Gallego

G2214001 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Antonio Machado en Madrid

Summary: 

Roteiro polos espazos vitais e literarios de Antonio Machado en Madrid
¡Madrid, rompeolas de todas las Españas
Gallego

Antonio Machado en Madrid é unha evocación dos anos que o gran poeta, nacido en Sevilla, pasou en Madrid coa súa familia. Un paseo polos lugares onde viviu, polos que frecuentou, dos amigos cos que compartiu o seu tempo. Machado case sempre é relacionado con Sevilla, con Segovia, con Baeza e sobre todo con Soria, pero tamén viviu aquí e estivo moi vinculado a Madrid. Propoñémosvos un paseo polo Madrid das súas casas, dos seus institutos, dos seus teatros, das súas tertulias, dos seus amores...

 

Datos importantes:

  • Data: sábado 4 de febreiro 2023
  • Relator: Paco Juez Juarros
  • Horario: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.
  • Código en  fprofe:  G2214001
  • Lugar: Madrid

 

¡Madrid, Madrid ¡qué bien tu nombre suena,
rompeolas de todas las Españas!
La tierra se desgarra, el cielo truena,
tú sonríes con plomo en las entrañas.

Antonio Machado, Madrid, 7 de  Noviembre de 1936

 

Madrid, el frívolo Madrid, nos reservaba la sorpresa de revelarnos, a tono con las circunstancias más trágicas de la vida española, toda la castiza grandeza de su pueblo. En los rostros madrileños, durante unos días de seriedad, vimos a España entera en su mejor retrato. Madrid, frunciendo el ceño oportunamente, había eliminado al señorito y ya podía sonreír otra vez.

Antonio Machado, Valencia, 7 de Noviembre de 1937

Antonio Machado
Antonio Machado

G2203005 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Celso Emilio Ferreiro en Celanova

Summary: 

G2203005 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Celso Emilio Ferreiro en Celanova
Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro
Gallego

Gústache a poesía de Celso Emilio Ferreiro? Daquela vas adorar coñecer a Celanova de Celso Emilio.

Nesta visita  descubrimos Celanova a través da vida e das palabras de Celso Emilio Ferreiro, paseando polos lugares frecuentados polo poeta e que se atopan mencionados na súa obra (Acevedo do Río, Vilanova das Infantas, a Praza maior, o Mosteiro...). Ao mesmo tempo redescubrimos o Celso Emilio através de Celanova, a vila por el máis amada, onde naceu, onde pasou parte da súa vida e onde está enterrado. Paseamos polos espazos máis significativos da vida de CEF, deixándonos acompañar polas palabras que o poeta escrebiu sobre Celanova. A casa onde naceu e onde viviu, onde foi feliz, onde sufriu prisión, a tasca na que se reunía con outros artistas e amigos, as rúas que percoría de mozo e de maior… Estes espazos revélanse como testemuños e cómplices literarios de CEF.

 

Datos importantes:

  • Data: sábado 21 de xaneiro 2023
  • Relator: Ramón Nicolás, Paula Lengua e Luís Ferreiro
  • Horario: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.
  • Código en  fprofe:  G2203005
  • Lugar: Celanova

 

Nacín (modestia fora)

nun lugar onde o mundo

se chama Celanova.

 

Moitas vegadas

a miña nai contóumo.

O día que ti naciche

houbo estranas sinales no ceo.

  Celso Emilio Ferreiro, Onde o mundo se chama Celanova, 1975.

Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio Ferreiro

Programa de formación “Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”

Summary: 

Programa formativo para a observación e intercambio entre iguais.
Gallego

O programa Observa_Acción ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, a construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais.

Os obxectivos que se perseguen con este programa son os seguintes:

• Experimentar novas vías de formación do profesorado e favorecer a innovación educativa nos centros educativos de Galicia, así como a colaboración con centros doutras comunidades autónomas e/ou países de ámbito europeo.

• Facilitar ao profesorado e aos membros do equipo directivo dun mesmo claustro a posibilidade de observar de forma directa metodoloxías nos procesos de ensino-aprendizaxe, xeitos de relación e comunicación, ou vías de xestión dos recursos propios e alleos, fomentando a adaptación e a aplicación do aprendido na súa praxe diaria.

