O Xoves de comadres o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria desprazouse ata a Praza Maior de Ourense para participar na actividade que organizou a Concellería de Educación para celebrar o Xoves de comadres.
Nesta ocasión foron as nenas as que correron detrás dos nenos para destruirlles as súas comadres. Poucos foron quen de deixar intacta a súa comadre.
As comadres nos medios de comunicación
Ao longo da semana do Entroido os mecos do noso cole ditaron as ordes que tiñamos que cumprir para poder entrar a traballar. Cabeza, pescozo, extremidades e todo o corpo foron as partes da nosa anatomía cara onde se dirixiron as ordenanzas destes dous "mandaríns".
Na seguinte galería de imaxes podedes observar con máis detalle os nosos cumprimentos.
O 15 de febreiro tivemos na biblioteca un obradoiro para realizar as comadres e compadres do Entroido. Dito obradoiro foi dirixido polos monitores de Ocitem que contratou a Concellería de Educación.
Este ano serán as nenas as que corran destras dos nenos para destruírlles as súas comadres; eles, pola contra, tratarán de defender as súas comadres para que queden ilesas despois da persecución.
Esta actividade será realizada o xoves de comadres na Praza Maior de Ourense, e nela participará o alumnado de varios colexios do concello de Ourense.
O alumnado de 2º e 4º de Ed. Primaria participou no Xoves de compadres que organizou a Concellería de educación de Ourense.
En total fomos máis de 300 nenos correndo detrás das nenas para destruírlle o compadre, que previamente fora elaborado nas aulas nun obradoiro sobre o Entroido.
Case ninguén conseguiu salvar ao seu compadre!!
Pasámolo xenial. Para o ano voltaremos á Praza Maior.
Na prensa
Nas semanas previas ao entroido o alumnado de 2º e 4º de Ed. Primaria participou nun obradoiro realizado na biblioteca escolar, coa colaboración de monitores facilitados pola Concellería de Educación, co fin de elaborar os mecos que iamos empregar na celebración do Xoves de compadres.
Os neos realizaron as comadres e as nenas os compadres cos que participaron no Xoves de Compadres que tivo lugar o penúltimo xoves anterior ao Entroido.
Os mecos do Manuel Sueiro volveron tomar protagonismo na semana do entroido no cole. Todos os días publicaron puntalmente as súas mandas...
...non nos esquecemos de visitalos para poder cumprilas.
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres |
GALERÍA DE IMAXES
O último venres de febreiro, realizamos na pista polideportiva do cole a Festa do Entroido conando coa presenza de case toda a Comunidade educativa do centro.
Previamente ao desfile de disfraces, todo o alumnado, grazas á colaboración das familias, degustou dos exquisitos doces de Entroido elaborados para a ocasión.
Despois da degustación, tivo lugar no pavillón polideportivo o desfile de de disfraces. Este ano a temática era moi variada, pero tendo sempre como punto de referencia o PDI que estamos a desenvolver desde a biblioteca: "O Sueiro: onde a lectura é arte".
Para rematar, tivo lugar o tradicional baile de disfraces, onde, nenos e maiores, movemos o esqueleto ao ritmo da música do noso DJ particular.
Na seguinte Galería de imaxes podedes observar o ben que o pasamos.
O Xoves de comadres, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, asistiu á Praza Maior de Ourense para participar nas actividades que organizou o Concello e dirixidas por Sabela e os seus colaboradores.
Nesta ocasión, como manda a tradición, foron as nenas as que perseguiron aos nenos para destruírlles as súas comadres. Como eramos moitos nenos, fixemos dúas carreiras.
Ao final, só uns poucos nenos conseguiron deixar intactas as súas comadres dos impetuosos ataques das nenas.
Saímos nos informativos da TVG de galicia: