Gallego

Inglés Técnico para Formación Profesional

Summary: 

Proximamente van ter lugar unha nova edición das 4 actividades formativas en paralelo destinadas ao profesorado de Formación Profesional, para mellorar as súas competencias en inglés nas comunicacións no entorno profesional e técnico.
Gallego

Ingles-Tecnico-FP

Data de comezo: 2 de febreiro

Data de finalización: 17 de marzo

Lugar de Celebración: Platega2

A partires da primeira semana de febreiro comezarán 4 actividades en paralelo destinadas á formación do profesorado de FP nas comunicacións en Inglés dentro do seu ámbito profesional e técnico. Son actividades cunha parte presencial de 28 horas en Platega2, e unha única sesión presencial de 2 horas. En particular serán:

Temporalización

As actividades contan cunha sesión presencial inicial de 2 horas común para as 4 actividades. Para facilitar a asistencia á mesma, programáronse as 4 edicións desta sesión formativa presencial en diferentes localizacións e datas, de xeito que o profesorado admitido nas 4 actividade poda elixir a sesión da súa preferencia:

Lugar de celebración
Data
Hora

CIFP Compostela (Santiago de Compostela)

Luns, 2 de febreiro

11:00-13:00

CIFP Compostela (Santiago de Compostela)

Luns, 2 de febreiro

19:00-21:00

CFR de Pontevedra

Martes, 3 de febreiro

18:00-20:00

EOI da Coruña

Mércores, 4 de febreiro

18:00-20:00

Para poder solicitar a sesión da súa preferencia, o profesorado admitido nas distintas actividades de Inglés técnico recibirá no email de confirmación da súa admisión no curso, unha ligazón a un formulario online.

Posteriormente, o día 5 de febreiro e ata o día 17 de marzo comeza a parte en rede do curso. Como ocorre con todas as actividades en rede, durante esa primeira semana (do día 5 ao 12 de febreiro) é obrigatorio que tod@s @s participantes se presenten no foro de benvida do curso.

Metodoloxía e Contidos

Os detalles sobre os contidos tanto da parte en rede coma da parte presencial, facilítanse nas guías do curso que se envían durante o proceso de selección a todos aqueles profesores/as inscrit@s que resultaran seleccionad@s. Remitiranse dúas guías, a orixinal en inglés e a mesma traducida ao galego.

Debido a amplitude do campo que as familias profesionais abranguen, é difícil poder concretar as actividades ás necesidades específicas de inglés de cada un dos profesores participantes. Por iso as 4 actividades se deseñaron cun enfoque orientado á autoprendizaxe, de xeito que os participantes poidan coñecer recursos e o modo de poder mellorar as súa competencia en inglés técnico segundo a seu campo de especialización técnico.

Na sesión presencial se abordará a instalación e emprego dos recursos informáticos necesarios para a participación na parte en rede do curso. Na parte en rede, se traballará nos aspectos de vocabulario, expresión e comprensión escritas e oral.

Requisito de Admisión

O profesorado seleccionado deberá acreditar o nivel de inglés B1 ou superior para ser admitido na actividade. Para tal efecto, senón ten constancia deste mérito na súa páxina de persoal, será necesario aportar o certificado que acredite este nivel de competencia ou equivalente, acorde ao Marco Común Europeo de Referencia para as linguas, sendo neste caso válidas as seguintes titulacións:

  • Certificado de nivel intermedio de inglés das EEOOII.
  • Certificado de ciclo elemental de inglés das EEOOII.
  • PET (University of Cambridge)
  • Trinity College, grade 5 o grade 6
  • TOEFL PBT: 487-567

Para máis información pódese consultar a Orde do 18 de febreiro de 2011 (DOG 26 de abril de 2011) que regula o procedemento de acreditación de competencia en idiomas.

Os certificados poderanse aportar mediante correo electrónico, fax ou correo ordinario ao asesor/a de formación da actividade que figure en fprofe.

Ingles Tecnico FP

G1402024 Xornada sobre o Proxecto europeo "Holocausto e Memoria 2015"

Summary: 

Xornada para a conmemoración do "Día da Memoria e do Holocausto" no ensino.
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza a Xornada sobre o Proxecto europeo "Holocausto e Memoria 2015" o sábado 17 de xaneiro de 2015, en Santiago de Compostela.

O 27 de xaneiro é sinalado por Nacións Unidas como data de recordo ás vítimas do Holocausto xa que tal día de 1945 o exército soviético liberou o maior campo de exterminio nazi: Auschwitz-Birkenau. En España recoñeceuse oficialmente a conmemoración no Real Decreto do 15/12/2004, baixo a denominación de "Día da Memoria do Holocausto e da Prevención dos Crimes contra a Humanidade".

