Xornadas sobre propiedade intelectual para profesores de educación primaria

Estas xornadas pretenden trasladar ao profesorado de educación primaria unha visión rigorosa de todo o que envolve o feito creativo. Teóricos, académicos, profesionais e creadores cunha longa traxectoria presentarán as súas experiencias, coñecementos e reflexións compartíndoas co profesorado participante.
Xov, 28/05/2015 - 11:01
Sede SGAE
Sede SGAE

A cultura e as artes supoñen un sector clave para o desenvolvemento das sociedades. Por unha banda, xeran identidade e catalizan conflitos presentes na sociedade, resolvéndoos dende a tolerancia, a pluralidade de discursos e facilitando a cohesión social. Por outra, a complexa dinámica deste sector -en parte orientado ao mercado e en parte sustentado polas políticas públicas- non é obstáculo para que se presente como un dos máis activos no que se refire á creación de riqueza e emprego en termos macroeconómicos. O desenvolvemento das tecnoloxías da información e a comunicación supuxo un cambio de paradigma ao que o sector debe adaptarse. É neste contexto no que os conceptos de cultura, propiedade intelectual e dereitos de autor resultan clave.
O obxectivo destas Xornadas é trasladar aos profesores de educación primaria unha visión rigorosa de todo o que envolve o feito creativo. Teóricos, académicos, profesionais e creadores cunha longa traxectoria presentarán as súas experiencias, coñecementos e reflexións compartíndoas cos profesores participantes.
Confiamos en que, froito dos debates que nestas Xornadas se establezan, os profesores e profesoras vexan enriquecidos os seus coñecementos e poidan así desenvolver unha serie de ferramentas pedagóxicas que tamén enriquecerán a formación que transmiten ao seu alumnado.

Código da actividade: X1402072

Lugar de celebración: Local da SGAE - r/ Galeras (Santiago de Compostela)

Ver programa da actividade