G2203005 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Celso Emilio Ferreiro en Celanova

G2203005 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Celso Emilio Ferreiro en Celanova
Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro
Dom, 15/01/2023 - 17:17
Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio Ferreiro

Gústache a poesía de Celso Emilio Ferreiro? Daquela vas adorar coñecer a Celanova de Celso Emilio.

Nesta visita  descubrimos Celanova a través da vida e das palabras de Celso Emilio Ferreiro, paseando polos lugares frecuentados polo poeta e que se atopan mencionados na súa obra (Acevedo do Río, Vilanova das Infantas, a Praza maior, o Mosteiro...). Ao mesmo tempo redescubrimos o Celso Emilio através de Celanova, a vila por el máis amada, onde naceu, onde pasou parte da súa vida e onde está enterrado. Paseamos polos espazos máis significativos da vida de CEF, deixándonos acompañar polas palabras que o poeta escrebiu sobre Celanova. A casa onde naceu e onde viviu, onde foi feliz, onde sufriu prisión, a tasca na que se reunía con outros artistas e amigos, as rúas que percoría de mozo e de maior… Estes espazos revélanse como testemuños e cómplices literarios de CEF.

 

Datos importantes:

  • Data: sábado 21 de xaneiro 2023
  • Relator: Ramón Nicolás, Paula Lengua e Luís Ferreiro
  • Horario: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.
  • Código en  fprofe:  G2203005
  • Lugar: Celanova

 

Nacín (modestia fora)

nun lugar onde o mundo

se chama Celanova.

 

Moitas vegadas

a miña nai contóumo.

O día que ti naciche

houbo estranas sinales no ceo.

  Celso Emilio Ferreiro, Onde o mundo se chama Celanova, 1975.

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI