Gallego

S 1501072 Experimentación en Enxeñaría Química

Summary: 

Curso do Plan anual 2015-16
Gallego

O próximo 6 de xullo comezará o curso” Experimentación en Enxeñaría Química”,  programado para o profesorado da familia profesional de Química.

Os obxectivos deste curso inclúen reproducir os procesos químicos industriais a nivel de laboratorio, ademais de coñecer e  controlar as operación das plantas de proceso químico e coxeración de enerxía. Con este curso se pretende ampliar os repertorios de clases  experimentais para o CS de Química Industrial.

Esta actividade, cunha duración de 30 horas, desenvolverase entre os días 6 e 9  de xullo, na Planta Piloto da Escola Superior de Enxeñaría Química da USC (Campus Sur. Santiago de Compostela)

enlace a Fprofe: http://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=66992

Experimentación en Enxeñaría Química
Experimentación en Enxeñaría Química

Plan de formación de Formación Profesional

Summary: 

Pendente de presentación
Gallego

Á falta da presentación oficial do Plan de Formación para o profesorado de Formación Profesional 2015-2016, xa podedes consultar o documento no seguinte PDF adxunto.

Plan de formación de Formación Profesional
Plan de formación de Formación Profesional

S1501073 - Fiscalidade para autónomos e PEMES

Gallego

Referencia: S1501073
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  06/07/2015  -  10/07/2015
Data límite de inscrición: 14/06/2015
Lugar: Santiago de Compostela
Prazas:  25

Destinatarios:

  + Administración e xestión
    # Ciclos formativos de grao medio
    # Ciclos formativos de grao superior

  • Ciclos formativos

Obxectivos:

1.Analizar a normativa reguladora da actividade dos autónomos e das PEMES.

2.Coñecer os procedementos de xestión.

3.Realizar supostos prácticos que reflictan as situacións reais máis habituais.

Contidos:

1.A declaración censal: alta, baixa e modificacións dos empresarios e profesionais. O CIF.

2.As obrigas tributarias dos empresarios en módulos, estimación directa ou sociedade limitada.

3.Os pagos fraccionados trimestrais e as liquidacións trimestrais. Declaracións informativas.

4.As facturas:requisitos.

5.As sancións e recargos. O embargo do salario.

6.Realización de supostos prácticos.

Relatora:

Dona Remedios Vázquez Gil (Axencia Tributaria de Santiago)

Temporalización:

Do 6 ao 10 de xullo de 9 a 15 horas (horas totais: 30).

Descrición da actividade en fprofe.

    S1501073 - Fiscalidade para autónomos e PEMES
    S1501073 - Fiscalidade para autónomos e PEMES

    Xornadas sobre propiedade intelectual para profesores de educación primaria

    Summary: 

    Estas xornadas pretenden trasladar ao profesorado de educación primaria unha visión rigorosa de todo o que envolve o feito creativo. Teóricos, académicos, profesionais e creadores cunha longa traxectoria presentarán as súas experiencias, coñecementos e reflexións compartíndoas co profesorado participante.
    Gallego

    A cultura e as artes supoñen un sector clave para o desenvolvemento das sociedades. Por unha banda, xeran identidade e catalizan conflitos presentes na sociedade, resolvéndoos dende a tolerancia, a pluralidade de discursos e facilitando a cohesión social. Por outra, a complexa dinámica deste sector -en parte orientado ao mercado e en parte sustentado polas políticas públicas- non é obstáculo para que se presente como un dos máis activos no que se refire á creación de riqueza e emprego en termos macroeconómicos. O desenvolvemento das tecnoloxías da información e a comunicación supuxo un cambio de paradigma ao que o sector debe adaptarse. É neste contexto no que os conceptos de cultura, propiedade intelectual e dereitos de autor resultan clave.
    O obxectivo destas Xornadas é trasladar aos profesores de educación primaria unha visión rigorosa de todo o que envolve o feito creativo. Teóricos, académicos, profesionais e creadores cunha longa traxectoria presentarán as súas experiencias, coñecementos e reflexións compartíndoas cos profesores participantes.
    Confiamos en que, froito dos debates que nestas Xornadas se establezan, os profesores e profesoras vexan enriquecidos os seus coñecementos e poidan así desenvolver unha serie de ferramentas pedagóxicas que tamén enriquecerán a formación que transmiten ao seu alumnado.

    Código da actividade: X1402072

    Lugar de celebración: Local da SGAE - r/ Galeras (Santiago de Compostela)

    Ver programa da actividade

    Sede SGAE
    Sede SGAE

    Páxina web do MECD para a avaliación de 6º de Primaria

    Summary: 

    Están accesibles na web http://www.mecd.gob.es/inee/Evaluacion_sexto_Primaria.html
    Gallego

    Páxina web do MECD para a avaliación de 6º de Primaria , prevista para implantarse a partir de maio do próximo curso  2015-2016, que pode considerarse a modo de referencia para o tipo de avaliación que realizará este alumnado a partir do próximo curso.
    Están accesibles na web http://www.mecd.gob.es/inee/Evaluacion_sexto_Primaria.html , onde ademais de referencias ás probas de competencia de comunicación lingüística, matemática e ciencia e tecnoloxía, poderá atopar o marco teórico e outros materiais de interés.

