Ola familias!!
Aquí estamos outra semana máis para ensinarvos o que fixemos na clase de 5º de Infantil
No proxecto do corpo humano, lembramos as cousas que aprendimos coa charla de María sobre os bebés, e fixemos entre todos na asemblea o ciclo da vida: tiñamos que colocar as fotos por orde, dende o óvulo e o espermatozoide ata o bebé fóra da barriga. Tamén aproveitamos e lemos algúns dos contos que nos deixou.
Ademais, a profe púxonos unha chea de fotos mesturadas de nenos e nenas, de bebés e maiores... Eramos nós!. Debatimos sobre como imos cambiando co paso do tempo e xogamos a atopar as fotos dos compis. Gustounos moito ver as nosas fotos de cando eramos bebés e ensinarllas aos nosos amigos e amigas!.
Despois, tamén ordenamos as nosas fotos e fómolas pegando para crear a secuencia ''Así fun medrando''.
Seguindo coa proposta do proxecto, para comprobar canto crecemos, tiñamos un reto: buscar o número que aparece no noso zapato.
Descubrimos que non todos temos o mesmo número de pé, e así o fomos rexistrando na pantalla. Iso permitiunos establecer comparacións sobre quen tiña a talla máis grande ou a máis pequena, así como atopar as tallas iguais. Unha maneira máis divertida e vivencial para traballar á vez os contidos de lóxica-matemática.
Despois rexistrámolo sobre o papel, facendo a silueta da nosa pegada e decorándoa con rotus como máis nos gustaba, e por último, tiñamos que atopar as gomets cos nosos números e pegalas.
Esta semana tamén tivemos tempo para facer moitas propostas de debuxo. Empezamos facendo a secuencia do esquema corporal do mes de Outubro e algún ata xa se atreveu a recortalo soíño!, despois, pegámolo sobre o fondo de outono que fixeramos a semana pasada.
E fixemos debuxos de contos. Esta semana lemos dous de Samaín, unha temática que nos encanta: El fantasma de las bragas rotas e Guapa.
E xa que falamos do Samaín, sabedes que? Apareceron elementos terroríficos na nosa clase!: grilanda de cabazas, luces de pantasmas, esqueletos, bruxas, e bechos e caldeiros no minimundo...
Nós tamén queriamos decorar, así que na clase de arte fixemos uns monstros con manchas de pintura. Para darlles forma tiñamos que soprar por unha palliña, traballando á vez o control e intensidade do sopro e a respiración.
Cando secaron, pegámoslles os ollos e fixémoslles unhas bocas terroríficas, e xa só quedaba pegalos na nosa porta. Que chula nos quedou!
Outra das propostas da clase de arte consistía no grafismo creativo: decorar vendas da momia con diferentes trazos segundo o número que nos tocaba no dado: subitización, psicomotricidade fina, toma de decisións, grafía dos números, lóxica-matemática...
E seguimos xogando e aprendendo en equipo con diferentes propostas de Samaín:
Actividades de ABN na pantalla dixital e tarxetas de conteo, para traballar a lóxica-matemática: cálculo e asociación de grafía-cantidade.
Lince, Memory de Samaín e Torres con cabazas: desenvolvemos o vocabulario básico relacionado e traballamos a atención, a memoria... prerrequisitos básicos para despois desenvolver a linguaxe oral e escrita.
Tarxetas de vocabulario e letras móbiles para formar palabras de Samaín, traballando así a lectoescritura.
E por último, un xogo en gran grupo: Kabooh de Samaín!, unha adaptación do xogo de cartas Kaboom, no que un a un vai collendo unha carta, pero se che toca a carta da bomba tes que darlle todas as túas cartas ó compi que tes á dereita; e ó final, gaña o xogador que teña máis cartas.
Traballamos o xogo en equipo, tempo en espera, vocabulario, razoamento básico, cálculo para saber quen gañou, e tamén a frustración, xa que aínda que a todos gústanos moito gañar, non sempre se pode; pero xa aprendimos que o importante é pasalo ben cos amig@s!
No proxecto de Venezuela, esta semana coñecemos a moeda que utilizan. Aprendemos que nós utilizamos euros e eles unha moeda chamada Bolívar. Entre todos escribimos a palabra e coloreamos: traballo en equipo!.
