
Este curso o proxecto gañador leva por título “MIS PIES JUNTO A LOS TUYOS”, destacando o coidado dos máis débiles, en especial, nenos e nenas nas zonas de conflito internacional. E onde son precisos axudan na construción de pozos de auga potable, protección de almacéns de alimentos, creación de hospitais, ...
Despois do fallo do xurado nacional daremos conta de todo o noso traballo, resulte gañador ou non.
MOITA SORTE!
1º Premio Rexional
O Club de Lectura do 1º Ciclo experimenta un impresionante crecemento e éxito durante o Curso 2023/2024
Tras o éxito do curso anterior, o Club de Lectura do 1º Ciclo experimentou un notable crecemento e consolidación durante o curso académico 2023/2024. A participación e o entusiasmo do alumnado alcanzaron niveis sen precedentes, convertendo esta iniciativa nun pilar destacado dentro do programa educativo.
Durante este ano escolar, o club explorou unha variedade de libros cativadores, abordando temas que espertaron a curiosidade e o interese dos mozos lectores. Os títulos traballados incluíron unha selección diversa que podedes consultar máis abaixo.
Un dos aspectos máis destacados foi a continuación e o éxito dos concursos de animación á lectura, organizados como actividade final despois da lectura de cada un dos libros seleccionados. Estes concursos non só incentivaron a comprensión e o goce coa lectura, senón que tamén fomentaron a participación activa e a creatividade entre o alumnado.
Unha innovación notable este ano foi a introdución de técnicas de relaxación antes da lectura, utilizando técnicas de mindfulness. Esta práctica permitiu que os nenos e nenas se prepararan mentalmente para a lectura, creando un ambiente propicio para absorber e disfrutar das historias.
Ademais, como parte das actividades do club, incorporouse a gravación de lecturas de algúns capítulos dos libros utilizando o programa Audacity. Esta iniciativa non só mellorou as habilidades de lectura en voz alta do alumnado, senón que tamén contribuíu significativamente a elevar o nivel lector de todos os participantes.
En resumo, o Club de Lectura do 1º Ciclo foi unha experiencia enriquecedora e exitosa para todos os implicados. A combinación de actividades innovadoras, concursos emocionantes e unha coidadosa selección de lecturas contribuíu a fomentar o amor pola lectura e o desenvolvemento integral do alumnado.
A continuación, encontraredes unha lista dalgunhas das actividades realizadas este ano no club:
Éxito na Implementación da "Hora de Ler" en 2º de Ed. Primaria
Na aula de 2º de Ed. Primaira levouse a cabo con gran éxito a implementación da "Hora de ler", unha actividade diaria que se realiza entre as 12:00 e as 12:20 horas co obxectivo de fomentar o amor pola lectura e desenvolver as competencias literarias no alumnado.
Durante esta actividade estruturada, os nenos e nenas gozaron dun tempo dedicado exclusivamente á lectura autónoma cunha selección de materiais adaptados á súa idade e nivel. Libros, revistas, contos e outros recursos foron proporcionados para enriquecer a experiencia dos alumnos de primeiro.
O ambiente na aula transformouse nun recanto acolledor de lectura, deseñado para que os alumnos e alumnas se sentiran cómodas e estimuladas durante a actividade. Ademais, o profesorado estivo presente para ofrecer orientación, apoio individualizado e fomentar o intercambio de ideas entre os lectores sobre os libros lidos.
Entre outras, destacamos as seguintes actividades:
Os resultados foron extraordinarios. Observouse un notable aumento do interese pola lectura entre o alumnado ao longo do curso. Manifestaron entusiasmo pola selección de libros e compartiron activamente as súas experiencias cos seus compañeiros. Do mesmo xeito, observáronse melloras significativas na comprensión lectora e na ampliación do vocabulario.
A "Hora de ler" non só estimulou a imaxinación e a creatividade dos estudantes a través da lectura de diversos xéneros literarios, senón que tamén sentou as bases para desenvolver habilidades de lectura independente desde unha idade temperá.
En conclusión, esta iniciativa foi todo un éxito para fomentar o amor pola lectura e o desenvolvemento de competencias literarias no alumnado de segundo. Recoméndase continuar promovendo a lectura como unha práctica habitual na aula, dado que contribúe de maneira significativa ao desenvolvemento integral e ao enriquecemento cultural e lingüístico dos e das estudantes.
O Club de lectura do 1º ciclo mergúllase nas aventuras de "Lobo Ramón"!
Os lectores e as lectoras do Club de lectura do 1º ciclo están inmersas nunha emocionante viaxe polas páxinas de "Lobo Ramón", obra da recoñecida autora María Canosa. Nesta ocasión, os pequenos e pequenas lectoras non só están a gozar da historia, senón que tamén están a aproveitar a oportunidade para perfeccionar as súas habilidades lectoras.
Para mellorar a súa fluidez lectora, os estudantes están a gravarse lendo utilizando a aplicación Audacity. Desta forma, poden identificar os seus erros de pronunciación e entoación e traballar na súa corrección. Ademais, están a empregar o caderno de lectura proporcionado pola editorial Loqueleo para avaliar a súa comprensión do texto.
Unha vez rematada a lectura do libro, o Club de lectura dedicará unha sesión a compartir as súas impresións sobre a historia e a participar no tradicional concurso de animación á lectura, unha actividade que sempre esperta gran entusiasmo entre os nenos e nenas participantes.
Sen dúbida, esta experiencia lectora está a ser enriquecedora para as persoas participantes do Club de lectura, permitíndolles non só gozar da literatura infantil, senón tamén desenvolver importantes habilidades para a súa aprendizaxe.
RECURSOS PARA TRABALLAR O LIBRO