G2203020 A banda deseñada como ferramenta necesaria no ensino
Gústache a banda deseñada?
Queres traballar con ela nas túas aulas como un recurso educativo?
Queres saber como foi a evolución da banda deseñada gaelga?
Queres saber como está o panorama actual?
Se estás dentro de todos eses "queres", daquela teste que apuntar nesta actividade.
Horario:
- Mércores 10 (17:00h - 20:00h)
Inauguración co presidente de GÁLIX, Xosé A. Perozo, e o ilustrador e coordinador das xornadas, Víctor Rivas
Xulio Carballo, profesor e investigador/divulgador de BD: “Panorámica da banda deseñada galega contemporánea”
Kiko Dasilva, ilustrador, autor de BD, director da escola O Garaxe Hermético e editor de Retranca Editora: “A escola de banda deseñada: formando o futuro”
Presenta: Víctor Rivas, ilustrador e autor de BD
- Luns 15 (17:00h - 20:00h)
Mesa redonda: Adaptación doutros medios á BD
- Alfredo López (Tokio), autor de BD: “A banda deseñada divulgativa e científica”
- Antonio Seijas, ilustrador e autor de BD: “Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz”
- Yolanda Castaño, poeta: O puño e a letra, antoloxía en cómic poético
Presenta e modera: Víctor Rivas, ilustrador e autor de BD
- Xoves 25 (17:00h - 20:00h)
Manel Cráneo, autor de BD e editor de Demo Editorial: “A banda deseñada como ferramenta e medio narrativo na escola”
Brais Rodríguez, autor e mestre de BD na Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde: “A banda deseñada, autoedición e movemento cultural”
Presenta: Víctor Rivas, ilustrador e autor de BD
Peche das xornadas: Xosé A. Perozo, presidente de GÁLIX