O obxectivo desta iniciativa é conseguir introducir a transmisión do Holocausto no ensino a través da conmemoración do "Día da Memoria do Holocausto" o próximo 27 de xaneiro de 2015. Para isto, esta xornada pretende proporcionar ao profesorado participante información, ideas e recursos referentes a esta temática.

Data de celebración: 17 de xaneiro de 2015.

Lugar de celebración: Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.

Número de horas totais: 8.

Enlace a FPROFE: Xornada sobre o Proxecto europeo "Holocausto e Memoria 2015"

Data límite de inscrición: 13/01/15

Programa da Xornada.

Imaxe: "Holocaust Memorial 8", Philippe Amiot (https://www.flickr.com/photos/philippeamiot/5966435035/)

Holocausto2015
Holocausto 2015

Desexámosvos moi felices festas

Summary: 

Desde as Estruturas de Formación Permanente do Profesorado
Gallego
navidad

Biblioteca do CAFI

Summary: 

A biblioteca do CAFI presenta as novas adquisicións.
Gallego

Novas adquisicións

O Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) cumpriu xa tres anos de funcionamento. Na biblioteca do CAFI reuníronse as bibliotecas das tres seccións do desaparecido CFR de Santiago e nestes tres anos o departamento (unipersoal) de bibliotecas escolares vense ocupando da selección dos fondos existentes, do imprescindible expurgo, da revisión da catalogación, da organización dos materiais e da actualización da colección. Queda aínda moito por facer, pero o esforzo non estaría xustificado se non tivera repercusión entre os usuarios para os que traballamos.

Imaxe representativa do scoop.it bibliocafiImaxe biblioteca

A nosa intención é formar unha biblioteca útil para o profesorado. Para logralo cómpre poñer especial atención na escolla dos materiais e completar, no posible, esta oferta cunha boa selección de recursos e contidos dixitais recollidos no pínterest e no scoop.it do departamento.

 

Novas adquisicións na biblioteca do CAFI
Novas adquisicións na biblioteca do CAFI
Imaxe do sccop.it bibliocafi
Imaxe do sccop.it bibliocafi
Porta da bibblioteca do CEIP ADR Castelao de Rianxo
Porta da bibblioteca do CEIP ADR Castelao de Rianxo
Imaxe Biblioteca CAFI
Imaxe Biblioteca CAFI

G1401076 Creación de ambientes persoais de aprendizaxe

Summary: 

Curso para mellorar a competencia dixital do profesorado
Gallego

Código da actividade: G1401076

Temporalización: 2º trimestre, curso académico 2014/2015

Data límite de inscrición: 12/12/2014

Lugar: En rede

Prazas: 150

Duración: 50 horas

Obxectivos:

1.Coñecer de forma práctica o proceso de creación, configuración e xestión dunha rede social de aula nos distintos niveis educativos

2.Establecer e desenvolver estratexias metodolóxicas e dinámicas participativas para traballar colaborativamente a través da rede social segundo as competencias básicas

3.Elaborar e publicar colaborativamente contidos didácticos cos recursos e ferramentas da rede social e da web 2.0 nun espazo compartido

Contidos:

1.Creación, administración e xestión dunha rede social educativa nun entorno docente

2.Construción e xestión da identidade dixital: perfil de usuario

3.Estratexias e ferramentas de dinamización e colaboración na rede social de aula: mensaxería, chat, videochat, foro, etc.

4.Integración dos recursos didácticos da web 2.0 na rede social: Google Docs, Google Sites, formularios, etc.

5.Elaboración e publicación de recursos didácticos mediante o traballo colaborativo de toda a rede social de aula: wiki, blogs

6.Avaliación de todos os procesos e traballo colaborativo creado e publicado polo alumnado dentro do espazo compartido da rede social: formularios ou cuestionarios de avaliación online

7.Prevención do ciberacoso no ámbito escolar

Asesor de contacto: Ignacio Rodiño Caramés (nachorodino@edu.xunta.es)

Inscrición ata o 12/12/2014 en fprofe.