• Fomentar o traballo en equipo de grupos de profesores/as cun interese común, incluíndo a observación activa da práctica docente de todos os seus membros, establecendo así vías de comunicación para o intercambio de boas prácticas, a reflexión, a formación metodolóxica sobre aspectos innovadores nos procesos organizativos e didácticos e a realización de proxectos de forma conxunta.

• Potenciar o traballo en equipo entre centros educativos con intereses compartidos, establecendo irmandades que fomenten a reflexión sobre aspectos organizativos, metodolóxicos e formativos innovadores para ofrecer unha formación de calidade en beneficio do alumnado.

• Favorecer a internacionalización dos centros educativos, ofrecendo a posibilidade de levar a cabo proxectos con outras Comunidades Autónomas e/ou países, e fomentando a integración reflexiva e contextualizada de innovacións educativas na súa propia práctica docente.

• Aplicar e revisar protocolos de observación de práctica docente e potenciar accións metodolóxicas innovadoras para a mellora dos procesos de aprendizaxe do alumnado.

 

O programa Observa_Acción terá unha duración de dous cursos académicos e desenvolverase en catro fases (dúas en cada ano lectivo):

1. Observa_Acción. Fase Intracentros (Comparte)

2. Observa_Acción. Fase Intercentros (Acolle)

3. Observa_Acción. Fase Estatal (Conecta)

Máis información no portal educativo:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_dx_crrhh_programa_observa_accion_2022-23.pdf

Observa Acción

S2201059 - Contos con sorpresa para emocionar

Gallego

Curso recomendado para mestres de educación infantil e primeiros cursos de primaria. (1º, 2º)

 

Obxectivos:

  1. Dotar ao profesorado de recursos, para empregar os contos na aula.
  2. Experimentar a lectura de contos como un feito de comunicación cos alumnos/as.
  3. Aprender a planificar actividades de animación lectora na aula.

 

Contidos:

  1. Distinción entre ler, contar e recitar.
  2. Contos e dramatización.
  3. O conto como recurso didáctico.
  4. Que, como e cando contar contos na aula.
  5. O docente como narrador.

Relator: Franciso J. Guede García

Horario:

  • 17-11-2022: de 17:00 a 20:00 - Ler, recitar, contar.
  • 22-11-2022: de 17:00 a 20:00 - A escrita como motivación á lectura.
  • 24-11-2022: de 17:00 a 20:00 - Contos con valores.
  • 29-11-2022: de 17:00 a 20:00 - O ritmo nos contos.
  • 01-12-2022: de 17:00 a 20:00 - A maxia dos contos.
  • 18-01-2023: de 17:00 a 20:00 - O conto como estímulo para o xogo dramático I.
  • 19-01-2023: de 17:00 a 20:00 - O conto como estímulo para o xogo dramático II.

 

 

Contos con sorpresa para emocionar
Contos con sorpresa para emocionar

G2202025 - V Xornadas de lingua e literatura galegas no ensino

Summary: 

Gallego

As Xornadas de formación Traballando a competencia discursiva na aula. Novos marcos, ferramentas e estratexias pretenden ofrecer unha oportunidade para a reflexión sobre a importancia de ensinar a escribir textos na aula e para a proposta de actividades, ferramentas, métodos e estratexias que contribúan a unha mellora da competencia discursiva do alumnado.

Neste marco, retlexionarase sobre a competencia discursiva plurilingüe, con especial atencion ao novo escenario que se configura coa última reforma educativa; presentaranse diferentes propostas didácticas en volta do ensino do proceso de escritura: darase a conecer o corpus CORTEGAL, Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito academico, que inclúe mil textos anotados extraidos da prequnta de comentario das probas de lingua e literatura galegas dos exames ABAU; e debaterase sobre os retos e dificultades que supón o ensino da competencia discursiva, así como sobre os métodos e estratexias que poden usarse na aula para lograr mellores resultados.