    MECD

    III Encontros de Educación Infantil e educación primaria

    Summary: 

    9 de maio / Auditorio Novagalicia Banco / Santiago de Compostela / Sábado: 9:30h - 20:00h
    Gallego

    Dada de celebración: 9 de maio

    Lugar de celebración: Auditorio Novagalicia Banco / Santiago de Compostela

    Horario: Sábado: 9:30h -  20:00h

    Ligazón Aula Virtual:http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=583

     

    A celebración dos III Encontros de Educación Infantil e educación primaria, xustifícase pola necesidade de crear un espazo onde compartir experiencias innovadoras e  facer visible boas prácticas de aula. Para  a elaboración do programa tivéronse en conta as orientacións da Unión Europea en materia educativa, e recollidas na LOMCE que apostan por metodoloxías activas e contextualizadas que se axusten ao nivel competencial do alumnado e que favorezan a motivación por aprender.

    Obxectivos:

    -Analizar a situación do ensino en educación infantil e educación primaria na actualidade

    -Coñecer materiais, recursos e estratexias metodolóxicas

    -Propiciar o intercambio de experiencias de boas prácticas entre o profesorado

     

    encontros_infantil
    programa para la web

    23 de abril, día mundial do libro e os dereitos de autoría

    Summary: 

    Como cada ano, a UNESCO conmemora nesta data o día mundial do libro.
    Gallego

    Conmemórase cada 23 de abril a morte, en 1616, dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega . Esta coincidencia fixo que a UNESCO escollera o 23 de abril como o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E OS DEREITOS DE AUTOR.

    Como cada ano, a UNESCO publica unha mensaxe conmemorativa.


    «A alfabetización é a porta de entrada á aprendizaxe e é esencial para fomentar a autoestima e a autonomía das persoas. Os libros, en todas as súas formas, desempeñan unha función esencial a este respecto.»

    Mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO,
    con motivo do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, 23 de abril de 2015

    Capital Mundial del Libro 2015: Incheon (República de Corea)

    A UNESCO e as tres organizacións profesionais internacionais do mundo do libro (a Unión Internacional de Editores, a Federación Internacional de Libreros e a Federación Internacional de Asociacións e Institucións Bibliotecarias) elixen cada ano unha capital mundial do libro, este ano a cidade escollida é Incheon (República de Corea) en recoñecemento ao seu programa de promoción da lectura entre a xuventude e os sectores desfavorecidos da poboación.


    A Asesoría de bibliotecas escolares da Subdirección Xeral de Centros, celebra este día coa edición dun novo modelo de marcapáxinas cun texto orixinal da autora María Solar, premio Lazarillo de Creación Literaria 2014 coa obra escrita orixinalmente en galego O meu pesadelo favorito


    Diptico da Asesoría de bibliotecas escolaresDiptico2 da asesoría de bibliotecas escolares

     

    Día mundial do libro
    23 de abril, día mundial do libro e dos dereitos de autoría
    Díptico da asesoría de bibliotecas escolares para o día do libro
    Díptico da asesoría de bibliotecas escolares para o día do libro, 23 de abril de 2015
    Díptico da asesoría de bibliotecas escolares para o día do libro 2
    Díptico da asesoría de bibliotecas escolares para o día do libro 2

    Novo MOOC do INTEF sobre competencia dixital

    Summary: 

    Ensinar e avaliar a competencia dixital
    Gallego

    O INTEF anuncia a convocatoria dun novo curso masivo aberto en Rede (MOOC) sobre como "Ensinar e avaliar a competencia dixital", destinado a docentes de niveis non universitarios. Este curso ofrece unha oportunidade de reflexión colectiva e formación sobre como integrar o ensino da competencia dixital na aula. Para máis información consultade a seguinte páxina: ENSINAR E AVALIAR A COMPETENCIA DIXITAL

    MOOC competencia dixital

    Xornadas escolaTic 2015

    Summary: 

    Os vindeiros días 17 e 18 de abril terá lugar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a segunda edición de escolaTIC: conferencias, experiencias, obradoiros... dirixidos a todo o profesorado da nosa comunidade.
    Gallego

    Os vindeiros días 17 e 18 de abril terá lugar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a segunda edición de escolaTIC: conferencias, experiencias, obradoiros... dirixidos a todo o profesorado da nosa comunidade.
    Contaremos con figuras nacionais de grande relevancia no ámbito educativo, como son César Poyatos, Linda Castañeda e Andrea Giráldez, así como experiencias de integración da tecnoloxía en centros da nosa comunidade.


    Ampliado prazo de inscrición ata o 9 de abril. 

    Inscrición en www.edu.xunta.gal/fprofe .

    Código da actividade: G1402009.

    Podedes facer clic aquí para ampliar a información sobre o evento.
    Ademais, se levades a cabo na aula algunha experiencia educativa innovadora que implique o uso das TIC ou un enfoque metodolóxico distinto e queredes compartilo con todos/as os/as participantes das xornadas, podedes cubrir a ficha modelo que atoparás na sección "Novas" da páxina web do evento. Levádea ás Xornadas e poderedes colgala e compartila no espazo que habilitaremos a tal efecto. Animádevos!

    escolaTic 2015