Gallego

G1401085 - Elaboración de programacións FP LOE con aplicación informática

Summary: 

O martes 18 de novembro iníciase o curso en rede "Elaboración de programacións FP LOE con aplicación informática" para 200 docentes que imparten maioritariamente o bloque común da FP Básica.
Gallego

Referencia: G1401085
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  18/11/2014  -  19/12/2014
Curso Platega (en rede)
Prazas:  200

FP LOE con aplicación informática

Criterio de selección:

Figurar en XADE como que no curso actual se vai a impartir docencia nalgún módulo dun ciclo LOE da FP

Obxectivos:

1.Coñecer o proceso de desenvolvemento curricular. Título, currículo e programación.

2.Coñecer a aplicación informática para a elaboración de programacións LOE

3.Elaborar a programación de unha unidade didáctica de un módulo LOE

Contidos:

1.Títulos e currículos de FP LOE

2.Procedemento de elaboración de programacións LOE.

3.Aplicación informática para a elaboración de programacións en Formación Profesional.

 

Os 200 alumnos e alumnas do curso serán divididos en 8 aulas virtuais titorizadas polos docentes:

AREA GÓMEZ, ANA MARÍA

BARROS DOCAMPO, JOSÉ CARLOS

FONDEVILA BLANCO, JAVIER

FRANCO VÁZQUEZ, JOSÉ

LLAMAS GOLPE, ANA MARÍA

LOURIDO ESTÉVEZ, VÍCTOR MANUEL

PACORET BALSA, JAVIER

VIEITES RODRÍGUEZ, MANUEL

Coordinadores das aulas virtuais:

María Esther Varela Tato

Mar Vaamonde García

Xosé Antón Vicente Rodríguez

Asesor responsable da actividade en fprofe : Xosé Antón Vicente Rodríguez (antonvicente@edu.xunta.es)

G1401085 - Elaboración de programacións FP LOE con aplicación informática
G1401085 - Elaboración de programacións FP LOE con aplicación informática

Nivel avanzado en tecnoloxías da información e da comunicación

Summary: 

Quinto e último nivel do itinerario de competencia dixital do profesorado
Gallego

Referencia: G1401047
Temporalización:  2º trimestre, Curso académico 2014/2015
Data límite de inscrición: 12/12/2014
Lugar: En rede
Prazas:  50
Duración: 100 horas
Terán prioridade os que teñan superado o nivel anterior (nivel medio) ou realizado o cuestionario de autoavaliación de competencia en TIC

Obxectivos:

1.Adquirir unha competencia de nivel avanzado no coñecemento instrumental e uso das tecnoloxías da información e da comunicación na docencia, recoñecendo e valorando a súa relevancia didáctica e a súa utilidade na aprendizaxe colaborativa.

2.Xestionar a nivel avanzado os contornos e espazos de aprendizaxe implementando experiencias e creando ambientes de aprendizaxe enriquecidos coas tecnoloxías da información e da comunicación, avaliando o seu impacto e propoñendo novas modal

3.Aplicar a nivel avanzado as tecnoloxías da información e da comunicación como apoio nas tarefas administrativo-docentes e para a coordinación de cursos, proxectos, grupos ou seminarios de formación.

Contidos:

1.Coñecemento e utilización dos elementos dunha aula equipada con tecnoloxías da información e da comunicación. Xestión e administración avanzada da rede e do sistema operativo. Realización de tarefas de mantemento básico.

2.Desenvolvemento de aplicacións educativas con diferentes e diversas ferramentas de autor. Interacción con persoas e con colectivos diversos en contornas plurais e multiculturais.

3.Produción de mensaxes multimedia con procedementos propios de vídeo, fotografía, animación, banda deseñada, audio, texto.

4.Coñecemento e utilización de diferentes estratexias metodolóxicas para a inserción das tecnoloxías da información e da comunicación no deseño curricular como aprendizaxe colaborativa baseada en proxectos.

5.Aplicación de procedementos e instrumentos de avaliación do impacto das tecnoloxías da información e da comunicación nos procesos de ensino-aprendizaxe.

