S2303002 - Rutas matemáticas na contorna
Enviado por portalcafi a Mar, 04/07/2023 - 00:16Summary:
Que é un paseo “matemático”?, é necesario saber moito de matemáticas para poder seguir un percorrido polas rúas e prazas de Compostela?
Non é iso, senón que podamos engadir aos moitos atractivos que ten a cidade, a de atopar elementos e propiedades matemáticas onde menos se espera. Deste xeito comprenderemos a beleza que se pode xerar cun adecuado emprego de formas e propiedades xeométricas, e adestraremos a nosa mirada para captar as relacións matemáticas que ás veces se esconden nos obxectos máis inesperados.
Guiarannos por estes estupendos paseos matemáticos os profesores e profesoras:
- Julio Rodríguez Taboada - CPI dous Dis - Rois (A Coruña)
- José Mª Barca López - IES Laxeiro - Lalín (Pontevedra)
- Maruxa Barca López - IES A Sangriña - A Guarda (Pontevedra)
- Pilar García Agra - IES nº1 - Ordes (A Coruña)
- Julio Alfonso Rodríguez Taboada - IES As Barxas (Pontevedra)
Todos eles son profesores de matemáticas e membros da sección de Santiago da Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática "AGAPEMA".
Antes de comezar os paseos matemáticos, tivemos unha pequena sesión na que se nos mostrou o obxectivo dos mesmos e os itinerarios para os diversos grupos, como podedes lembrar neste vídeo do momento.
- Data: 30 de setembro de 2023