Na clase de valores, rematamos as propostas sobre a verdade e a mentira recoñecendo imaxes establecendo se eran verdade ou mentira, traballando así a comprensión. Despois cada un de nós tiña que decir unha frase e os demais adiviñar se era unha verdade ou unha mentira, e finalmente fixemos uns debuxos de cousas que son mentira: como unha pelota cuadrada ou un amorodo azul.
E o día 24 foi o día das bibliotecas escolares e fomos á biblioteca do cole cos amigos de 3 e 5 anos para facer unha formación de usuarios. A profe Andrea explicounos as normas básicas da biblioteca e déronnos unhas tarxetas para poder colocalas cando collamos un libro para ler. Moitas grazas!
E grazas tamén aos compañeiros de 3º e 4º de primaria, que o venres montaron un mercadillo de Samaín no que vendían moitas cousas creadas por eles para un proxecto que levarán a cabo... ata había un photocall e un posto para pintar as uñas. Gustounos moito ir visitalo e démoslles os parabéns polo esforzo realizado.
Ata a semana que vén familias! Que vos prometemos que será curta pero moi moi intensa... jejeje
Ola familias!!
Esta semana o Samaín estivo moi presente en moitas das propostas de aula, pero tamén tivemos tempo para seguir co proxecto do corpo humano e moito máis.
Na asemblea engadimos unha tarefa máis para o encargado/a: formar un número con decenas e unidades. Para iso primeiro falamos do que era unha decena e formamos cada un/unha de nós unha con paus depresores de cores.
Tendo listo iso, xa podemos formar calquera número.
Ademais tamén lembramos e repasamos o que nos contou a mamá de Pepa o venres pasado. E que mellor forma de facelo que de forma manipulativa ordeando todo o proceso do embarazo, desde que se unen óvulo e espermatozoide, ata o momento do parto, pasando por cada mes de embarazo.
Tamén limos algún dos libros que nos deixou a mamá de Pepa, lembrando e reforzando o aprendido.
Outra das propostas foi desconxelar ollos que estaban en bloques de xeo con formas de Samaín. Para iso empregamos as pipetas e auga, botádolle pingas de auga ao bloques de xeo para que se desconxelasen. Canto traballamos as mans neste tipo de actividades, sen esquecer a paciencia e a concentración.
Ç
E seguimos reforzando a orientación espacial, a direccionalidade e o pensamento computacional, con esta proposta na que partindo dunha imaxe de Samaín e tendo en conta as flechas, tiñamos que seguir dito percorrido nun panel ata ver ata que outra imaxe chegábamos, e buscala entre outras moitas.
Ç
Conteo, subitización, asociación de grafía- cantidade estiveron moi presentes nesta proposta onde tiñamos que tirar os dados, contar ou identificar a cantidade que aparecía e poñer tantas pantasmas como indicaba o dado. Tamén podemos observar en que fase do conteo nos atopamos e poder seguir avanzando.
Outra das novidades desta semana foi que comezamos a aprender a escribir o noso nome en minúscula. Primeiro a profe nos indicaba o camiño a seguir en cada letra e logo o intentamos nós. Somos uns campións e campioas!!
Como xa vimos como vai cambiando o bebé durante o embarazo, tamén tiñamos que ver como cambiamos nós ao longo deste 5 anos. Así que, grazas ás familias que nos deixaron unha fotos de cando nós éramos máis pequerrechos e coas fotos que ten a profe de nós destes casi 3 anos en infantil, fixemos unha actividade de secuenciar o noso crecemento, pero antes tivemos que buscar as nosas fotos entre todas as que estaban dispersas pola aula.
Xa despois as ordeamos e as pegamos nuha folla para poder deixar rexistro. Que importante é saber ordear de forma cronolóxica unha imaxes para comprender o paso do tempo.
Esta semana tamén houbo un minimundo dun cemiterio con pantasmas, vampiros, gatos e ata un ataúde, no que puidemos desfrutar e desenvolver a nosa imaxinación e o disfrute do tempo cos nosos compañeiros/as.
As torres de cabazas con diferentes expresións permitíronnos traballar a atención, a concentración e a paciencia. Casi nos custou un pouco máis devolver cada cabeza ao seu recipiente que crear a torre.
