O CAFI deséxavos felices festas
Enviado por pablogulin a Mér, 16/12/2015 - 12:47Summary:
Summary:
Summary:
Datas:
Mércores, 7 de maio de 17 a 20 horas
Xoves, 8 de maio de 17 a 20:30 horas
Mércores, 14 de maio 17 a 20:30 horas
Lugar: CAFI, aula 11
Inscrición aberta ata o 22 de abril, 2025
Imparte: Chusa Pérez de Vallejo
Obxectivos
1.Fomentar a aprendizaxe activa das linguas poñendo o foco na comunicación oral e expresión corporal.
2.Empregar técnicas dramáticas que faciliten a interacción e a fluidez na comunicación.
3.Integrar ferramentas e metodoloxías comunicativas para desenvolverse en espazos culturais variados.
Contidos
1.Técnicas dramáticas aplicadas á ensinanza de linguas: role play, simulación, micro teatro, teatro improvisado.
2.Estratexias e recursos dramáticos que exercitan e facilitan a interacción lingüística.
3.Aplicación dramatizada das novas tecnoloxías: curtametraxes, cancións, vídeos de anuncios, películas, dobraxe.
4.Creación literaria desde a improvisación e traballo con textos literarios en escena.
Summary:
Este 21 de marzo, Día Mundial da Poesía evocamos a Chus Pato
cando o corpo rompe
cando o granito rompe
cando xa nada pode consolarno
nacemos
Chus Pato, Sonora.
Premio Nacional de Poesía, participará nos Obradoiros de mellora da competencia comunicativa do profesorado coa conferencia "Reflexións sobre Sonora". Podedes anotarvos en Fprofe. Código: G2402006 #cafilinguas
Summary:
Reaberta a inscrición para o curso G2401011: Agueiro como recurso didáctico, unha formación de 30 horas que se desenvolverá na Rede entre o 26 de marzo e o 15 de maio. Este curso ten como obxectivo afondar no uso da nova plataforma de Agueiro como ferramenta educativa.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 26 de marzo. As persoas interesadas poden consultar máis información e formalizar a súa inscrición en www.edu.xunta.gal/fprofe.
Summary:
A actividade Climántica: novos retos tras 18 anos educando sobre o cambio climático busca actualizar e mellorar a educación sobre o cambio climático a través de enfoques interdisciplinares e competenciais. Para iso, céntrase en adaptar modelos mentais clave ao ensino, analizar materiais didácticos creados con metodoloxías transversais e debater estratexias e proxectos en curso co apoio de Erasmus+ e da Secretaría de Estado de Educación. Tamén aborda a eficacia das políticas actuais de mitigación e adaptación, a dificultade de cambiar crenzas e actitudes, e a necesidade dun enfoque multidisciplinar para comprender os retos ecolóxicos globais e locais.
Summary:
Conferencias plenarias de apertura e peche.
Obradoiros cun enfoque práctico para a mellora da competencia comunicativa do profesorado complementados con charlas de carácter formativo.
Non faltedes!
Última semana para inscribirse no curso en Rede G2401067 Perfecciónate en eTwinning, que se desenvolverá entre o 2 de abril e o 6 de maio.
É unha actividade de 20 horas para a que se require ter formación ou experiencia previa en eTwinning.
O prazo de inscrición remata o luns 17 de marzo.
Inscrición e información en www.edu.xunta.gal/fprofe.
Summary:
Última semana para inscribirse no curso en Rede G2401067 Perfecciónate en eTwinning, que se desenvolverá entre o 2 de abril e o 6 de maio.
É unha actividade de 20 horas para a que se require ter formación ou experiencia previa en eTwinning.
O prazo de inscrición remata o luns 17 de marzo.
Inscrición e información en www.edu.xunta.gal/fprofe.
Summary:
O vindeiro 26 de abril de 2025, no Pazo de San Roque terá lugar a Xornada do Día das Letras Galegas. O cancioneiro popular.
A Xornada terá dúas partes:
Agardámosvos!
Summary:
Ao longo do percorrido, iremos atopando, en puntos referenciados, as obras dos artistas que se foron sumando á homenaxe: