G2203007 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Teixeira de Pascoaes
Neste itinerario propoñemos un paseo visitando catro localidades (Amarante, Gatão, Travanca e Serra de Marão) con diversos puntos significativos que están, dun xeito ou doutro, asociados á vida do escritor falecido hai 70 anos (casa natal e vivencial, escola, ponte sobre o río Támega, Café São Gonçalo, cemiterio...) da vida e da obra deste persoeiro destacado da literatura portuguesa e pioneiro na renovación poética e na instauración do saudosismo.
Coñecer a figura de Teixeira de Pascoaes axudará os participantes a entender os acontecementos políticos, sociais e culturais do século XX, época de cambios significativos na literatura lusa.
Esta actividade realizarse o sábado 10 de decembro e acompañarano Stay to Talk – Instituto de Imersão Cultural.
.