Como proposta de lectoescritura para seguir avanzado neste senso, tivemos que formar o nome de obxectos de Samaín coas letras dadas.
Tamén preparamos os nosos marcadores para cando collamos un libro na biblioteca do cole, poidamos saber quen o colleu e onde o ten que volver colocar cando o devolva.
Con respecto ao proxecto de Perú, esta semana rematamos unhas tarefas que tiñamos pendentes como decorar a bandeira con papel de celofán, recortando anaquiños pequenos e pegándoos, ademais de darlle nome a cada ser vivo da fauna deste país que coñecimos a semana pasada, e sempre traballando en equipo. Así, lembramos o traballado ata este momento e reforzamos as nosas mans e a lectoescritura.
E chegou o 24 de outubro, Día das Bibliotecas. Grazas á profe Andrea puidemos coñecer como se organiza este espazo, como temos que deixar todo, cumprindo así as normas, e como usamos os marcadores que elaboramos o día anterior.
Este día tamén tivemos tempo para crear figuras terroríficas co lego, traballar a direccionalodade e a coordinación óculo manual coas labirintos, e a atención buscando as 3 diferenzas entre dúas imaxes.
En valores, demos por rematado o mes da Verdade e Mentira, e para iso distinguimos entre unha e outra e fixemos debuxos verdadeiros ou falsos, que os demais tiñan que dicir de qué se trataba.
Os trasvases son moi importantes no noso desenvolvemento, pois nos permiten traballar a coordinación óculo manual e aumentar as destrezas coas nosas mans, aspectos importantes para a escritura. Así, puidemos xogar co arroz e os botes de cabazas para enchelos e vacialos cantas veces quixeramos.
Seguimos coa atención con este lince de Samaín, no que atopamos moitisimos elementos.
E xogamos a un xogo de mesa coa temática principal desta semana, na súa versión do memory. O xogo chámase "El castillo del terror" no que tiñamos que cazar monstros conseguindo 1, 2, 3 ou máis elementos como linternas, apócemas, cadeas... Pero estes elementos estaban boca abaixo escondidos. Se lle dábamos a volta a unha carta e aparecía un elemento que necesitábamos seguiamos collendo, senón as volteamos outra vez e pasaba ao seguinte xogador. Pero que pasa se un de nós lle daba a volta a un elemento que necesitaba outro comapñeiro/a, pois que este tiña que estar moi atento para poder darlle a volta e conseguir cazar ao seu monstro. Temos que dicir que algúns monstros foron capturados.
Que importante e saber xogar en compañía doutros e sempre respectando as normas.
A lectura desta semana foi "El fantasma de las bragas rotas", do cal despois fixemos un debuxo para que a profe poida ver como empregamos o espazo no papel, a comprensión lectora e o uso das cores. A maioría debuxou á pantasma e a avoa, a que salvou a Villa Pesadilla.
As mandalas permiten desenvolver a creatividade, e nesta ocasión creamos unhas con elementos de Samaín como arañas, cucuarachas, gusanos e moscas.
Nesta proposta de lectoescritura seguimos afianzando a conciencia fonolóxica, identificando a inicial de diferentes imaxes de Samaín, algún/algunha incluso formou palabras enteras.
Buscar imaxes ocultas nos gusta e iso tivemos que facer nesta proposta. Coa axuda da linterna dun móbil, víamos a imaxe, e logo buscabamos o seu nome, avanzando pouco a pouco na lectura.
Como proposta de arte, decoramos as vendas dunha momia con grafismos creativos de diferentes cores. Pero para saber que grafismo realizar xiramos un dado na pantalla e segundo o número que saise faciamos triángulos, liñas, círculos...
E para rematar o día, acudimos ao mercadillo que os nosos compis de 3º e 4º montaron para recaudar fondos. Tiñan pulseiras, chaveiros, pintaban as unllas... Unha experiencia diferente.
Vémonos a próxima semana que é curta pero intensa, jeje.
Ola familias! Xa estamos aqui despois doutra semana de cole chea de cousas novas.
Esta semana traballamos a lóxica - matemática a través de diferentes propostas. Por unha banda utilizamos estes ourizos aos que tiñamos que poñerlles tantos pinchos (pinzas) como nos indicase o número representado no mesmo. Doutra banda, tamén traballamos o cálculo e a asociación grafía - cantidade cunhas tarxetas de outono, nas que deberiamos contar os elementos e despois marcar cunha pinza o número correcto. Por último, utilizamos uns paus depresores nos que tiñamos que fixarnos moito para atopar as dúas metades que formaban figuras simétricas.
Outra das propostas para traballar a atención foi a través da caixa de area, onde tiñamos que copiar diferentes grafismos representados nunhas tarxetas.
Tamén seguimos traballando a través da pantalla dixital, neste caso identificando o número representado no dado e na man, e buscando despois onde había ese número de lapis.
Para traballar a lectoescritura partindo do noso nome, realizamos unha actividade na que tiñamos que cortar anaquiños pequenos de papel coas nosas mans, traballando así a motricidade fina, para despois pegalos aos poucos seguindo a orde e a grafía das nosas letras.
O martes foi o día das escritoras e cando chegamos ao cole…. SORPRESA! Tiñamos unha carta no noso recuncho de asemblea!! Esta carta deixáranola unha escritora, pero non sabiamos de quen se trataba… lemos todas as pistas que nos deixaba a carta e estivemos a investigar un pouquiño: sabiamos que era escritora, avogada e mestra; que naceu en Vigo e que a protagonista dun dos seus contos chámase Rosalía, como Rosalía de Castro! Ademais, esta escritora visitara o noso cole anteriormente pero nós non estabamos no cole aínda… así que emprendemos rumbo á biblioteca e xunto cos compis da clase de 5º de infantil descubrimos que se trataba de Paula Merlán! A profe Noe leunos un dos seus contos: Wanda e a abella misteriosa, e gustounos moitísimo.
Continuamos co proxecto do corpo humano con esta actividade que vedes a continuación. En primeiro lugar tivemos que picar as partes do noso corpo e despois cun modelo xa resolto, identificamos en que lugar atopábase cada palabra e pegámola no oco correspondente. Para isto tiñamos que fixarnos nas letras que compoñían cada palabra, comprobando así se dúas palabras eran diferentes ou iguais.
Para lembrar as partes do corpo traballadas tamén fixemos unha actividade moi divertida. Neste caso nosa compi Julia, que era a encargada, tombouse no chan e rodeamos todo o seu corpo de bloques para formar a súa silueta. Despois, fomos identificando e colocando diferentes tarxetas do corpo humano na silueta de Julia. Foi moi divertido!
Esta semana tamén apareceron na nosa clase novas propostas dunha temática que nos encanta: Samaín. Neste caso tiñamos diferentes tarxetas de imaxes relacionada con samaín acompañadas da súa palabra escrita, de forma que tiñamos que atopar as letras que a formaban. Tamén traballamos o cálculo e a asociación grafía - cantidade cun gorro de bruxa no cal tiñamos que poñer tantas estrelas como nos indicaban as tarxetas. Por último, traballamos a atención a través dunha actividade na que tiñamos que copiar unha serie formada por diferentes cabazas.
Outra das novidades desta semana é o proxecto de centro no que viaxaremos polo mundo. Neste caso, os nenos e nenas de 4º de infantil imos viaxar a…. BOLIVIA! Será desde a nosa clase, claro, pero imos aprender tantas cousas que será coma se estivésemos alí. De momento xa sabemos que Bolivia está moi lonxe e que teriamos que ir en avión. Ademais xa coñecemos a súa bandeira que ten tres raias de cor vermella, amarelo e verde. Entre todos os compis de clase pintamos a súa bandeira e gustounos moitísimo, xa que era a primeira vez que pintabamos con pincel. Fixémolo xenial!
Con todo o que traballamos en clase e con todo o que xogamos no patio, esta semana necesitabamos un pouco de calma, así que tivemos unha pequena clase de ioga. Axudounos a traballar a mobilidade do noso corpo coas diferentes posturas, e tamén puidemos relaxarnos para continuar co que quedaba de semana.
Xa case para rematar, en arte realizamos unha actividade de grafismos creativos empregando figuras circulares e pinturas de cores de outono. Quedáronnos así de chulos!
