S2402002 Aprendizaxe de linguas a través de técnicas teatrais
Datas:
Mércores, 7 de maio de 17 a 20 horas
Xoves, 8 de maio de 17 a 20:30 horas
Mércores, 14 de maio 17 a 20:30 horas
Lugar: CAFI, aula 11
Inscrición aberta ata o 22 de abril, 2025
Imparte: Chusa Pérez de Vallejo
Obxectivos
1.Fomentar a aprendizaxe activa das linguas poñendo o foco na comunicación oral e expresión corporal.
2.Empregar técnicas dramáticas que faciliten a interacción e a fluidez na comunicación.
3.Integrar ferramentas e metodoloxías comunicativas para desenvolverse en espazos culturais variados.
Contidos
1.Técnicas dramáticas aplicadas á ensinanza de linguas: role play, simulación, micro teatro, teatro improvisado.
2.Estratexias e recursos dramáticos que exercitan e facilitan a interacción lingüística.
3.Aplicación dramatizada das novas tecnoloxías: curtametraxes, cancións, vídeos de anuncios, películas, dobraxe.
4.Creación literaria desde a improvisación e traballo con textos literarios en escena.