6.Mellora da xestión escolar utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación. Emprego a nivel avanzado de programas e plataformas de xestión.

7.Dispoñibilidade persoal e coñecemento de técnicas para a coordinación de cursos, proxectos, grupos ou seminarios de formación.

Asesor de contacto: Xosé Antón Vicente Rodríguez  (antonvicente@edu.xunta.es)

Nivel avanzado en competencia TIC
Nivel avanzado en competencia TIC

G1401082 Formación profesional a distancia I. Programación

Gallego

Data de comezo: 30 de outubro de 2014

Data de finalización: 21 de novembro de 2014

Lugar de celebración: en rede

Número de horas totais: 25 h

Enlace a Fprofe: G1401082 Formación profesional a distancia I. Programación

Data: 

30/10/2014 - 21/11/2014

Sección: 

G1401082 Formación profesional a distancia I. Programación

Summary: 

Curso en rede sobre a elaboración de programacións en Formación Profesional.
Gallego

O día 30 de outubro comezará a actividade "Formación profesional a distancia I. Programación" dirixida a todo o profesorado de Formación Profesional.

Os obxectivos deste curso serán coñecer a aplicación informática para a elaboración de programacións LOE e elaborar a programación dunha unidade didáctica dun módulo LOE.

Esta actividade, de 25 horas de duración, desenvolverase completamente en rede, na platforma PLATEGA, desde o 30 de outubro ata o 21 de novembro.

Ligazón coa información en Fprofe: G1401082 Formación profesional a distancia I. Programación.

FP a distancia I
FP a distancia I. Programación

Xornadas: Implantación do currículo de Educación Primaria e integración das competencias clave

Summary: 

As competencias clave no currículo de Primaria
Gallego

1ª sesión
  • Marco legal. Definición de competencias clave. Perfil de área. Perfil de competencia. Rúbrica de estándares.
  • Aproximación á estrutura de tarefas
 
2ª sesión
  • Estrutura de tarefas.
  • Metodoloxía
  • Avaliación
 
xornadas_curriculo
programa DA ACTIVIDADE

Día das Bibliotecas

Summary: 

Celebración, o 24 de outubro, do DÍA DAS BIBLIOTECAS
Gallego

Como cada ano desde 1997, este 24 de outubro celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA. Unha iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil en lembranza da destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada el 1992 durante a guerra.

 

 

 

 

 

 

A celebración ten como obxectivo trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como espazo de encontro coa cultura e concienciar á sociedade da importacia da lectura  como ferramenta indispensable na formación e desenvolvemento das persoas e da comunidade.

 

 

 

 

 

 

 

 

  O mes de outubro dedícase, internacionalmente, ás bibliotecas escolares.

 

 

 

Os días 7 e 8 de novembro celebraremos, en Santiago de Compostela, as V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia, unha actividade organizada en colaboración, pola Rede de Formación do Profesorado e a Asesoría de Bibliotecas escolares. No programa presentaremos experiencias de calidade das bibliotecas escolares galegas en temas como multialfabetizacións, traballo por proxectos, biblioteca e matemáticas. Contamos tamén coa presenza de expertos como Ricardo Gómez, escritor e matemático; Mónica Baró,profesora de biblioteconomía da UAB e experta en bibliotecas escolares; Javier Guallar , experto en curación de contidos en bibliotecas; ou José Manuel Pérez Tornero, director do Gabinete de Comunicación e Educación. Nestas Xornadas farase tamén a presentación do informe do Consejo de Cooperación Bibliotecaria sobre "Prospectiva das bibliotecas 2020: As dez áreas que máis van cambiar nas nosas biblitotecas nos próximos anos" e a da plataforma "Galiza le" de acceso ao libro electrónico.

 

 

 

 

 

Entre os meses de novembro e decembro realizaremos en Santiago o curso "Biblioteca escolar. Os proxectos documentais". O prazo de inscrición está aberto.