O venres tivemos unha visita moi especial no cole, a mamá das nosas compis Julia e Pepa (unha compi da clase de 5 anos) é matrona e visitou o noso cole para explicarnos unha chea de cousas sobre os bebés. Grazas a ela aprendemos como se fan os bebés, cales son os seus ingredientes, a súa casiña, o seu alimento…
Vimos como cambian os bebés ao longo do embarazo, como se alimentan a través do cordón umbilical, como é o seu latexo… e algúns compis ata puideron escoitar o seu!
Puidemos ver materiais moi interesantes, como este en o que puidemos ver como está un bebé dentro da barriga da súa mamá.
Tamén aprendemos que pasa finalmente cando xa nace o bebé, onde é moi importante o contacto pel con pel coa súa mamá ou o seu papá. Ademais aprendimos a cortar o cordón umbilical, o noso compi Rafa ofreceuse voluntario e fíxoo así de ben.
María tamén nos deixou unha chea de contos sobre como se fan os bebés, que iremos lendo ao longo da semana.
Moitas grazas por vir, encantounos a túa visita!!!
Finalmente, o venres levarnos para casa as nosas esculturas de outono!!
E antes de marchar, unha sesión de cinema cos nosos compis de 4 e 5 anos para ver “A filla do Grúfalo”.
Ata a semana!11
Ola familias!!!
Aquí estamos de novo para contarvos todo o acontecido esta semana, que non foi pouco.
Como sabedes a nosa asemblea é moi completa, e outra das rutinas que temos é escribir unha palabra que comece pola letra que nos puxo a profe na pizarra, despois de dicir como soa dita letra.
E seguimos facendo actividades de ABN na pizarra dixital.
Ademais tamén estamos lendo este libro no que aparece unha historia para cada letra do abecedario. Despois de lela dicimos palabras que comecen por dita letra e coñecemos a sua minúscula, avanzando tamén na conciencia fonolóxica.
O luns comezamos decorando mandalas de outono con elementos desta estación, traballando a atención, a creatividade, a motricidade fina, a paciencia...
Tamén traballamos a lectoescritura formando o nome de obxectos do outono con letras dadas.
E cada un dos equipos nos que nos dividimos para levar a cabo as diferentes propostas tivo que realizar diferentes tarefas nesta proposta que vos imos amosar.
O primeiro equipo tiña que debuxar a silueta dun compañeiro/a, pero quen sería o modelo? Como non nos poñiamos dacordo decidimos xogalo a pedra, papel, tesoira e gañou Roque, sendo el o noso modelo mentres nós lle repasabamos a silueta con lapis.
Aquí fomentamos o traballo en equipo, a toma de decisións, repaso do que levamos traballado do corpo humano e a paciencia e concentración.
Outro dos equipos debuxoulle as partes da cara e outras partes que considerba que tiña que ter, como por exemplo as unllas.
E o último equipo deulle cor a esa silueta tan chula.
Despois do recreo realizamos outras propostas como a de tirar un dado e rodear tantos puntos dunha folla como indicaba o dado; desta forma traballamos subitización (dicir o número de elementos que hay nun conxunto sen contalos), o conteo, a motricidade fina e a atención.
Xogamos ca platilina para que as nosas mans sigan collendo forza.
E traballamos a orientación espacial e a atención colocando elementos de outono nunha plantilla de cadrado segundo o modelo.
Esta semana tamén recibimos unha carta que non esperabamos. Límola e que dicía? Pois que tiñamos que descubrir que nos enviara a carta tendo en conta unhas pistas. E por que a carta? Pois para celebrar o Día das Escritoras, que se celebra o luns anterior ao 15 de outubro. Limos as pistas e cunha delas Roque nos dixo que a súa irmá tiña un conto na casa que cumplia esa pista (a súa protagonista chámase como a muller da que celebramos o seu día o 23 de febreiro). E quen é? Rosalía de Castro.
Entón buscamos en internet o libro que nos dixera o noso compañeiro e descubrimos que a súa escritora era Paula Merlán, a cal nos visitou fai uns aniños.
Para traballa a memoria e a atención xogamos a un memory do corpo humano.
E comezamos cos xogos de mesa. Nesta ocasión coñecemos o xogo de Galletas no que lle temos que dar de comer ao noso mosntruo tódolos alimentos que aparecen, e para iso temos que seguir unhas indicacións ata chegar a un alimento. O máis rápido en identificalo o leva. Con este xogo traballamos a atención e os movementos sacádicos (movementos rápidos que realizan os ollos para ir dun punto fixo ao seguinte, durante a fixación se len s letras ou palabras), tan importantes para a lectura, sen esquecer o respecto das normas.
