S1501090 - Programación con Scratch

Novo curso presencial de programación con Scratch
Lun, 28/09/2015 - 12:51
S1501090-Programación con Scrath
S1501090-Programación con Scrath

Os días 13,14,15 e 16 de Outubro desenvolverase no CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) en Santiago de Compostela, un novo curso presencial de programación con Scratch.

Terá unha duración de 16 horas con 20 prazas dispoñibles.

Obxectivos:

1.Aprender a desenvolver aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch e comprender o seu potencial didáctico.

2.Coñecer metodoloxías e casos de éxito da ensinanza da programación con Scratch.

3.Desenvolver estratexias de integración de programación con Scratch en distintas etapas educativas e disciplinas.

Contidos:

1.Introdución a Scratch.

2.Contorna Scratch.

3.Tipos de bloque: bloques básicos.

4.Tipos de bloque: bloques avanzados.

5.Máis recursos.