Creación de ambientes persoais de aprendizaxe
Creación de ambientes persoais de aprendizaxe

Clausura do Programa “Mentoring para directores de centros educativos”

Summary: 

Presidida polo Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e o Director Xeral da Fundación Barrié
Gallego

O martes, 2 de decembro tivo lugar no CAFI a clausura do Programa “Mentoring para directores de centros educativos”, presidida polo Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e o Director Xeral da Fundación Barrié. Asistiron os 8 directores e directoras que participaron neste Programa, así como os respectivos Mentores cos que traballaron dende o inicio alá polo mes de febreiro deste ano e que achegaron a súa experiencia como directores de RR.HH de importantes empresas galegas, con amplos coñecementos e experiencia no desenvolvemento de habilidades directivas e liderado. Este Programa piloto nace da colaboración entre a Fundación Barrié e a Consellería de Educación e Cultura, aproveitando a experiencia da rede de mentoring da Fundación “MentoresBarrié”, rede formada por profesionais, directivos, investigadores e empresarios de diferentes ámbitos e sectores que de maneira altruísta, poñen en valor os seus coñecementos e experiencia, axudando a outros no seu desempeño.

O mentoring é unha metodoloxía destinada a desenvolver o potencial das persoas,baseada na transferencia de coñecementos e na aprendizaxe a través da experiencia. Nun proceso de mentoring, unha persoa de máis experiencia (mentor) guía, axuda, alenta e apoia a outra (mentee) a desenvolver todo o seu potencial para aplicalo a todas as situacións da vida persoal e profesional, obtendo os mellores resultados e acadando os obxectivos propostos. A estrutura deste Programa constou de sesións grupais en formato obradoiro e dun proceso individual de mentoring que realizou cada mentor co seu mentee. Os resultados finais presentados nesta xornada de clausura amosaron unha avaliación extraordinariamente positiva tanto por parte dos mentees como dos mentores, o cal abre expectativas de continuidade para este tipo de formación.

mentoring

IV Congreso Internacional de Atención Temperá e Educación Familiar

Summary: 

Terá lugar na cidade de Santiago de Compostela os días 10, 11 e 12 de setembro de 2015
Gallego

A Asociación Galega para a Docencia e a Investigación do Atraso Mental (A.Ga.D.I.R.) e o grupo de investigación ESCULCA están a organizar o IV Congreso Internacional de Atención Temperá e Educación Familiar (Ciatef), que terá lugar os días 10, 11 e 12 de setembro de 2015 en Santiago de Compostela e no que se darán cita prestixiosos investigadores de todo o mundo do campo da atención temperá e a intervención dos trastornos no desenvolvemento e da educación en contextos familiares.

IV Congreso Internacional de Atenciín Temperá e Educación Familiar

G1414001 Xornada eTwinning

Summary: 

Xornada eTwinning. O programa adquire un papel máis relevante do que tivera ata agora sendo a plataforma on-line de referencia para a acción K2 (Cooperación para a innovación e intercambio de boas prácticas).
Gallego

Xornada eTwinnin.

Data de celebración: 29 de novembro de 2014

Lugar de celebración: Escola Galega de Administración Pública

Nº de horas: 8 h.

Etwinning convértese en porta de entrada ás diferentes accións contempladas no contexto xeral de Erasmus+ e ferramenta fundamental para busca de socios e desenvolvemento das diferentes accións nas tres accións clave de Eramus+, o que dá unha idea da flexibilidade e funcionalidade da plataforma.

G1414001: Xornada eTwinning
Xornada eTwinning 29 de novembro de 2014

Experiencias educativas con TIC. Participa!

Summary: 

Traballas con tecnoloxía na aula? Cóntanos o que facedes ti e o teu alumnado!
Gallego


Traballas con tecnoloxía na aula? Cóntanos o que facedes ti e o teu alumnado! Poderás compartir a túa experiencia co resto do profesorado e participar no próximo “EscolaTIC 2015". O único que tes que facer é cubrir o seguinte formulario para facernos chegar a túa proposta:

https://docs.google.com/forms/d/1xvNP3EOPw9iQwu1DXotgwLUU7QFEFDg1yRQ0e8u...

Anímate ou anima a outros/as compañeiros/as do teu centro!

Achega de experiencias TIC

Foro Internacional dos Contidos Dixitais

Summary: 

Acada a súa sexta edición co obxectivo de responder ás inquedanzas do sector dos contidos dixitais en España
Gallego

Desde Red.es estase organizando a sexta edición do Foro Internacional de Contidos Dixitais (FICOD), que terá lugar do 2 ao 4 de decembro no Palacio de Congresos de Madrid. Reunirá baixo un mesmo teito aos principais actores das diferentes áreas que o compoñen: audiovisual, música, videoxogo, publicidade e márketing dixital, comercio electrónico, aplicacións, redes sociais, e-learning, publicacións e servizos e produtos tecnolóxicos para contidos dixitais. Neste sentido, resulta especialmente interesante para os alumnos de Educación Primaria e Educación Secundaria o Eixo Talento. Podedes consultar o programa interactivo nesta ligazón: PROGRAMA.  O evento poderase seguir por streaming na páxina web oficial.

ficod
ficod