E asociamos grafía - cantidade poñendo tantos pompóns como indica a nube.
Seguimos avanzando o proxecto de centro e coñecendo máis de Perú. Esta semana coñecemos a súa fauna e vimos un vídeo do zoo de Huachipa para coñecer que animais hai alí.
A atención é tan importane que realizamos unha ctividade na que tiñamos que unir uns obxectos coas súas sombras.
Nesta proposta que vedes tivemos que escoller tres obxectos do outono dunha bandexa, debuxalos, clorealos e escribri o seu nome, fomentando a concentracións, a representación dun obxecto, a creatividade e a lectoescritura.
E para que queriamos a silueta que fixemos o luns? Para poder situar nela os nomes das partes da cara e do corpo que levamos traballados, avanzando así na lectura pois o que tiñamos que facer era intentar ler un cartel co nome dunha parte do corpo e situala no seu lugar correspondente.
Estamos como locos co Samaín e esta semana decoramos a porta da nosa clase, realizanso ollos terroríficos de diferentes cores e tamaños e pegándoos na porta, quedou que da medo, jeje. Canto traballo de motricidade fina e creatividade.
Na sesión de valores seguimos coa verdade e a mentira e nesta ocasión tivemos que deixarnos levar por un circuito por un dos nosos comapñeiros/as e confiar en que nos dicía a verdade e non quería que chocáramos. Tamén xogamos a 1, 2, 3 zapatito quieto é, no que non facer trampas e estar moi quiero é a estratexia para chegar ao final.
Na proposta das simetrías tivemos que atopar as dúas metades duns paus depresores con diferentes figuras e cores e xuntalas, traballando a atención e a concentración.
E pintamos un fondo de outono con globos, cada un/ unha como máis lle gustaba, desenvolvendo a creatividade e a toma de decisións.
Mentres que uns/unhas pintaban con globos outros nos debuxabamos nunha folla en branco e logo repasabamos o debuxo con rotulador negro. Aquí traballamos a representación do esquema corporal de forma complete e se é con detalles moito mellor.
Esta semana tamén fixemos por primeira vez este curso o debuxo dunha descrición. A profe no la ía dicindo e nós a fomos representando, traballando a escoita activa, a comprensión lectora, a descrición en sí e a concentración.
E chegou o venres, día no que contamos cunha visita moi especial: María, a mamá de Pepa e Julia (unha compañeira de 3 anos), que nos veu a falar do embarazo e nos trouxo uns materiais moi interesantes.
Contounos todo o que é necesario para que un bebé se forme.
Explicounos cun xogo como se produce a unión entre óvulo e espermatozoide. No noso caso ían saír xemelgos, jeje.
Vimos como vai cambiando o bebé ao longo de todo o embarazo.
Como soa o latexo do corazón dun bebé.
E algúns compañeiros/as escoitaron o seu grazas a un aparato.
Puidemos ver e sentir como está un bebé dentro da barriga da súa mamá.
E como nos alimentamos e respiramos dentro da barriga de mamá? Pois a través do cordón umbilical.
Cando nacemos poñénnos unha pinza e nolo cortan e así o fixo o noso compañeiro.
E pasados os 9 meses o bebé nace, sendo moi importante o contacto pel con pel coa súa nai e co seu pai. E é importante que non colla frío, por iso se lle pon un gorriño na cabeza e así o fixemos nos bonecos que nos trouxo.
Que importante é manipular e experimentar para aprender!!
E ata nos deixpu unha morea de libros sobre este tema que miramos a vindeira semana.
Moitas grazas por vir!!! Encantounos a visita!!
Despois rematamos a actividade que fixeramos o día anterior: cortamos a nosa representación do esquema corporal e a pegamos no fondo que pintamos con globos.
Outra das propostas consistiu en unir puntos con cores do outono realizando liñas verticais e horizontais, traballando así a coordinacion óculo manual e a grafomotricidade.
Despois decoramos unha cabaza con gomets e a picamos, para, por último, pegala no fondo de liñas que fixeramos antes.