Todas as intervencións contarán cun tempo reservado para o coloquio co público asistente, posto que as xornadas prentenden ser, ademais, un foro de intercambio de ideas, suxestións e experiencias para todo o protesorado de linguas.

Xornadas de lingua e literatura galegas no ensino
Xornadas de lingua e literatura galegas no ensino

Xestión de recursos da contorna en colaboración con outras entidades para actividades físico saludables

Summary: 

Aberto o prazo de inscrición na xornada "Xestión de recursos da contorna en colaboración con outras entidades para actividades físico saludables" ata o 14 de novembro, celebrarase no CAFI. No caso de ter interese en participar consultar programa e inscribirse en Fprofe. Código da actividade: S2202035.
Gallego

Aberto o prazo de inscrición na xornada "Xestión de recursos da contorna en colaboración con outras entidades para actividades físico saludables" ata o 14 de novembro.

Celebrarase no CAFI.

No caso de ter interese en participar, consultar programa e inscribirse en Fprofe.

Código da actividade: S2202035.

Aberto o prazo de inscrición

G2202026 - Xornadas Olladas no pasado

Summary: 

Ramón Piñeiro e o seu tempo (1915 – 1990)
Gallego

Queres coñecer máis polo miúdo a figura de Ramón Piñeiro e o tempo que lle tocou vivir? Daquela debe interesarche esta actividade formativa que se desenvolverá durante 8 días.

  • Mércores 2 de novembro. Acto de inauguración. Valentín García Gómez. Anos 1920. Ramón Villares.
  • Xoves 3 de novembro. Anos 1930. Emilio Grandío Seoane.
  • Luns 7 de novembro. Anos 1940. Xosé Luís Pastoriza Rozas.
  • Venres 11 de novembro. Anos 1950. José Ramón Rodríguez Lago.
  • Luns 14 de novembro. Anos 1960. Miguel Barros Puente.
  • Martes 15 de novembro. Anos 1970. Daniel Lañero Táboas.
  • Mércores 23 de novembro. Anos 1980. Alba Díaz Geada.
  • Xoves 24 de novembro. Presentación do libro A Galicia do século XX. Justo Beramendi.

Lugar de celebración: Centro Ramón Piñeiro

Horario: de 19:00 a 21:00h

Xornadas Olladas no pasado
Ramón Piñeiro

G2203007 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Teixeira de Pascoaes

Summary: 

O poeta saudosista de Portugal
Gallego

Neste itinerario propoñemos un paseo visitando catro localidades (Amarante, Gatão, Travanca e Serra de Marão) con diversos puntos significativos  que están, dun xeito ou doutro, asociados á vida do escritor falecido hai 70 anos (casa natal e vivencial, escola, ponte sobre o río Támega, Café São Gonçalo, cemiterio...) da vida e da obra deste persoeiro destacado da literatura portuguesa e pioneiro na renovación poética e na instauración do saudosismo.

Coñecer a figura de Teixeira de Pascoaes axudará os participantes a entender os acontecementos políticos, sociais e culturais do século XX, época de cambios significativos na literatura lusa.

Esta actividade realizarse o sábado 10 de decembro e acompañarano Stay to Talk – Instituto de Imersão Cultural.

.

Roteiro polos espazos vitais e literarios de Teixeira de Pascoaes
Teixeira de Pascoaes

G2203006 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Manuel Antonio

Summary: 

O poeta do mar
Gallego

Neste itinerario propoñemos un paseo visitando catro localidades (Santiago de Compostela, Padrón, Asados e Rianxo) con diversos puntos significativos (casa natal e vivencial, cemiterio...) da vida e da obra deste persoeiro senlleiro da literatura galega e pioneiro na renovación poética e na dignificación de Galiza e da súa lingua.

Coñecer a figura de Manuel Antonio axudará os participantes a entender os acontecementos políticos, sociais e culturais do século XX, época de cambios significativos na nosa literatura.

Esta actividade realizarase o sábado 3 de decembro e acompañaranos o especialista en Manuel Antonio, Xosé Luís Axeitos.

Roteiro polos espazos vitais e literarios de Manuel Antonio
Manuel Antonio