Dia da biblioteca 2014
Dia da biblioteca 2014
Dia internacional da biblioteca escolar.
Dia internacional da biblioteca escolar.
Día de la biblioteca
Día de la biblioteca
V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia
V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia

Cinedfest 2014

Summary: 

Festival formativo, que combina a formación audiovisual cun certame de curtametraxes.
Gallego

Cinedfest é un festival formativo, que combina a formación audiovisual cun certame de curtametraxes. Para obter máis información e facer a inscrición preme na imaxe:

cinedfest

Novo MOOC do Intef

Summary: 

As preguntas de PISA e TIMSS: unha práctica para a aula
Gallego

O INTEF ofrece un novo MOOC, "As preguntas de PISA e TIMSS: unha práctica para a aula". Para acceder a toda a información e facer a inscrición preme na imaxe:

 

 

Novo MOOC do INTEF

G1401080: Deseño e titorización de formación profesional en liña

Summary: 

Nova actividade en rede para o profesorado de FP, que non forma parte do actual plan anual de formación. O obxectivo é formar ao profesorado participante no rol de "facilitador dun curso en rede".
Gallego

Esta actividade é unha novidade que non forma parte da oferta formativa incluída no actual Plan de Formación para o Profesorado de Formación Profesional.

Xurde da elaboración polo Grupo de Investigación de Tecnoloxía Educativa da Facultade de Educación da Universidade de Murcia, no contexto do proxecto do Programa Europeo Leonardo Da Vinci   "Apoio a profesores de Formación Profesional nos procesos de ensino-aprendizaxe en rede", dun curso aberto na plataforma moodle 2.x, destinado ao ensino da capacidade de planificar e titorizar cursos en rede para os módulos de Formación Profesional. Por esta razón, e por mor do pouco tempo dispoñible para a súa posta en marcha, nesta ocasión ofertarase en castelán.

O curso responde á necesidade de pedagoxías e métodos innovadores para a Formación Profesional, introducindo a aprendizaxe colaborativa social e o deseño de aprendizaxe baseada en resultados.

A actividade está dirixida preferentemente a calquera profesor/a de Formación profesional que teña interese en empregar unha aula virtual como apoio ou eixo da súa docencia. A través dos diferentes módulos dos que conta a actividade, explicarase como dinamizar o ensino en rede, co obxectivo do desenvolvemento de determinadas competencias no alumnado.

A actividade non trata aspectos técnicos en relación ao uso e manexo das aulas virtuais nin de moodle. Os interesados nesta temática dispoñen doutras actividades formativas que o tratan de modo específico, coma: Aproveitamento didáctico das ferramentas das Webs Dinámicas nos centros educativos

O curso no seu formato orixinal pode ser accedido e descargado gratuitamente baixo unha licenza de atribución, aínda que sen titorización, na seguinte ligazón: http://evet2edu.eu/moodle/course/view.php?id=25

Información Importante

En relación ao dereito do profesorado a ter preferencia para a asignación de docencia na Formación profesional a distancia, esta actividade formativa non é a que se refire no seguinte texto do artigo 3.2 da Orde do 29 de xullo de 2011:

A continuación asignaranse as que requiran dispor de profesorado formado especificamente pola Administración educativa para tal fin ou que acredite dispor de titulación, experiencia profesional ou formación adecuada.

 

Data de comezo: 03/11/2014

Data de finalización: 12/12/2014

Lugar de celebración: Platega2

Número de horas totais: 30

Enlace a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=63246

Enlace á Aula Virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/report/outline/index.php?id=37

 

CÓMO DISEÑAR Y FACILITAR UN CURSO EN LÍNEA

Impacto Erasmus. Estudo da UE

Summary: 

Impacto Erasmus. Estudo da UE
Gallego
A Comisión Europea encargou un estudo do impacto que o programa de intercambio de estudantes máis famoso da UE, Erasmus, tivo nos xoves europeos. O resultado confirma que mellora a capacidade de inserción e a mobilidade dos profesionais.
Xúntase arquivo cun resumo dos resultados
 
impacto Erasmus