Neste curso traballamos en galego a alimentación saudable e a obesidade infantil con "Gordiño recheo" (Fina Casalderrey) da editorial SM.
En castelán, traballamos o libro de Anna Manso "El último violín" da editorial Anaya.
A poesía chogounos da man de Paco Velázquez con "Rebelión en la escuela" libro de poemas adicado a obxectos e material de aula, onde foron quen de engadir algúns versos.
O emprego das Tic ven da man de Chocolata (Marisa Núñez) ed. OQO que estamos desenvolvendo neste momento.
Tamén temos pendente de ler "El Lazarillo contado a los niños" (Rosa Navarro) ed. Edebé.
A HORA DE LER é un tempo que gusta a todo o alumnado independientemente da velocidade lectora, a maior ou menor capacidade de comprension lectora, e polo xeral as actividades que se propoñen teñen moi boa aceptación na aula.