Gallego

S1501026 Intelixencia emocional e comunicación positiva

Summary: 

Dende o día 26 de outubro ata o 10 de novembro desenvolverase no CAFI un curso sobre Intelixencia emocional e comunicación positiva, serán 10 horas de formación presencial e 4 en Rede, contará coa presenza de Ana Sanjuán e Carmen Loureiro como ponentes.
Gallego
corazón con palabras  intelixencia, emoción,comunicación, positiva,escoita
corazón con palabras

S1501057 Traballando o currículo no ámbito matemático, científico e tecnolóxico

Summary: 

Actividade dirixida ao profesorado das especialidades de matemáticas, física e química, bioloxía e xeoloxía e tecnoloxía dentro do plan de formación 2015/2016
Gallego

Obxectivos:

  • Coñecer e analizar as características e estrutura dos novos curriculos das áreas implicadas.

  • Introducir tarefas de aula para integrar as competencias clave no proceso de ensino-aprendizaxe.

  • Coñecer metodoloxías e estratexias de avaliación en consonancia co novo currículo.

Data de comezo: 5/11/2015

Data de finalización: 21/01/2016

Lugar de celebración: CAFI (Santiago de Compostela)

Número de horas totais: 20

Inscrición en fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/inicio.do

Ver programa detallado

curriculo ambito científico

G1501047 Ferramentas para a análise e interpretación de datos sociodemográficos do portal educativo do IGE

Summary: 

Proximamente iniciarase o curso on line "Ferramentas para a análise e interpretación de datos sociodemográficos do portal educativo do IGE" no que se lle mostrará ao profesorado unha serie de recursos que poden empregar na aula para o desenvolvemento das materias de economía, xeografía e historia e matemáticas. Os recursos que se mostrarán permitiran traballar con DATOS REAIS sobre o CONTORNO CERCANO e a realidade inmediata do estudante.
Gallego

O próximo luns 19 de outubro dará comezo o curso "G1501047 Ferramentas para a análise e interpretación de datos sociodemográficos do portal educativo do IGE".

Os obxectivos do curso son:

  • Mostrar ao profesorado de matemáticas, economía e xeografía e historia ferramentas para a construción de táboas e gráficos estatísticos.
  • Analizar e interpretar información estatística con datos reais sobre a contorna próxima e a realidade inmediata dos estudantes.

  • Manexar representacións gráficas de información real a través do uso didáctico da folla de cálculo.

  • Interpretar conceptos de estatística oficial usados habitualmente nos medios de comunicación

Aínda quedan prazas libres.

Inscrición en fprofe co código G1501047 : https://www.edu.xunta.gal/fprofe/inicio.do

Para máis información consultar a guía do curso

curso IGE 2015

G1501011 A posta en práctica da acción titorial

Summary: 

Curso dirixido ao profesorado interesado en profundar nos principios básicos da acción titorial e en coñecer os recursos prácticos de cara ao desenvolvemento das súas funcións de titoría
Gallego

O día 20 de outubro de 2015 dará comezo un curso na Rede "G1501011 A posta en práctica da acción titorial",que rematará o 21 de xaneiro de 2016.
 

acción titorial
acción titorial

Introdución ao EVA-EDIXGAL

Summary: 

Cursos presenciais para achegar ao profesorado á Contorna Virtual de Aprendizaxe do proxecto de libros dixitais EDIXGAL
Gallego

Referencias: S1502025 e S1502026
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  os xoves 5, 12, 19 e 26 de novembro (código S1502026) e os martes 10, 19, 24 de novembro e o 1 de decembro (código S1502025)
Data límite de inscrición: 25/10/2015
Lugar: Aula 10 do CAFI - Santiago de Compostela
Prazas:  20 (12 horas)

NOTA: As datas dos cursos son provisionais e poden sufrir algún tipo de variación.

Criterios de selección:

1º - Coordinadores E-dixgal.

2º - Profesorado de cursos E-dixgal.

3º - Profesorado de centros E-dixgal.

4º - Profesorado de centros Abalar.

5º - Os criterios xerais do plan anual de formación.

Obxectivos:

1.Familiarizar ao profesorado co entorno virtual de aprendizaxe do proxecto E-DIXGAL.

2.Publicar recursos e actividades no EVA, tanto de produción propia como procedentes da oferta editorial.

3.Mostrar as posibilidades do EVA para a avaliación e a comunicación co alumnado.

Contidos:

1.O entorno virtual de aprendizaxe.

   1.1.Introdución. Xeralidades do proxecto E-DIXGAL.

