G1501047 Ferramentas para a análise e interpretación de datos sociodemográficos do portal educativo do IGE
Proximamente iniciarase o curso on line "Ferramentas para a análise e interpretación de datos sociodemográficos do portal educativo do IGE" no que se lle mostrará ao profesorado unha serie de recursos que poden empregar na aula para o desenvolvemento das materias de economía, xeografía e historia e matemáticas. Os recursos que se mostrarán permitiran traballar con DATOS REAIS sobre o CONTORNO CERCANO e a realidade inmediata do estudante.
Mér, 14/10/2015 - 13:12
O próximo luns 19 de outubro dará comezo o curso "G1501047 Ferramentas para a análise e interpretación de datos sociodemográficos do portal educativo do IGE".
Os obxectivos do curso son:
- Mostrar ao profesorado de matemáticas, economía e xeografía e historia ferramentas para a construción de táboas e gráficos estatísticos.
-
Analizar e interpretar información estatística con datos reais sobre a contorna próxima e a realidade inmediata dos estudantes.
-
Manexar representacións gráficas de información real a través do uso didáctico da folla de cálculo.
-
Interpretar conceptos de estatística oficial usados habitualmente nos medios de comunicación
Aínda quedan prazas libres.
Inscrición en fprofe co código G1501047 : https://www.edu.xunta.gal/fprofe/inicio.do
Para máis información consultar a guía do curso