G2203019 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Francisco Fernández del Riego en Lourenzá
Enviado por portalcafi a Xov, 16/03/2023 - 23:37Summary:
Este percorrido está composto por 8 paradas nas que un fito convida a ler fragmentos da obra de Francisco Fernández del Riego, o roteiro literario percorre os escenarios orixinais da vida do intelectual. Desde a Praza do Conde, diante do busto que Lourenzá lle dedicou ao autor, o camiño parte cara a casa natal de don Francisco para realizar posteriormente parada en enclaves significativos da cultura da localidade que quedaron recollidos nas obras deste galeguista e que, en casos como a Ponte da Pedra, constitúen importantes elementos do patrimonio cultural galego. Ademais dos devanditos lugares, o roteiro detense na praza Xulia Minguillón, no muíño do Frade, na rúa Fernández del Riego, na área recreativa de Soutelo e na Capela da Gracia, antes de volver ao punto de partida.
- Relatores: Xoán Rodríguez Rivas e Anxo Xoán Rajó Pazó
- Data: 29 de abril de 2023
- Lugar: Vilanova de Lourenzá
- Código en fprofe: G2203019