   1.2.EVA online. Funcionalidades xerais.

   1.3.EVA offline. Funcionalidades xerais.

2. Os recursos.

   2.1.Recursos externos.

   2.2.Recursos propios.

3. As actividades.

4. A avaliación no EVA.

Asesores responsables:

S1502025 (cafi.tic@edu.xunta.es)

S1502026 (antonvicente@edu.xunta.es)

Curso presencial no CAFI: Introdución ao EVA-EDIXGAL
Curso presencial no CAFI: Introdución ao EVA-EDIXGAL

Formación Inicial para orientadoras e orientadores das etapas de EI, EP e/ou Secundaria

Summary: 

Actividade de formación para orientadores de nova incorporación
Gallego

Os días 13 e 19 de outubro, no Auditorio da Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, desenvolveranse as dúas sesións presenciais da Formación inicial para orientadoras e orientadores de nova incorporación, de todas as etapas educativas non universitarias. Esta fase presencial será complementada cunha fase na Rede, na plataforma Platega.
 

orientadoras e orientadores
orientadoras e orientadores

G1501031 A convivencia como factor de calidade nos centros educativos

Summary: 

Proximamente iniciarase un curso na Rede sobre a mellora da convivencia nos centros educativos, que ten por obxecto facilitarlle ao profesorado os coñecementos que lle faciliten intervir nas dinámicas dos centros de cara a favorecer un clima social máis positivo.
Gallego

Os obxectivo do curso son:
- Valorar a convivencia e o clima escolar positivo como factores de calidade nos centros educativos.
- Identificar as diferentes causas que orixinan a violencia escolar e analizar os factores básicos para a prevención de conflitos e problemas de convivencia nos centros educativos.
- Coñecer e aplicar técnicas de modificación de conduta e de resolución pacífica de conflitos no ambiente escolar.

Data de comezo: 12/10/2015

Data de finalización: 13/12/2015

Número de horas: 40

Enlace a fprofe:https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaInicio.do?DIALOG-EVENT-verAct=verAct&cod_actividade=66792

convivencia
convivencia

File: 

Desenvolvemento da competencia dixital a través da resolución de tarefas

Summary: 

Quedan prazas libres. Podedes apuntarvos en FPROFE
Gallego

Curso presencial de 21 horas que versa sobre o uso metodolóxico da tecnoloxía na aula e os dispositivos nas mans do alumnado para unha aprendizaxe real e efectiva. A Alfabetización dixital para a creación, publicación e difusión de contidos na aula e na rede.

PROGRAMA DO CURSO

FPROFE

Desenvolvemento da competencia dixital a través da resolución de tarefas
Desenvolvemento da competencia dixital a través da resolución de tarefas

S1501090 - Programación con Scratch

Summary: 

Novo curso presencial de programación con Scratch
Gallego

Os días 13,14,15 e 16 de Outubro desenvolverase no CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) en Santiago de Compostela, un novo curso presencial de programación con Scratch.

Terá unha duración de 16 horas con 20 prazas dispoñibles.

Obxectivos:

1.Aprender a desenvolver aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch e comprender o seu potencial didáctico.

2.Coñecer metodoloxías e casos de éxito da ensinanza da programación con Scratch.

3.Desenvolver estratexias de integración de programación con Scratch en distintas etapas educativas e disciplinas.

Contidos:

1.Introdución a Scratch.

2.Contorna Scratch.

3.Tipos de bloque: bloques básicos.

4.Tipos de bloque: bloques avanzados.

5.Máis recursos.        

 

S1501090-Programación con Scrath
S1501090-Programación con Scrath

S1501090-Programación con Scratch

Summary: 

Novo curso presencial.
Undefined

Ábrese o prazo de inscrición dun novo curso presencial de programación de Scratch.

Desenvolverase no CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) en Santiago durante os días 13, 14, 15 e 16 de Outubro de 2015.

A duración do curso é de 16 horas e existen 20 prazas.

Obxectivos:

1.Aprender a desenvolver aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch e comprender o seu potencial didáctico.

2.Coñecer metodoloxías e casos de éxitos da ensinanza da programación con Scratch.

3.Desenvolver estratexias de integración de programación con Scratch e distintas etapas educativas e disciplinas.

Contidos:

1.Introdución a Scratch.

2.Contorna Scratch.

3.Tipos de bloque: bloques básicos.

4.Tipos de bloque: bloques avanzados.

5.Máis recursos.                     

 

S1501090-Programación con Scratch