G2203016 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Emilia Pardo Bazán en Ourense
Enviado por portalcafi a Ven, 12/05/2023 - 20:05Summary:
Este percorrido reúne todos os elementos para ser un roteiro interdisciplinar: paisaxes preciosas, arquitectura palaciana; igrexas románicas e barrocas, cruceiros dignos de ver... e, por se fora pouco, o roteiro percorre os lugares que foron escenarios da vida e da obra dunha das grandes escritoras da literatura española, Emilia Pardo Bazán; escritora, xornalista, tradutora, editora, condesa, feminista… O que vén sendo unha muller libre e adiantada ao seu tempo.
O seu paso pola comarca do Carballiño debeuse ao seu casamento temperá, con só dezaseis anos, co carballiñés José Quiroga Pérez de Deza; un fidalgo pertencente a unha familia sen títulos nobiliarios pero cun inmenso patrimonio difícil de cuantificar … A partir dese momento, a escritora vai pasar longas tempadas nas propiedades que os Quiroga posúen na comarca; na casa familiar dos Quiroga no centro urbano, que case parece estar presidindo a praza maior da vila que foi escenario da súa obra El cisne de Vilamorta, e tamén no Pazo de Banga, que Emilia denominou o Balcón do Ribeiro, a onde acudían a finais do verán co gallo das festas da vendima…
- Código en fprofe: G2203016
- Relator: Xosé Luís Sobrado
- Lugar: O Carballiño - Banga - Puzo do lago
- Data: 03 de xuño de 2023