E como sucedue a semana pasada, esta tamén a rematamos cunha sesión de cine, nesta ocasión era "A filla do Grúfalo".
Ata a semana familias!! Que cremos que vai ser un pouco terrorífica, jeje.
Ola familias!
Aquí estamos unha semana máis con cousas novas que ensinarvos
Dentro das propostas de lóxico-matemática, traballamos por equipos, sempre cambiando de xogos para que todos puidésemos participar en todas as propostas:
1. Ourizos para identificar a grafía dos números do 1 ao 10 e colocar tantas pinzas como indicaban.
2. Lanzar o dado e coller tantos elementos de outono como puntos marcaba o dado.
3. Colocar tantas bolitas de plastilina como o número que marcaba o cogomelo.
4. Tarxetas de cálculo con vocabulario de outono.
5. Series lóxicas de 2 a 4 elementos con vocabulario de outono.
En lectoescritura seguimos traballando as nosas iniciais e as vogais. Coas casiñas, traballamos a conciencia fonético-fonolóxica e a discriminación auditiva, xa que tiñamos que colocar cada tarxeta no seu lugar, fixándonos moi ben como soaba a primeira letra...
Ademais, potenciamos o traballo en equipo, o tempo en espera e o respecto á quenda d@s compis.
O martes, foi o día das escritoras, e recibimos unha carta sorpresa dunha delas, con moitas pistas para adiviñar quen nola mandou: Paula Merlán!!. Así que fomos á biblioteca cos nosos amigos da clase da Profe Inés para atopar algún conto dela e poder gozar da lectura todos xuntos.
Na nosa clase tamén lemos o conto de sopa verde e despois fixemos o debuxo do mesmo. O protagonista era un coello que lle encantaba o verde e só comía alimentos desa cor... ata que un día a un moucho ocorréuselle facer unha sopa mesturando moitos ingredientes de todas as cores... e... que pasaría?
Seguimos co proxecto do corpo humano lembrando as partes do corpo que aprendimos a semana pasada. Fixemos todos xuntos a nosa silueta con bloques de construcións e con pinturas sobre papel continuo. Cando terminamos, colocamos tarxetas cos nomes das partes do corpo, traballando tamén a lectoescritura.
E nos ratiños libres, gozamos moito lendo e investigando cos nosos contos do corpo humano...
O mércores, na clase de valores, continuamos traballando conceptos como a verdade e a mentira. Fixemos unha actividade por parellas cos ollos vendados, na que tiñamos que ser sinceros cos compis, guiándoos correctamente polo espazo para que fosen esquivando todos os obstáculos.
Na clase de arte fixemos estampaxe con material de refugallo e témpera. O resultado foron uns fondos outonais chulísimos que nos servirán para colocar o noso esquema corporal do mes de outubro!
E tamén creamos mandalas con diferentes elementos do outono, fomentando a creatividade, a paciencia, motricidade fina... que bonitas!
O xoves empezamos o proxecto de centro deste ano, no que todo o cole viaxará a... América do Sur! A nosa clase tocaralle aprender moitas cousas sobre Venezuela que xa vos iremos contando. Vimos onde está no mapa e onde estamos nós... nin máis nin menos que 7.000 km de distancia! E temos que ir en avión vaia... por que está o mar polo medio, jijiji.
Tamén coñecimos a súa bandeira, e pintámola por equipos.
Ademais, tivemos tempo para xogar con propostas novas que fomentan a nosa forza e a psicomotricidade fina: ensartables, rodas de montaxe e bichiños con ventosas e pedras de cores para construir torres...
Xa para rematar a semana tivemos outra sorpresa relacionada co proxecto do corpo humano...! Veu a visitarnos a mamá de Pepa e Julia para contarnos unha chea de cousas sobre o seu traballo como matrona e sobre os bebés.
Aprendimos como se forman, como crecen dentro da barriga, como nacen... ata nos trouxo un aparello para escoitar o latexo dos nosos corazóns! Tamén varias maquetas para observar a placenta e o cordón umbilical e prestounos unha chea de contos que quedaron no cole para que poidamos lelos... Que sorte! Moitas grazas María!
E despedímonos cunha sesión de cinema en galego cos nosos amigos de 3 e 5 anos, hoxe vimos A filla do grúfalo.
Ata a semana!!