Gallego

G2101117 - Actualización para o desempeño da función directiva

Summary: 

• O 20 de outubro abriuse o prazo de inscrición na actividade de Actualización para o desempeño da función directiva que estará aberto ata o 10 de novembro
• Terá unha duración de 75 horas que se desenvolverán entre os meses de novembro 2021 a marzo 2022
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pon en marcha unha nova edición da Actualización para o desempeño da función directiva, organizada dende a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional e levada a cabo a través do Servizo de Innovación e Formación de Recursos Humanos en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI). É unha actividade de formación voluntaria co obxectivo de actualizar as competencias necesarias para o acceso a postos de dirección en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación.

Esta actividade, adicada ao profesorado acreditado para exercer á dirección, contribuirá positivamente á actualización das competencias xerais e específicas necesarias para o desempeño da dirección dun centro educativo. A formación conta cun módulo específico da nosa Comunidade autónoma, onde se traballan aspectos normativos e procedimentais sobre a organización e xestión dos nosos centros, a inclusión, a igualdade, a co-educación e a prevención da violencia de xénero, entre outros. Como novidade, neste novo curso académico e atendendo as necesidades actuais, contaremos cun módulo adicado ás accións de identidade onde traballaranse programas de innovación educativa, o Plan de Benestar emocional e o novo Plan dixital de centro.

DATOS DA ACTIVIDADE

Data de comezo: 22 de novembro de 2021

Data de finalización: 11 de marzo de 2022

Formación: en rede con 8 módulos

Horas de formación: 75 horas

  • 64 horas de traballo en rede: a través de PLATEGA

  • 11 horas presenciais: xornadas en Santiago de Compostela en sábado e por videoconferencia en Cisco Webex

Actualización dirección 2122

G2101093 - Formación para o desenvolvemento da función directiva

Summary: 

O próximo 25 de outubro dará comezo a cuarta edición da actividade de Formación para o desenvolvemento da función directiva.
Terá unha duración de 150 horas que se desenvolverán entre os meses de outubro 2021 a marzo 2022.
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pon en marcha unha nova edición da Formación para o desenvolvemento da función directiva, organizada dende a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional e levada a cabo a través do Servizo de Innovación e Formación de Recursos Humanos en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI). É unha actividade de formación voluntaria que acreditará para o acceso a postos de dirección en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación.

Esta actividade contribuirá positivamente a que o profesorado galego adquira as competencias xerais e específicas necesarias para o desempeño da dirección dun centro educativo. A formación conta cun módulo específico da nosa Comunidade autónoma, onde se traballan aspectos normativos e procedimentais sobre a organización e xestión dos nosos centros, a inclusión, a igualdade, a co-educación e a prevención da violencia de xénero, entre outros. Como novidade, neste novo curso académico e atendendo as necesidades actuais, contaremos cun módulo adicado ás accións de identidade onde traballaranse programas de innovación educativa, o Plan de Benestar emocional e o novo Plan dixital de centro.

DATOS DA ACTIVIDADE

Data de comezo: 25 de outubro de 2021

Data de finalización: 11 de marzo de 2022

Formación: en rede con 8 módulos

Horas de formación: 150 horas

  • 120 horas de traballo en rede: a través de PLATEGA

  • 30 horas presenciais: 4 xornadas no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela en sábado con horario de mañá e 5 xornadas presenciais por videoconferencia en Cisco Webex en horario de tarde

Formación dirección 2122

G2101080 Metodoloxías e recursos para o ensino de linguas cooficiais a persoas estranxeiras nas escolas oficiais de idiomas

Summary: 

Curso presencial no CAFI para profesorado de EOI de calquera especialidade.
Gallego

Curso presencial no CAFI para profesorado de EOI de calquera especialidade.

Datas: Luns, 8 e 22 de novembro e 13 de decembro

Horario: 9:30 a 13:30 horas

Lugar: CAFI

Data límite de inscrición: 27 de outubro en Fprofe

Obxectivos

1.Coñecer e utilizar diferentes metodoloxías e enfoques para ensinar linguas cooficiais en contextos plurilingües e de diversidade cultural.

2.Deseñar recursos que permitan atender a diversidade lingüística e cultural.

3.Empregar estratexias e dinámicas de grupo que estimulen a colaboración e fomenten a inclusión académica e social.

Contidos

1.Metodoloxías e recursos para ensinar galego e español a persoas estranxeiras.

2.A clase invertida como un novo enfoque no proceso de ensino-aprendizaxe de linguas.

3.As estacións de aprendizaxe. Técnicas e dinámicas de grupo. A interacción.

4.Aprendizaxe por mini-proxectos e por tarefas.

 

G2101080 resumido
G2101080

File: 

G2102022-Xuvenciencia. Aprender facendo.

Summary: 

Actividade formativa para aplicar a investigación científica.
Gallego

 

Destinatarios: Profesorado de ensino secundario e de formación profesional

Especialidades: Todas

Modalidade: curso presencial (7h) e sesión telemática de presentación de resultados (1 h)

Número de horas: 8 h docencia

Prazas: 20

 

Organización:

Grupo de Innovación Docente XuvenCiencia, Universidade de Santiago de Compostela Facultade de Ciencias, Campus Universitario s/n, 27002 Lugo Correo electrónico: xuvenciencia@usc.es Web: www.usc.es/xuvenciencia

Horario:

• Sesión 1 (presencial, 3,5 h): 22 de outubro de 2021 (venres), 16:30-20 h. Wajih Al-Soufi e Ana Losada.

• Sesión 2 (presencial, 3,5 h): 29 de outubro de 2021 (venres), 16:30-20 h. Marta López e Mercedes Novo.

• Sesión 3 (videoconferencia, 1h): 10 de outubro de 2021 (mércores), 18-19 h. Marta López.

Obxectivos:

 Obxectivo xeral: crear vínculos e sinerxías entre os distintos actores da educación preuniversitaria e universitaria implicados na divulgación de coñecementos científico-técnicos e científico-sociais.

 Obxectivos específicos:  Dar formación ao profesorado de ensino secundario na metodoloxía científica e investigadora.

Programa

Sesión 1:

Intordución

Actividade 1 – Dedesño do experimento. Coñecemento previo, busca bibliográfica. Hipótese previa. Método e experimento proposto, modelo teórico, descrición matemática. Plan de traballo, datos necesarios.

Activiade 2 – Experimentación. Montaxe experimental / equipamento. A libreta de laboratorio. O uso de táboas. A importancia das unidades. OBRADOIRO: determinación dunha curva de calibrado para a determinación fotométrica da concentración.

Actividade 3 – Análise dos datos. (Follas de cálculo) Táboas de datos nunha folla de cálculo – formato, unidades. Representación gráfica dos datos – Regresión lineal – Recta de calibración. A incerteza, precisión, exactitude e a significación das medidas.

Sesión 2:

Obradoiro: Medidas de mostras problema segundo a hipótese proposta.

Actividade 4 – Análise dos datos. (Follas de cálculo). Táboas de resultados - Representación gráfica. Valores medios e erros. Diferencias significativas.

Activiade 5 – Interpretación e discusión de resultados. Comparación e interpretación dos resultados. Confirmación ou rexeitamento da hipótese Discusión, comparación co coñecemento previo, explicación dos resultados. Propostas de mellora do experimento ou de ampliacións.

Actividade 6 – Comunicación de resultados. Comunicación mediante memoria ou artigo científico. Congresos: comunicación oral ou cartel científico. Uso de TICs (blog, redes sociais, etc.)

Sesión 3:

Actividade 7 – Presentación das comunicacións (carteis ou artigos científicos). Cada participante (ou grupo) presentará o traballo realizado mediante cartel ou comunicación oral ao resto do grupo (tempo máximo de 3 min)

 

Observacións:

A actividade terá lugar no CAFI e cada participante poderá traballar de xeito práctico cun kit individual.

É recomendable ter coñecementos co traballo con follas de cálculo e manexo de datos.

xuvenciencia

S2101136 - Incidentes de ciberseguridade

Summary: 

Plans de prevención, ferramentas e medidas de protección frente a incidentes de ciberseguridade.
Adecuación de medidas en ciberseguridade.
Gallego

Formación específica  no tema a tratar.

Corpos e especialidades

511107 - Catedráticos de ensino secundario. Informática
511124 - Catedráticos de ensino secundario. Sistemas electrónicos
590107 - Profesores de ensino secundario. Informática
590124 - Profesores de ensino secundario. Sistemas electrónicos
591202 - Profesores técnicos de formación profesional. Equipos electrónicos
591227 - Profesores técnicos de formación profesional. Sistemas e aplicacións informáticas

Obxectivos

  • Deseñar plans de prevención e concienciación en ciberseguridade establecendo normas e medidas de protección.
  • Detectar, analizar, investigar e documentar incidentes de ciberseguridade.
  • Implementar medidas de ciberseguridade como resposta aos incidentes detectados.

 

Contidos

 

  • Plans de prevención e concienciación en ciberseguridade.
  • Ferramentas para a detección, análise e documentación de incidentes de ciberseguridade.
  • Medidas de protección frente a incidentes de ciberseguridade.

Horas 

  • 30 horas certificadas
Cartaz Incidentes Ciberseguridade

S2102042 - Proxectos STEAM conectados á nube

Summary: 

Nova formación presencial enfocada a utilización da nube para controlar dispositivos electrónicos.
Gallego

 

 

Curso presencial de 12 horas de duración.

Datas: 5, 8, 15 e 19 de outubro de 17-20 h.

Prerequisitos: Ter coñecementos previos en programación de Arduino e o uso da comunicación serie.

 

 

 

Obxectivos:

- Comprender o funcionamento das redes de comunicación como unha WiFi.

- Aprender os fundamentos da linguaxe web HTML.

- Programar a comunicación entre dispositivos conectados a unha mesma rede WiFi ou con servicios na nube.

- Desenvolver prácticas con sensores e actuadores.

Programa:

1. Configurar o IDE de Arduino para programa tarxetas basadas no ESP8266.

2. Programación dos periféricos de WEMOS D1 MINI.

3. Búsqueda e conexión a unha rede WiFi.

4. Introdución a HTML.

5. Programación dun interface web con botóns para o control de saídas.

6. Protocolo HTTP.

7. Actualización da hora vía Intenet.

8. Envío e rexistro de información na nube con ThingSpeak.

9. Recepción de ordes dende a nube.

10. Procesamento de información na nube.

11. Envío de notificacións.

S2102042 - Proxectos STEAM conectados á nube
S2102042 - Proxectos STEAM conectados á nube

G2102030 EU Code Week Online Bootcamp

Summary: 

Formación na rede en inglés coa colaboración de European Schoolnet Academy en formato MOOC.
Gallego

EU Code Week Online Bootcamp é un novo MOOC da EU Code Week que proporcionará aos profesores de educación infantil, primaria e secundaria ideas prácticas, ferramentas e recursos para axudalos a levar a codificación e o pensamento computacional ás aulas. Os profesores sensibilizarán sobre a diversidade e a inclusión na codificación e explorarán os potenciais da intelixencia artificial na educación.

Neste curso de tres módulos experimentarán con novos materiais e retos de aprendizaxe e crearán as súas propias actividades. Os profesores coñecerán a iniciativa da Semana do Código da UE e as oportunidades que ofrece. Conectarán con compañeiros con ideas afíns e formarán parte dunha comunidade que fomenta a colaboración, o traballo en equipo e o intercambio de boas prácticas e estimula a discusión e a reflexión.

Obxectivos de aprendizaxe

  • Familiarizarse coa iniciativa da Semana do Código da UE e as oportunidades que ofrece.
  • Para explorar os bits de aprendizaxe, recursos e retos da Semana do Código da UE.
  • Integrar as actividades de codificación, programación e pensamento computacional no ensino e na aprendizaxe.
  • Examinar exemplos de actividades de codificación desconectadas na aula.
  • Descubrir os beneficios de integrar a robótica, xogar e facer leccións.
  • Recoñecer diferentes enfoques na implementación da IA ​​na aula.
  • Identificar riscos e desafíos da IA.
  • Comprender a importancia da inclusión, equidade e igualdade na aula.
  • Coñecer compañeiros con ideas afíns para aprender xuntos e co-crear resultados de aprendizaxe.
  • Intercambiar boas prácticas cos compañeiros.

 

Datas

Do 27 de setembro ao 27 de outubro.

 

Módulos

  • Módulo 1: no camiño cara ao código comeza o 27/09/2021
  • O módulo 2: Dar vida ás ideas  comeza o 04/10/2021
  • Módulo 3: a chamada á acción  comeza o 11/10/202

 

Certificación

O docente deberá realizar o MOOC na plataforma da EUN e acadar o certificado oficial que logo remitirá por correo ao CAFI, Para recibir o certificado, a participación no cuestionario contará cun 10% e a actividade final da Semana do Código xunto coas revisións por pares contará cun 90% . A nota global de aprobación é do  95% .

 O prazo final para completar todas as actividades remata o  mércores 27 de outubro ás 23:59 CEST.

 

 

 

Online Bootcamp

S2103018 STEM en acción. Educación Secundaria

Summary: 

Actividade formativa dirixida a implementar os proxectos STEM/STEAM nas aulas de Educación Secundaria.
Gallego

Obxectivo xeral

Tomar contacto coa Intelixencia Artificial e coñecer a súa aplicación na aula.

 

Obxectivos específicos 

Coñecer, comprender e implementar ferramentas do mundo maker 

Coñecer, comprender e integrar a Intelixencia Artificial na aula

Potenciar o traballo en equipo 

Explorar ferramentas relacionadas ca IA

 

Datas:

1 e 2 de outubro.

 

Lugar de celebración:

Hotel Congreso, Santiago de Compostela.(Indicacións)

 

Sesións de traballo:

Primeira xornada - Venres 1 de outubro Bloque I

17:00 - 17:15 Benvida e presentación do grupo

17:15 - 18:30 Presentación dos contidos formativos do curso. Exemplos prácticos.

18:20 - 18:30 Pausa café

18:30 - 20:00 Caso práctico “Robótica intelixente. IA aplicada á impresión 3D

 

Segunda xornada - Sábado 2 de outubro Bloque II e III

09:00 - 11:00 “Tamén somos profes virtuais” 1ª parte Creación dun chatbot 

11:00 - 11:30 Pausa café

11:30 - 13:30 “Tamén somos profes virtuais” 2ª parte Implementación dun chatbot 

13:30 - 14:00 O impacto positivo da IA na aula

14:00 - 16:00 Comida

16:00 - 18:00 A avaliación do alumnado aplicando a IA

18:00 - 18:30 Pausa café

18:30 - 19:00 Debate: Influenza da IA na aula

19:00 - 20:00 Avaliación da xornada

 

Observacións:

Aloxamento e manutención incluída na actividade para persoas que non residan en Santiago.

 

STEM en acción secundaria
STEM en acción secundaria

S2103002 - Encontros BE CAFI 2021 biblioteca escolar. Alfabetizacións múltiples e traballo por proxectos. Nivel II

Summary: 

Encontros de equipos de bibliotecas escolares activas da zona CAFI para poñer en común inquedanzas de nivel competencial 2 arredor das alfabetizacións múltiples e o traballo por proxectos. Se queres coñecer máis a túa veciñanza BE, non te perdas esta cita.
Gallego
  • Encontros de 8 horas: 4h. o 7 de outubro e outras 4h. o 14. Ambos xoves, de 16.30 a 20.30 horas.

  • Presenciais, na 1ª planta do CAFI.

  • Atoparanse os equipos BE CAFI de todas as ensinanzas, corpos e especialidades.

  • Recomendado só para quen xa teña experiencia en educación documental.

  • O prazo de inscrición remata o 24 deste mes. Código en FPROFE: S2103002.

 

ENCONTROS BE CAFI ALFIN ABP 2021
ENCONTROS BE CAFI ALFIN ABP 2021

S2103024 - Inglés en acción na educación secundaria

Summary: 

Inglés en acción en secundaria
Gallego

Título: Oratoria en acción na educación secundaria

Código en fprofe: S2103024

Data: venres 15  de outubro (de 16:00 a 20:00h), sábado 16 de outubro (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h), venres 29  de outubro (de 16:00 a 20:00h) e sábado 30 de outubro (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h)

Relatora: Lola Garay

Lugar: Santiago de Compostela

Aloxamento incluído

Obxectivos:

1. Desenvolver as competencias profesionais docentes en inglés a través da conversa.

2. Favorecer a mellora da competencia oral na lingua inglesa.

3. Desenvolver estratexias e recursos para traballar as destrezas lingüísticas orais.

Contidos:

1. Exposición, argumentación e debate en lingua inglesa sobre temas propios da experiencia docente e temas sociais e culturais da actualidade.

2. Tipoloxía e características de actividades interactivas que favorecen o desenvolvemento da competencia comunicativa.

3. Estratexias e recursos que inciden significativamente no éxito dos intercambios comunicativos.

Inglés en acción na educación secundaria
Inglés en acción na educación secundaria